Aos duros momentos que están a atravesar actualmente os socios da que é a institución náutica decana da Costa da Morte, hai que sumar o falecemento este luns 19 de novembro de 2012 aos seus 89 anos do que foi o seu primeiro Presidente e actual Presidente de Honor, Don José Trillo Fernández-Abelenda. Nacido na vila de Corcubión (onde o seu proxenitor desempeñaba as labouras de secretario de xulgado) en 1922, un día antes que o que sería o seu gran amigo D. Manuel Fraga Iribarne, tras cursar a carreira de Dereito nas unversidades de Oviedo e Santiago, dedicaríase Don José durante máis de 50 anos ás labouras de procurador de tribunais, desempeño onde acadaría o máximo recoñecemento dos seus compañeiros, sendo elexido como decano do Colexio de Procuradores da Coruña durante máis de 20 anos (1977-1998), Presidente de Honor do Consello Galego de Procuradores e actual vocal honorario da Mutualidade de Procuradores de Tribunais. Se o anterior non fora suficiente foi honrado en vida ca Cruz distinguida de primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort ou ca Medalla de Galicia no 2004, entre outras distincións.
Un domingo 29 de abril de 2012 a vila de Camariñas ficaba conmocionada ao coñecer o tráxico falecemento repentino dun dos seus veciños máis queridos, Avelino Ángel Sar Barrientos e cinco meses despois, a súa esposa Marisa, ficaba novamente conmocionada ao recibir o 30 de setembro de 2012 unha factura da Lonxa da Coruña a nome do seu marido falecido. Superado o duro golpe emocional que supuxo semellante e inesperada sorpresa Marisa púxose raudamente en contacto ca rula da cidade herculina, onde cinco anos atrás ela e Avelino comerciaran como empresarios do peixe. Sen que se poida descartar o que constituiría un sinxelo erro administrativo, todo podería apuntar a un terceiro sen escrúpulos que endilgou a citada factura por un importe de 149 euros ao nome dunha persoa fatalmente falecida.
Páxina 14 de 24