Os tres detidos, veciños de Carballo, viñan sendo obxecto dun seguimento polos hurtos que supostamente haberían cometido nos supermercados da comarca valéndose no caso de Camariñas, dun carrito de bebé para depositar o obxecto das súas actuacións, maioritariamente productos alimenticios, cando tras a súa visita ao supermercado do barrio de Corea decidíose levar a cabo a súa detención. Esta, tras unha breve persecución, tivo lugar en Baio, dende onde foron conducidos cara á Comisaría da Benemérita de Camariñas, de onde salían cara ás 16:00 horas, tras prestar declaración, momento que foi captado polo ollo avizor dos reporteiros de camarinas.eu.
Dentro, reposaban os restos incinerados de Lolita, os cales chegaron na tarde deste xoves a Santiago e de alí foron conducidos ata o templo onde a partir das 19:30 Don Xesús oficiou unha misa concurrida como poucas e onde prácticamente ninguén faltou á cita para rendirlle a Lolita a última homenaxe. Nada reflexaba mellor o loito e o dolor do pobo de Camariñas así como o cariño e a solidaridade ca súa familia que esta misa. Un dolor e unha solidaridade á que xa podemos asistir ao longo desta semana a través das continuas e impresionantes mostras de cariño que os usuarios de camarinas.eu lle foron mostrando a súa familia en forma de mensaxes de apoio, condolencias e ánimos, e onde ata un antigo amigo, actualmente residente en Isla Margarita (Venezuela), quixo rexistrarse para deixar constancia de toda a súa dor e a súa pena. En fin, Descanse En Paz, Mariloli, e esperemos que esta morte sea a última.
Asemesmo, cabe indicar que neste xoves 29 de xaneiro estaba previsto un corte de luz (supoñemos que se descontará da factura do mes) no noso querido distrito de Corea por parte da empresa Electra del Jallas para arranxar uns pequenos e insignificantes desperfectos acontecidos esta madrugada pasada cando os humildes veciños deste barrio camariñán se despertaron exaltados da cama ante as explosións continuadas dun pequeno, anticuado e destartalado transformador que esta queridísima empresa ten ubicado na Calle Vulcano. Pulsa na imaxe para ver unha amplia e impresionante galería fotográfica que nos remite o noso querido amigo o Parranda sobre a intensidade que un temporal pode chegar alcanzar nesta Costa da Morte nosa.
Noticias relacionadas
{multithumbs}
Lolita, tal e como era coñecida en Camariñas polos seus amigos e coñecidos, tiña 45 anos, residía dende hai longos anos en Suiza, traballaba actualmente nunha clínica dental e deixa dúas fillas: Tania de 25 anos e Adriana de 15. A redacción de camarinas.eu publica unha noticia que nunca desearía ver nas súas páxinas ante o deber de cumplir ca súa obriga de informar e brinda todo o seu apoio e solidaridade á familia de José Antonio Campaña, José Antonio de Joseíño, ante este tráxico falecemento. Lolita, D.E.P.
A redacción ao completo de camarinas.eu súmase nestes momentos terribles á dor de toda a súa familia, e así eu Diego Alonso Freire que ademáis de que a nai de Juan é prima da miña, recordo aquelas épocas en Fuerteventura cando Juan máis eu, dous solitarios emigrantes camariñáns en Canarias, nos xuntábamos no Bar Castillo para armar aquelas grandiosas festas e tamén me lembro ben cando os dous facíamos as visitas dominicales a nosa querida usuaria Sefa, a cal era tía carnal de Juan. Xa aquí na nosa vila, para min tamén serán inesquecibles todos os bos momentos vividos con Juan do Nacho no extinto Bar Maytuca que rexentaba miña nai e donde tantos chistes, cantareas e bailes compartimos Juan e máis eu. En fin Juan, querido amigo, descansa en paz.
Pois si queridos amigos, nos xa tíñamos preparadas as chanclas e as toallas para acercarnos ata Reira este luns pero ao chegar alí pouco máis e morremos entalados: tal era a forza do vento e a intensidade do frío que atopamos nesta fermosa paraxe salvaxe do Concello de Camariñas. Alí os elementos desencadearan o clásico temporal de frío, chuvia e frío tan típico de Camariñas e no que os tombos chegaron a acadar os sete metros de altura e a forza do mar obrigou á toda a flota camariñana a permanecer tres días amarrada a porto.
Camarinas.eu acercouse este luns 24 de novembro a esa calle por medio da chamada dun querido usuario (dos caseque 1500 que están rexistrados en camarinas.eu, que a ninguén se lle olvide ou que ninguén se engañe. Eso si, a menos que queira ser engañado conscientemente, cousa que sería máis grave aínda si cabe) o cal nos alertou deste altercado provocado polos vándalos que gustan de facer estas tolerías borracheriles e, ainda que esteamos a favor de que todo o mundo o pase ben cando sala de festa, mostrámonos totalmente en contra deste tipo de actos que fan que os nosos veciños dorman intranquilos nas noites de movida. Pulsa na foto para ver as imaxes dos desperfectos provocados na Calle da Fonte este sábado noite.
Páxina 21 de 24