- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xeración Top Camariñas Xeración Top Camariñas
- Created: 18 Febreiro 2008 18 Febreiro 2008
Chega a hora de que camarinas.eu lle renda unha homenaxe ao mellor futbolista que nunca saío da Costa da Morte: Juan Manuel Cabrejo Pasantes "Juanillo". Moitas foron as solicitudes que recibío esta redacción para adicarlle este Top Camariñas a Juanillo, pero nos quixemos esperar á data indicada, e así hoxe, os astros aliáronse con camarinas.eu e esta homenaxe chega xusto despois de que onte Juanillo lograra o posiblemente mellor gol da súa carreira: un zurdazo desde o medio do campo contra o Mazarrón na Segunda División B española. Esta redacción quere adicarlle esta reportaxe, e espera sinceiramente que lles guste, a Gelinita e Juan do Penedo, donos do Bar Arnela e pais de Juanillo, como mostra de cariño, respeto e admiración.
Para todos aqueles rapaces nacidos na xeración do 75 e que comenzaron xuntos a súa andanza académica no colexio O Areal alá a finais dos setenta, nunha España aínda por desarrollar e que a duras penas daba os seus primeiros pasos democráticos, estaba claro dende un primeiro momento que entre eles había un (o máis pequeno, o máis dicharacheiro, o máis peludo, o máis talentoso) que posuía unhas dotes innatas excepcionais que o farían chegar moi lonxe algún día na práctica do deporte que amaba con pasión e que consumía prácticamente tódalas súas enerxías vitais: o fútbol. E dende aquel momento, e a través do paso inexorable dos anos que convertiron en adultos a aqueles rapaces da xeración do 75, todos eles ligaron o seu destino ao de aquel pequeno rapaz melenudo, producto típico do barrio camariñán de Corea, seguidor fanático do Barsa, porque o triunfo de aquel mago do balón significaba dalgunha forma o triunfo final de toda aquela xeración do 75 que sorte tan dispar tivo.
Fillo dun xogador lexendario do Porteño e do Camariñas, un extremo dereito a la vieja usanza, Juan do Penedo, longas son as discusións entre pai e fillo sobre cal dos dous Camariñas foi o mellor da historia: se o do pai, o mítico de finais dos 70 que chegou a xogar en Rexional Preferente tres temporadas, ou o do fillo, o de mediados dos 90, gañador de dúas Copas da Costa. Ao final sempre ten que ser a súa nai, Gelinita, a que cas súas proverbiais dotes de mando, sempre tranquilas, sempre señoriais, teña que poñer paz entre ambos. Un día tivo que marchar e co paso dos anos, os distintos equipos nos que foi militando sempre tiveron unha lexión de seguidores en Camariñas e no barrio de Corea só faltou que lle levantaran algún pequeno altar nunha esquina como ao Maradona dos bos tempos de Nápoles, para que nos, os seus humildes seguidores lle fóramos a render tributo por pasear de forma tan talentosa e honesta o nome de Camariñas polo mundo. Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Juanillo. Posiblemente, o mellor futbolista que dou nunca a Costa da Morte, orgullo do pobo de Camariñas:
- Nome completo: Juan Manuel Cabrejo Pasantes.
- Estado civil: Casado con Begoña, dous fillos: Sofía de 6 anos e Diego que en maio cumplirá 2.
- Lugar e data de nacemento: Camariñas, 26-maio-1975.
- Estudios primarios: Colexio O Areal de Camariñas dende 1981-1988.
- Bacherelato: Universidade Laboral da Coruña de 1989-1992.
- Estudios universitarios: Son diplomado, mestre na especialidade de Educación Infantil, cursado en Santiago de Compostela, de 1993-1996. Polo tanto, teño estudos universitarios, pero fáltanme as oposicións e van a seguir faltándome porque xa non me acordo como se colle un libro ca man.
- Carreira futbolística: Empecei como todos, xogando polas calles, sobre todo en Corea, alí xogábamos sin parar día e noite. Vamos bos de ir a buscar as pelotas que nos caían ó mar. Na temporada 89/90-Camariñas juvenil (aínda que non tiña edad para xogar); 90/91-Camariñas juvenil; 91/92-Camariñas juvenil, sendo campeóns de liga e batindo o récord de goles, máis de 100; 92/93-Camariñas; 93/94-Camariñas, onde gañamos a primeira Copa da Costa da historia do Camariñas, e mira que según me decían, antes eran mellor equipo cando xogaba Pichurri, Panadeiro, Camuel, meu pai Juan de Penedo, Jamela, Pepe de Fela..., pero tivemos que vir nos e gañala, ahí queda eso; 94/95-Camariñas, onde volvemos a gañar a Copa da Costa, a segunda consecutiva; 95/96- Camariñas; 96/97-Betanzos; 97/98-Compostela B, onde fomos campeóns de liga de Terceira División e batimos o récord de partidos invictos a nivel nacional: perdemos o primeiro na xornada 28. Ese mesmo ano paso a entrenar co Compostela de Primeira División e convócanme para o partido a disputar en San Mamés; 98/99-Compostela; 99/00-Compostela; 00/01-Compostela, e en decembro ficho polo Eibar; 01/02-Eibar; 02/03-Elche; 03/04-Elche; 04/05-Eibar; 05/06-Cartagena; 06/07-Cartagena; 07/08-Cartagena.
- Compañeiros de equipo do Camariñas dos que te acordas especialmente: Acórdome de todos: os irmáns Triñanes, Víctor do Jransolo, Vicente Carril, Roberto, Gonzalo, Tono do Atlántico, Andrés, Vijo...pero sobre todo dos que aparte formábamos o equipo de futbol-sala para ir os maratóns con Jose de Marta á cabeza, Pepucho, Kiskel, Guillermo, Nando (que xa apuntaba maneiras), Gonzalo...era o noso, mira que gañamos maratóns pero como decía Jose de Marta faltounos a Copa de Europa dos maratóns, o de Cee, resistíosenos.
- ¿Que pensas cando chegas ao filial do Compostela? Que teño unha oportunidade única para poder demostrar si realmente valo para este deporte, si podo algún día vivir de el.
- ¿Que pensas cando debuta co Compostela? Foi unha sensación increíble, estaba nunha nube. Pero acórdome máis de cando estando no Compos B entrenaba cos maiores e un venres ven o entrenador a preguntarme si tiña traxe e corbata, porque ía convocado cos grandes a Bilbao. Chamei a meus pais e truxéronme correndo un traxe do meu tío Manoliño. Tiven que ir a comprar unha corbata e uns zapatos a El Corte Inglés. Estaba tan nervioso que Penev, Fabiano, Nacho e Lekumberri decíanme que me tomara unha tila que ía a morrer. Eso foi o máximo.
- ¿Que significa para ti Jose María Caneda?Foi a persoa que me fixo profesional, é para estar agradecido. Posteriormente, hai que decir que tamén foi un dos culpables da desaparición do Compostela, pero prefiero quedarme co bo.
Regate perfecto dun lateral esquerdo de clase
- ¿Quedouche unha espiña clavada porque o Eibar non pudera subir á Primeira División? A verdade é que si. Tivémolo tan cerca que pensábamos que o conseguiríamos, pero o Celta e o Cádiz non fallaron na última xornada (as primas a terceiros fan diabluras...). Pero ese ano conseguimos que todo España estivera pendiente do equipo máis humilde de segunda, e que a xente supera a nosa alineación de memoria: Gorka Iraizoz; Cifu-Fagoaga-Karmona/Manuel-Cabrejo; Corredoira-Moisés Hurtado-Garitano-Kike Mateo; Silva e Llorente. Eso xa é historia.
- ¿Cal foi o equipo de todos os que estiveches onde máis agusto te sentiches? No Eibar sin duda. Éramos unha piña dentro e fora do campo e eso notábase. Ademáis podo presumir de haber xogado cun dos mellores xogadores de España actualmente: David Silva, agora no Valencia, ¡¡que fenómeno!!!
- ¿Que estadios che impresionaron máis? San Mamés, cando saltamos a quentar, era impresionante, vaia afición, alí en Bilbao non existe Madrid nin Barsa, son do seu equipo a matar. Tamén o Vicente Calderón: ver ó Frente Atlético cantando todo o partido é impresionante, da justo xogar en contra, así que non me imaxino como terá que ser a favor.
- Unha vez retirado do fútbol, ¿cales son os teus proxectos? De momento aínda me queda un ano máis de contrato, pero encantaríame traballar en algo relacionado co deporte. Teño algo en mente e esperemos levalo a cabo, a ver que sale.
- ¿A quen lle queres agradecer todo o que chegaches a ser? A moita xente. A familia primeiro, sobre todo a meus pais, pois déronme todo o que puderon e máis. Os amigos porque sempre fan falta (como me diría Jose de Marta e o Kiskel que gracias a eles que me enseñaron a xogar.jajajajajajajaj). A todos os entrenadores que tiven desde o Camariñas juvenil hasta agora, pero sobre todo a dous: Juan Jose Vila que me levou do Camariñas ó Betanzos, foi o primer salto grande de categoría e despois Suso Moure, que me dou toda súa confianza no Compostela B e me permitío chegar a ser profesional. Tamén me quero acordar dos amigos que fixeron a "Peña Compostelanista de Camariñas Juan Cabrejo" con Ramón de O Meu Lar ó frente, eso xamáis se me olvidará.
- ¿Que significa para ti a parroquia que ano tras ano segue a ser fiel ao Bar Arnela? Que o siga sendo por moito tempo máis, de eso viven os meus pais agora mesmo e espero que o sigan facendo moitos anos máis. Darlle as gracias a todos/as que van alí, porque son unha xente distinta, única, que compoñen un grupo humano como non se ve en ningún lado.
- Un lugar para vivir: Camariñas sin duda, e dentro de Camariñas o barrio de Corea, o barrio donde vivín siempre, o mellor do pueblo (cada un defende o seu, jejejej). Alí nunca había tempo para aburrirse: partidos, todo tipo de xogos, inventos...e sobre todo, amigos, moitos amigos.
- Un lugar para escapar: Agora que levo moitos anos fóra, pois Camariñas, pero escaparíame a Australia encantado, é unha cousa que quero facer.
- Unha paisaxe: A de Reira, como ela ningunha.
- Un prato: Uff, moitos, jajaja, son de boa boca, e mira que de pequeno miña nai decíame que tiraba a comida por todos lados. Agora ben, quédome co caldo da miña abuela Gelina, as patacas recheas de meu abuelo Lalo, a tortilla de miña nai, o churrasco da miña cuñada...a parrillada de marisco do Puerto Arnela (hai que facer algo de publicidade a meus tíos), faríanme falta 3 dias máis...
- Unha bebida: Brugal con Coca-Cola cando se pode (cando non tamén,jajajajaj). Si non, Nestea.
- Un rasgo físico das mulleres: Os ollos, si son oscuros mellor.
- Algo que lle pida a unha muller: Que sea como ela é: sencilla...e que me manteña jajajajajajjajaa. É broma.
- Unha película: "Braveheart", de Mel Gibson, polo que vexo a película preferida dos Top Camariñas, xa a elixiron un feixe deles, ¿no?. Pero en xeral o meu tipo de películas preferido son as de risa sin duda. Encántame reír: Torrente, Airbag, American Pie...
- Un actor: Will Smith.
- Unha actriz: Jessica Alba.
- Un grupo de música: U2. Gústanme todos os seus discos, pero si teño que elexir un quédome co recopilatorio, pois ten as mellores de cada disco. E como canción preferida quédome ca de "One", que foi a que fixo que me enganchara a este grupo.
- Un libro: "19 minutos" de Jodi Picoult. Vai sobre un rapaz adolescente ó que lle fan de todo no instituto e que ó final véngase cometendo unha matanza.
- Un deportista: Diego Armando Maradona, sin duda o mellor de tódolos tempos. Fóra do campo non é un exemplo, pero quedome co Maradona xogador de fútbol.
- Algo polo que poderías perder a cabeza: Polos meus fillos.
- Un partido: Pois o primeiro na historia do Combinado de xogadores galegos contra Uruguay en San Lázaro, ¡¡impresionante!!
- Un partido bo: Numancia-Eibar, acababa de nacer miña filla Sofía e ese día marquei un golazo e salíome todo redondo. Pero tamén teño en mente dous momentos especialmente felices para min como o día que gañamos a primeira Copa da Costa co Camariñas e o que marquei o meu primer gol como profesional ó Sporting de Gijón co Compos.
- Un partido malo, ese que nas noites de insomnio volve recurrentemente a túa cabeza e lle sigues dando voltas, ese que deixou un regusto amargo imposible de olvidar: Pois sin duda o día que na liguilla de ascenso perdemos na casa co Vecindario por 0-1. Ese partido para xente que o vío é imposible de olvidar, só pasaron unha vez do medio campo e foi córner e gol deles. Nos tiramos 3 veces ó pau, catro mano a manos co porteiro, e para colmo fallamos un penalty no último minuto e co empate valíanos. Aínda hoxe en dia lle sigo dando moitas voltas, porque en serio, é imposible perder un partido como ese, pero mira ti.
- Un soño para o futuro: Poder algún dia traballar en algo relacionado co deporte, cos nenos e sobre todo poder disfrutar dos meus fillos, e recordar dentro duns anos que un día unha web chamada camarinas.eu fíxome unha entrevista.
Grandes xogadores houbo na Costa da Morte antes de Juanillo (os vellos aínda recordan a Camuel, o máis parecido que se vío polos nosos campos ao gran Zidane), outros grandes virán despois. Pero para nós, que o vimos xogar dende practicamente que nacío, é o mellor xogador que vimos nunca no rectángulo sagrado dun campo de fútbol. Juanillo, gracias por haber nacido en Camariñas.
Comentarios
Como persona e autentico, humilde e muy noble.
Como Amijo e dos que realmente meresen a pena, un CRACK!! .. un orjullo para min ser o seu amijo.
Saludos CAMPEON.
Unha reportaxe auténtica. A verdade é que tamén a mereces "Juanillo", seguide así campeóns.
Camariñas necesita xente coma vos, humilde, sencilla e traballadora.
Gracias por ser da vila mais fermosa do mundo. Unha aperta a todos.
Ah o primer maraton que janastes fui co passot,en pasarela,o cotiño de entrenador ti con 12 anos ,e decia o cotiño cada vez que collias o balon -este e un jol- e asi era....
saludos pelos.
Cosa que no caso teu estando para casar , a vida douche un jiro de 360 grados.
Pedirlle perdon a Juanillo por escribir esto , pero conosendo como o conoso sei que el non contestara.
Si non o desia arrebentaba.
Peludo , campeón vas bo de marcarme joles , eu tiña tanto xenio coma ti , bueno un pouquiño menos.
¡¡¡SUERTE CAMPEON!!! sije asi.
Acordaste de cando viñestes con nos le- vantar as nasas do pulpo no "vulcano" as krebantas e mais o teu primo Manolo ,non era o "juanillo" de hoxe .sije pa diante que o teu e o balon . e o pulpo e pa comer 1 boa tapa del, no bar dos teus pais.hasta proxima 1 saludo a teus pais, irman e abuelos.e vamos navegando con buen tiempo y mar en las rocas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.