• Ramón Castiñeira Suárez, Descanse en Paz

    Ramón Castiñeira Tajes, Descanse en Paz
    Esta soleada mañá deste martes 2 de outubro amencía Camariñas con outra tráxica noticia ao coñecerse a morte do noso querido veciño Don Ramón Castiñeira Suárez. Don Ramón viña arrastrando hai xa anos unha grave enfermidade que ao final acabou coa súa vida. O corpo sen vida do noso amigo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín e está previsto que o seu funeral de corpo presente se realice este venres 3 de outubre de 2014 na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Ramón Castiñeira Suárez. Descanse en Paz.
  • María Bermúdez Mouzo, Descanse en Paz

    María Bermúdez Mouzo, Descanse en Paz
    Novo falecemento no Concello de Camariñas. Neste caso hai que irse para atopar a dor e o aflicción por un novo deceso na cara norte municipal, concretamente na vila de Camelle, onde falecía este xoves 25 de setembro aos seus 84 anos a Dona María Bermúdez Mouzo. Era dende hai tantos anos Señora María esposa dun coñecido taxista camellán, popularmente coñecido na vila máis septentrional do noso concello como o Moreno, e deixa catro fillos. Nestes momentos está sendo velada no Tanatorio San Vicente de Vimianzo dende onde cara ás 15:30 horas deste venres 26 de setembro de 2014 sairá a comitiva fúnebre con parada final na Igrexa Parroquial de Camelle onde se oficiará o funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame e condolencias cara os familiares e amigos de Dona María Bermúdez Mouzo, a cal sinceiramente lle desexamos que Descanse En Paz e que Deus a acolla na súa Gloria
  • Manuel Jesús Barcia María, Descanse en Paz

    Manuel Jesús Barcia María, Descanse en Paz
    Semana tráxica a acontecida no Concello de Camariñas. Este noite do luns 15 de setembro de 2014 recibíamos conmocionados a triste noticia do falecemento no seu domicilio da cidade de A Coruña do noso querido amigo Manuel Jesús Barcia María, máis coñecido en Camariñas como Manolo de Fermín aos seus 50 anos de idade. Persoa afable e querida en todo o noso concello, Manolo estaba casado coa nosa querida amiga Amelia coa cal tiña unha filla en común, Tamara. Noso Manolo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá cara á Igrexa Parroquial de San Xurxo este mércores 17 de setembro pouco antes das 17:00 horas onde será celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a todos os amigos e familia do noso querido Manolo así como tamén dar todo o noso apoio á súa dona Amelia e a súa filla Tamara nestes durísimos momentos que están a atravesar. Manolo de Fermín, Descanse en Paz querido amigo.
  • Berta Marcote Pardiñas, Descanse en Paz

    Berta Marcote Pardiñas, Descanse en Paz
    Continúa o incesante goteo de decesos que tornan de tristeza a todo un concello. Na tarde deste domingo 14 de setembro de 2014 deixaba este mundo Dona Berta Marcote Pardiñas. Falecía esta querida veciña de Camelle na súa casa do Campo de Area da vila máis norteña do concello aos 80 anos de idade despois de pasar tantos anos encamada por mor dunha longa enfermidade. Dona Berta está sendo velada na súa casa e o funeral de corpo presente está previsto que se celebre ás 15:30 horas na Igrexa do Espírito Santo de Camelle dende onde partiran os seus restos mortais ata o Cemiterio Parroquial de Camelle para ser cristianamete soterrados. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Berta especialemte aos seus dous fillos. Descanse en Paz.
  • José Pérez Romero "O Mantido", Descanse en Paz

    José Pérez Romero "O Mantido", Descanse en Paz
    Despois dunhas duras semana ingresado no Hospital Universitario da Coruña, as peores noticias acabáronse confirmando e finalmente na noite deste domingo 14 de setembro de 2014 falecía José Pérez Romero, Pepe o Mantido. Lexendario empresario da construcción de obra pública, foi nos anos 60 cando procedente de Carnés acabou instalándose xunto á súa familia no Barrio de Corea e pasando a ser un camariñán máis. Persoa afable, de trato fácil e excepcionalmente dotada para as relacións sociais, extendío o nome da súa empresa por toda Galicia e a nómina das súas amistades sería prácticamente inacabable. Persoa entrañable, desas que un non olvida, desprendida e desinteresada nestes últimos anos disfrutou da vida na finca familiar da Carretera do Faro, onde un podía apreciar a pegada do seu talento de mestre canteiro. Falecía Pepe O Mantido aos 78 anos e os restos mortais deste célebre empresario están sendo velados no Tanatorio Costas de Vimianzo ata que as 17:30 horas deste luns 15 de setembro se encamiñen cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo onde a partires das 18:00 h. terá lugar un funeral de corpo presente que se preveé especialmente concurrido, tal sempre foi a simpatía e cariño que Pepe e a súa familia despertaron entre os camariñáns. É por elo que os redactores desta web queren enviar un forte abrazo e un sinceiro pésame a unha familia que ve deste xeito desaparecer ao seu patriarca. Nestes momentos queremos estar ao lado de Gloria, a súa esposa, de Maruja, a súa filla, de José Antonio, o sue xenro e dos seus netos Adriana, Martín  e Javi. Ánimos e forza a todos eles nestes duros momentos. Foise Pepe O Mantido, unha auténtica lenda, imprescindible para comprender a Camariñas destes derradeiros 50 anos. Poucas veces unha persoa deixará mellor recordo en todos aqueles que tivemos o privilexio de tratalo. Pepe, Descansa En Paz e que Deus o Noso Señor che teña na súa Gloria.
  • Esperanza Touriñán Baña, Descanse en Paz

    Esperanza Touriñán Baña, Descanse en Paz
    Continúan a sacudirnos as malas noticias dentro do noso concello. Á morte de Don Manuel Lista sumouse este mércores 10 de setembro de 2014 o pasamento de outra veciña da zona do Muiño do Vento, Dona Esperanza Touriñán Baña de 87 anos de idade. Aínda que Dona Esperanza era natural da Ponte do Porto hai algúns anos que residía xunto a súa única filla e o seu xenro en Camariñas. O corpo sen vida de Dona Esperanza está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas. A eso das tres e media da tarde deste xoves 11 de setembro sairá o cortexo fúnebre dende as instalacións mortuorias camariñanas ata a Igrexa de San Pedro de A Ponte do Porto onde terá lugar o funeral de corpo presente para logo despois proceder ao sepelio no Cemiterio Novo de dita parroquia. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias a todos os familiares e amigos de Dona Esperanza. Descanse en Paz.
  • Manuel Lista Carril, Descanse en Paz

    Manuel Lista Carril, Descanse en Paz
    Na tarde deste martes 9 de setembro de 2014 falecía no hospital antigamente coñecido como Juan Canalejo de A Coruña o camariñán Manuel Lista Carril. Facíao aos seus 74 anos  tras unha longa enfermedade que o levou a estar ingresado no centro médico herculino dende o mes de xullo. Deixa o Señor Manuel catro fillos que están velando actualmente o cadáver no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín ata que cara as 17:45 horas deste mércores 10 de setembro se encamiñe a comitiva fúnebre cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo onde terá lugar o seu funeral de corpo presente como paso previo a que os seus restos mortais reciban cristiana sepultura no camposanto camariñán. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame para os seus amigos e familiares. Don Manuel Lista Carril, Descanse En Paz.
  • Dona Rosa Lista Ramos, Descanse en Paz

    Dona Rosa Lista Ramos, Descanse en Paz
    Triste mediado de mes en Camariñas onde este pasado luns 11 de agosto de 2014 debíamos contabilizar un novo deceso. Tratábase da Señora Rosa Lista Ramos que tras unha longa enfermedade que fixera do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee cáseque unha fogar para ela falecía aos 93 anos. Veciña de toda a vida da Praza da Insuela, os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Municipal de Camariñas de onde se encamiñarán ata a Igrexa Parroquial de San Xurxo, na que a partires das 20:30 horas deste desapacible martes 12 de agosto de 2014 terá lugar o seu funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame e condolencias para os seus familiares e amigos. Dona Rosa Lista Ramos, Descanse En Paz.
  • Accidente de circulación entre dous turismos en Buría

    Eran xa pasadas as 3 da tarde deste veraniego xoves 19 de xuno cando na tranquila e apacible zona de Buría á altura do cruce entre as rúas de Riás e Cabreira producíase unha aparatosa colisión entre dous turismos. A pesar de ser un choque casi frontal entre os dous coches os seus ocupantes non sofriron lesión algunha e o suceso non pasou a males maiores. Dende Camarinas.eu queremos recordar a todos os nosos usuarios e lectores que estimen a precuación ao volante sobre todo en lugares como este cruce entre Riás e Cabreira.
  • Martes de incidentes médicos en Camariñas

    Mañán movida en Camariñas onde os sobresaltos de carácter médico sucedéronse sen solución de continuidade. En efecto, entre os primeiros raios de sol que pugnaban por abrirse paso a regañadentes entre o ceo maiormente encapotado deste martes 10 de xuño de 2014, os servicios médicos tiveron que facer dúas intervencións na Vila das Palilleiras. Unha delas tiña como protagonista ao tripulante dun iate atracado na rada camariñana o cal era víctima dun infarto de miocardo que obrigaba a aterrizar no Muelle Novo da vila ao helicóptero de emerxencias para trasladalo de suma urxencia cara o centro médico. A outra incidencia afectaba a un veciño de Camariñas ao que tamén lle daba un infarto ao corazón sendo neste caso trasladado ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee na ambulancia medicalizada do servizo de emerxencias. Parece que o bo tempo ábrese paso con sobresaltos en Camariñas.
  • Incendio forestal na zona da Atalaia en Camariñas

    Apocalípticas imaxes as que se podían ver en Camariñas nas primeiras horas deste venres 16 de maio de 2014. Imaxes dun espeluznante lume botándose enriba das casas, queimando a masa arbolada da así chamada zona da Atalaia, mirador privilexiado dende o que se divisa toda a vila. Segundo os datos que puido recopilar esta redacción eran preto das 00:00 horas do día que recén entraba cando na citada Atalaia se declaraba un incendio que nos momentos de maior apoxeo alanzou certa envergadura, declarando testigos presenciais que viron neses mesmos instantes lanzarse algún tipo de bengala que poderían estar na orixe dun lume que puxo en serio perigo as casas situadas na periferia superior do Barrio do Campo. De ser esto certo, estaríamos ante un incendio premeditado, o segundo que encara Camariñas na mesma semana depois de que na madrugada do luns se intentara plantarlle lume ao Cafe Bar Jose Manuel. Unha vez dada a alerta ata o lugar dos sucesos desprazáronse Protección Civil de Camariñas, unha escuadrilla contraincendios así como o Alcalde, os cales estiveron na zona ata que cara as dúas da mañán dábase o incendio por definitivamente extinguido. Misterioso suceso o acaecido na noite de autos, do que daremos conta das súas novidades no caso de que se vaian producindo.
  • Incendio intencionado do Bar José Manuel de Camariñas

    Cando cara as 21:00 horas do domingo 11 de maio de 2014 a parroquia madridista abandoaba, cabizbaixa, o seu templo habitual en Camariñas despois de que o Real Madrid dera en tirar pola borda unha nova liga nun esperpento de partido, non podían nin imaxinar que o peor aínda estaba por chegar. Foi segundo os veciños da Rúa de O Areal na madrugada cando tiña lugar na Vila das Palilleiras un acto vandálico inxustificable que, a pouco máis, puido convertirse nunha traxedia. Acontecía cando un ou varios descoñecidos rociaban a fachada do Bar José Manuel con un líquido inflamable e acto seguido lle prendían lume. As consecuencias de tan incalificable e gravísimo suceso están á vista na foto de portada aínda que, como decimos, a cousa pudo ser moito máis grave xa que de chegar as lapas ao tellado da casa este incendio podería propagarse hacia ás vivendas contiguas. Según fontes policiais o suceso está sendo investigado en detalle para tratar de averiguar os autores deste gravísimo acto vandálico, aínda que o ensañamento e gratuidade da agresión non deberían levar cara un arco demasiado grande de sospeitosos. En todo caso, dende Camarinas.eu queremos dar todo o noso apoio a noso amigo José Manuel Tajes e a toda a súa familia, víctimas dun atentado inxustificable. Ánimo amigos.
  • Dona María Rosario Toba Rego, Descanse en Paz

    Nun espléndido día primaveral, pletórico de bo tempo, foi a falecer tristemente a nosa querida amiga Dona María Rosario Toba Rego aos seus 60 anos de idade. Veciña da Rúa do Areal de toda a vida, falecía este venres 11 de abril de 2014 Dona Rosario aos seus 60 anos deixando dous fillos, Álvaro e Sonia. Os seus restos mortais están sendo velados nas instalacións do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín ata o momento en que a comitiva fúnebre se encamiñe a partires das 20:30 horas deste sábado 12 de abril cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo, onde terá lugar o funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame e as nosas máis sinceiras condolencias a familia e amigos. Dona María Rosario Toba Rego, Descanse En Paz.
  • Doble falecemento en Camariñas este martes 1 de abril de 2014

    Martes negro o do primeiro día de abril en Camariñas. Sendos falecementos acaecidos con escasas horas de diferencia levan o pesar e a dor a toda a veciñanza camariñana. O primeiro dos caídos neste triste día era Don Ramón Blanco Carril sinalado burián de toda a vida, presidente que foi en varias ocasións da Comisión de Festas de San Xurxo, legado éste que soubo transmitir aos seus descendentes, varios dos cales sempre estiveron volcados na organización das festas grandes de Buría. Falecía Don Ramón aos 82 anos, deixa catro fillos e os seus restos mortais están sendo velados na súa casa familiar. O segundo gran foco de dor neste día negro hai que buscalo na Rúa Pinzón, onde residío prácticamente toda a súa vida Mª. Trinidad Riveiro Campaña, a cal tristemente falecía aos seus xoves 55 anos. Deixa Mari Trini dous irmáns con vida, Rosita e Juan, e tres sobriños. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín. Ambos enterros terán lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo este mércores 2 de abril de 2014. Con todo o sentimento da nosa alma, vaia o noso máis sinceiro pésame por estes dous camariñáns que deixaron de existir un negro martes primeiro de abril do Ano do Noso Señor de 2014. Descansen En Paz e que Deus os teña na Súa Gloria.
  • Dona Elvira Miranda Romar Descanse en Paz

    Despois dunha tempada de relativa tranquilidade, a negra sombra da morte voltou recalar en Camariñas. Concretamente en Buría, onde unha das súas veciñas de toda a vida, Dona Elvira Miranda Romar, falecía na mañán deste sábado 29 de marzo de 2014 aos 81 anos. Producíase o luctuoso suceso na súa casa familiar e deixa Dona Miranda esposo, Inocencio López Rey e tres fillos: Manuel, Isabel e Rosa. Os seus restos mortais están sendo na propia Camariñas, no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín ata as 15:00 horas do domingo, momento na que a comitiva fúnebre encamiñarase polas rúas da vila ata o templo parroquial de San Xurxo, onde a partires das 15:15 terá lugar o funeral de corpo presente desta veciña de toda a vida das alturas da Camariñas da súa alma. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis respetuoso pésame e os nosos máis sinceiros ánimos para a súa familia por este triste trance que os aflixe. Dona Elvira Miranda Romar, Descanse En Paz.
  • Segue a fulminante desertización da Praia de Arou

    Na que era a máis productiva pesquería do continente centroasiático, o Mar de Aral, a que marchou fui a auga e deixou unha estampa desolada de oxidadas estructuras ferruxentas languidecendo baixo o implacable sol do deserto. En Arou a que se fui dun día para outro fui a area, roubada tal vez por ese mar desaparecido do Aral e deixounos a estéril imaxe dun areal de bolos. Se nun caso a explicación da hecatombe cabe buscala nuns dirixentes soviéticos empeñados en sobreexplotar os cursos hídricos da zona con destino aos sedentos cultivos de algodón da veciña República de Uzbekistán, noutro sinxelamente cabe achacar a desgraza a peor sucesión de temporais de todo tipo dos últimos cincuenta anos e así o que era un activo seguro do Concello de Camariñas cando chegaba o verán, unha das mellores e máis prácidas praias da Costa da Morte, luce agora moribunda sen proveito algún para ninguén. Postos a buscar solucións ao drama, poucas alternativas se nos ocurren para tratar de revertir unha realidade apocalíptica, máis alá de que a mesma natureza, tal esas mesmas augas roubadas por enxeñeiros rusos nas estepas desoladas do centro de Asia, reintegren pouco a pouco o sustraído. E sen embargo, ca alma encollida ante os restos pedregosos da praia onde un tanto desfrutou, algo haberá que facer.
  • Misterioso Incendio na Península do Vilán

    O estrano mércores 19 de marzo do Ano do Señor do 2014, Día de San José, rematou tal como escomenzara: cunha aparatosa incidencia que facía poñerse en alerta roxa aos servizos de seguridade e algareaba as mentes maliciososas da boa veciñanza camariñana. A que acontecía cando remataba o día tiña lugar pasadas as 23:30 horas da noite cando uns intrigados veciños vían pasar a toda mecha en dirección ao Cabo Vilán a unha amplia comitiva integrada por vehículos de Protección Civil, da Guardia Civil e o camión dos Bombeiros de Cee. Os máis curiosos no tardaron en seguir a pista da concurrida caravana ata preto da Piscifactoría onde foron freados en seco por un robusto cordón de seguridade que ocultaba algunha llama furtiva detrás. Foi entón cando unha conclusión evidente se fixo forte nos miolos camariñáns presentes: comandos de élite das tropas do Ministerio do Interior do Goberno da Federación Rusa (sen distintivos) ocuparan a Península do Vilán co obxectivo declarado de reintegrar a súa integridade territorial á Madre Patria. Sendo esto así entre os presentes douse xa por sentado o que sería o resultado do futuro referéndum ilegal a celebrar entre os habitantes empadroados no Faro Vilán, prófugos da Guerra Civil olvidados nas covas da Arnela incluidos. Ao oír falar de referéndum ilegal algúns non tardaron en botar o seu cuarto a espadas elucubrando que non, que se trataba de tropas paramilitares independentistas catalanas se ben estas tomaban as armas co pretexto da protección dos barcelonistas locais ante o vindeiro clásico  con vistas tamén todo elo a celebrar un referendo secesionista (e posterior integración do Faro no futuro Estado Catalán), a poder ser xa no 2014, senón pois xa independizarían o Vilán unilateralmente.
  • O Botines rescatado polo Salvamar Altair no Xamboi

    Cara ás 7:30 da mañán deste mércores 19 de marzo de 2014, Día de San Xosé, acontecía unha nova incidencia nun ano pródigo en sucesos de todo tipo en Camariñas. Desta volta, sen embargo, non cabía achacar a causa do mesmo á climatoloxía senón  a unha avería mecánica. Ésta producíase na embarcación con base no porto de Camariñas Botines a cal tras que lle rompera a bomba de auga doce quedaba á deriva  a altura do Xamboi, xusto á entrada da Ría de Camariñas. Chamado de urxencia a lancha de Salvamento Marítimo Salvamar Altair, ésta desprazábase de inmediato ata o lugar onde ía á deriva o Botines e empezaba o remolcamento do mesmo cara o Porto de Camariñas, onde chegaba sen maiores consecuencias para comenzar xa de inmediato o arranxo da súa avería no motor. Pequeno susto polo tanto que non pasou a maiores gracias á rapida e profesional actuación da lancha de Salvamento Marítimo, cuia labor na alborada de hoxe pasamos a reproducir no seguinte vídeo.
  • Accidente de circulación na Carretera do Faro

    Espeluznante imaxe do accidente acontecido na outrora idílica Carretera do Faro de Camariñas
    Aparatoso accidente de tráfico o acontecido nas últimas horas da tarde deste caluroso xoves 6 de marzo de 2014 na perigosa Carretera do Faro de Camariñas. Por causas aínda por determinar un turismo que baixaba cara o porto embestía violentamente contra unha furgoneta Peugeot Partner (francaise) aparcada na beira da estrada resultando como consecuencia da brutal colisión que o vehículo quedaba boca abaixo no asfalto deste letal vial camariñán. En principio falábase dun vehículo de marca Volkswagen, pero xa nos parecía a nos raro que un auto de orixe teutónica, elaborado concienzudamente por superhomes xermánicos en elitistas factorías bávaras acabara tirado así, sin más ni más, no medio da calle, aínda que se tratase da agora tan perigosa por razóns que non veñen ao caso Carretera do Faro. Un coche alemán non queda escangallado así como así, señores, e como non podía ser menos finalmente saltou á palestra a teoría de que se trataba dun moito máis modesto Alfa Romeo, elaborado por vocingleros giuseppes trasalpinos conforme ao seu bo saber e entender seguramente nunha fábrica da Catania, incluso ao mellor de Sicilia, en fin, Dios saberá onde. Un pánzer xermano que finalmente resultou ser italiano e que anda embestindo sin xeito furgonetas francesas. Foi como se a Unión Europea, os seus Imperios Centrais, andiveran a garrotazos neste agora tan conflictivo rueiro de Camariñas. Por outra parte e aínda que novamente poda parecer increíble non hai que lamentar maiores consecuencias para a integridade física dos seres humanos concernidos polo suceso que sendos cortes na cabeza e nunha man para o conductor do vehículo itálico, o cal ipso facto foi trasladado (en outro vehículo se entende) cara o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. En verdade xa é difícil imaxinar que nunha rúa como a mencionada Carretera do Faro se poidese ver algún día unha imaxe como a que amosamos en exclusiva na nosa portada pero por algún estrano designio dun tempo a esta parte parece como que sobre este antigamente querido vial camariñán estivera suspendido todo un conglomerado de malignas sombras siniestras que, como non podía ser menos, obran o seu efecto destructivo e demoledor.
  • A praia de Arou convertida nun coido de bolos polos temporais

    Segundo contan as prediccións, o inxente conxunto xornalístico-gráfico composto polas reportaxes de Camarinas.eu adicadas aos temporais do inverno 2013-2014 poderían haber chegado ao seu fin. Con este de Cristina, a catarata máis desaprensiva de cicloxénesis explosivas da que se teña memoria deixaría paso a unha apariencia certa de clima benigno que, a salvo algunha que outra recaída inesperada, nos situaría ás portas mesmas dunha primavera. Con todo, este temporal crepuscular incidío dolorosamente nunha preocupante ferida aberta que se estaba a vivir en Arou e levouse consigo a pouca area que quedaba na súa en tempos fermosa e concurrida praia deixando un inservible coído de bolos de pedra. Unha vez perpetrada a catástrofe tan só queda conxeturar se co bo tempo e o reanudado normal ritmo das mareas a area volve pouco a pouco cara o litoral arouán. A posibilidade de incurrir en analoxía con certo mentecato subnormalizado que culpaba de certo diluvio universal ao Concello de Camariñas e botarlle as culpas, non sabemos, a ver,  alguén por ahí, ¿Costas do Estado?, lóxicamente está por completo descartada. Os ceos parece que voltarán a lucir pero o rastro do peor inverno das nosas vidas na Costa da Morte non pode ser máis demoledor: templos destruidos, casas unhas incendiadas, outras anegadas, embarrancamentos ucranianos, praias destruidas, casetas mariñeiras demolidas, embarcacións afundidas por ducias, paseos marítimos certamente quebrantados... Con todo o rastro de destrucción non queda ahí e agora en localidades como Arou obsérvase con preocupación o futuro, sobre todo despois de que cunha inversión tan descomunal como a levada a cabo en anos anteriores e que dotou a este coqueto enclave mariñeiro dun aspecto de óptima explotación turística, a base sobre a que pivotaba todo o conxunto, a súa espléndida praia, quedou completamente aniquilada, inservible coído de bolos. E sen embargo algo haberá que facer.