• Incendio dun coche en O Allo

    Imaxe do automóvil incendiado trala intervención dos bombeiros de Cee

    Nova intervención duns voluntarios de Protección Civil de Camariñas que non descansan. Desta volta o incidente acontecía na mañán deste sábado 1 de decembro de 2012 na recta de O Allo, ás portas mesmas da Ponte do Porto, onde unha furgoneta sufría un incendio na zona do seu motor. En principio todos os indicios apuntan a que se podería tratar do automóvil de reparto dunha coñecida panadería ubicada na entrada de Camariñas a cal tras a aparición dun cortocircuito na súa zona dianteira empezou a arder. Unha vez recibido aviso, raudamente desprazouse ata o lugar unha unidade de Protección Civil a cuio frente estaba unha vez máis o noso querido amigo José Manuel Tedín Tedín  aos cales non moito despois sumábase a Policía Local de Camariñas e unha dotación dos bombeiros de Cee. Unha vez extinguido o incendio chegou o momento de facer unha evaluación do acontecido e supoñemos que de pasar parte ao seguro por ver si éste finalmente acaba asumindo o custe dun pequeno incidente menor que non pasou a maiores gracias á rápida intervención dos veciños e de Protección Civil de Camariñas, os voluntarios que nunca descansan.
  • Roubo na Pizzería Brasil da Ponte‏

    A Pizzería porteña Brasil foi desta volta á víctima dun roubo nocturno

    Dende sempre, por pura decencia, fumos especialmente refractarios aquí en Camarinas.eu ao puro e sinxelo roubo, ao saqueo, ao acto de aproveitarse do duro traballo alleo. É por elo que ficamos desalentados e especialmente indignados con calquer acto de latrocinio que acontece dentro do noso concello. O derradeiro exemplo desta vaga de roubos de todo tipo que invade as nosas terras aconteceu na madugrada deste xoves 29 de novembro de 2012 na Ponte do Porto, onde uns descoñecidos entraban a roubar na Pizzería Brasil.
  • José Trillo Fernández-Abelenda D.E.P.

    Este 19 de novembro de 2012 falecía aos 89 anos o Presidente de Honor do CNC

    Aos duros momentos que están a atravesar actualmente os socios da que é a institución náutica decana da Costa da Morte, hai que sumar o falecemento este luns 19 de novembro de 2012 aos seus 89 anos do que foi o seu primeiro Presidente e actual Presidente de Honor, Don José Trillo Fernández-Abelenda. Nacido na vila de Corcubión (onde o seu proxenitor desempeñaba as labouras de secretario de xulgado) en 1922, un día antes que o que sería o seu gran amigo D. Manuel Fraga Iribarne,  tras cursar a carreira de Dereito nas unversidades de Oviedo e Santiago, dedicaríase Don José durante máis de 50 anos ás labouras de procurador de tribunais, desempeño onde acadaría o máximo recoñecemento dos seus compañeiros, sendo elexido como decano do Colexio de Procuradores da Coruña durante máis de 20 anos (1977-1998), Presidente de Honor do Consello Galego de Procuradores e actual vocal honorario da Mutualidade de Procuradores de Tribunais. Se o anterior non fora suficiente foi honrado en vida ca Cruz distinguida de primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort ou ca Medalla de Galicia no 2004, entre outras distincións.

  • Plantación de marihuana na Ponte

    Imaxe tomada no Cuartel de Camariñas da marihuana incautada esta semanaEsta semana a Guardia Civil procedía á incautación de cinco plantas de marihuana, dun peso aproximado total duns 12 kilogramos, e á detención dun veciño duns 40 anos no que resultou ser unha plantación na Ponte do Porto: o fértil chan das Barrosas reconvertido para dar acollida a un novo producto procedente de latitudes tropicais. Supostamente as plantas crecían desgarbadas nun galpón anexo ao domicilio porteño no que constituiría un invernadeiro artesanal, todo o cal motivou a imputación dun delito contra a saúde pública. Caso éste que nos levou aquí en Camarinas.eu a unha pequena reflexión de tintes un tanto filosóficos, hoxe tan de moda: imbuidos como estamos dende hai 5 anos nunha crise económica que a pesares dos "brotes verdes" e da "luz al final de túnel" pronosticados hai tempo non parece senón ir a peor, houbo unha predicción igual de acertada cas anteriores na que un sociólogo adiantaba tres ou catro anos atrás que ante o devastador da crise e como medida somnífera os gobernos occidentais antes que tarde acabarían legalizando as drogas blandas, hachís e marihuana principalmente.
  • Ramón Alonso Correa D.E.P.

    Este martes morría no seu domicilio da Ponte do Porto Ramón Alonso CorreaEra unha Torrot verde, de paseo, e debía ser a principios dos anos 80. Esa foi a primeira bicicleta da miña vida: unha tarde de primavera, por sopresa, meus pais alá me levaron a unha tenda que ás veces tamén facía de taller, na Rúa Outeiro, na Ponte do Porto. Entre varias ducias de bicicletas postas á venda, finalmente acabei escollendo aquela que marcaría o meu devenir ciclista. Despois virían outras, unha finísima Peugeot negra de carreiras ou un costoso modelo fabricado baixo os máis modernos parámetros da tecnoloxía punta no lonxano Estado soberano de Wisconsin (USA) e que practicamente se levou enteiro o que fora o meu primer soldo, pero ningunha como aquela Torrot verde, de paseo, tan arcaica... Este martes 21 de febreiro de 2012, triste martes porteño de carnaval, falecía no seu fogar do Outeiro a causa da súa avanzada idade Don Ramón Alonso Correa, pioneiro do ciclismo na Costa da Morte e propietario da tenda taller onde tantos e tantos rapaces cumprimos a ilusión das nosas vidas mercando a primeira bicicleta. Deixa Don Ramón seis fillos producto da unión ca súa dona Calela, falecida hai vinte anos. O enterro terá lugar hoxe ás cinco da tarde na Igrexa de San Pedro da Ponte do Porto. Vaise con Don Ramón o último arrecendo do auténtico ciclismo, aquel das vetustas tendas taller, dos artesáns de bicicletas, o dos parches para os pinchazos, o das xestas no Tour de Bahamontes, Ocaña, etc... Descanse En Paz.
  • Accidente mortal de circulación

    Imaxe do lugar do suceso instantes despois da traxedia

    Tráxicamente a carretera volvío tinguir de loito ao Concello de Camariñas. Faltaban poucos minutos para as 21:00 horas deste malhadado martes 28 de xuño de 2011 cando no kilómetro 1,2 da vía que une Ponte do Porto con Camelle o Renault Megane do xoven Ismael Romero Grela de 22 anos e natural de Dor saíase da carretera, despeñábase por un terraplén duns 5 metros cara o leito do Río Porto e falecía como consecuencia da brutal colisión. Inmediatamente desplazábanse cara o lugar de autos unha dotación de Protección Civil de Camariñas así como dúas patrullas de tráfico que nembargantes pouco podían facer xa para evitar unha nova traxedia nas nosas carreteras.
  • Incendio na Centro de Saude da Ponte do Porto

    Un pequeno incendio provocado por un cortocircuito obrigou a evacuar o Centro de Saúde
    Un pequeno incendio provocado por un cortocircuito obrigou a evacuar o Centro de Saúde

    Incendio con desaloxo incluido

    Recén inaugurado como estaba o seu flamante novo ascensor e na mañán deste martes 18 de mao de 2010 vai e declárase un pequeno incendio no edificio que alberga a Casa de Cultura e o Centro de Saúde da Ponte do Porto. Efectivamente, segundo noticias ás que puido ter acceso camarinas.eu, eran preto das 9:30 desta mañán cando un pequeno fogo ao parecer provocado por un cortocircuito nunha lámpara de barra fluorescente instalada no teito do segundo andar, concretamente na sala de pediatría, causaba un pequeno fogo. As lapas provocaron que se derretise o plástico que recubría a lámpara, o que supuxo unha intensa fumareda que obrigou a evacuar temporalmente á media ducia de usuarios nese momento presentes no Centro de Saúde porteño. Posteriormente, unha vez desprazados ao lugar unha dotación dos bombeiros de Cee e a Policía Local de Camariñas e visto que o fogo non ía a maiores procedíose a efectuar as necesarias labouras de limpeza, volvendo a funcionar a Clínica da Ponte ao longo da mañán sen maiores incidentes. Como conclusión só resta engadir que afortunadamente o flamante ascensor instalado no edificio resultou ileso do fogo provocado por unhas lapas devoradoras.

  • Terrible suceso na Ponte do Porto

    Falece un camioneiro nunha marmolería da Ponte

    Un terrible suceso volvío a golpear o Concello de Camariñas ca morte dun camioneiro ourensán
    Un terrible suceso volvío a golpear o Concello de Camariñas ca morte dun camioneiro ourensán

    Lamentablemente na tarde deste caluroso e veraniego xoves 10 de setembro de 2009 unha desgracia terrible volvío a acontecer no Concello de Camariñas cando cara ás 16:45 horas un camioneiro que estaba a facer unha descarga de material na Marmolería de Daniel Barroso Rial, na Rúa Linares, na zona do Outeiro na Ponte do Porto, falecío ao ser brutalmente golpeado cun toro elevador que estaba a carrexar material, ao caer a carga por causas descoñecidas e desplazarse para atrás a citada máquina de transporte golpeando mortalmente ao traballador, sen que se coñezan polo momento as causas deste suceso. A víctima, Francisco Manuel Capelo Fernández, de 40 anos de idade e natural de Xinzo de Limia en Ourense, foi atendido no lugar polas unidades do 061, de Protección Civil de Camariñas e da Guardia Civil, chegando a desplazarse ata alí un helicóptero do 112 que non chegou a transportar á víctima xa que esta falecera no lugar dos feitos. Dende Camarinas.eu lamentamos tan terrible suceso e trasladamos as nosas condolencias aos familiares deste camioneiro ourensán. D.E.P.

  • Atraco na gasolineira da Ponte do Porto

    A gasolineira da Ponte do Porto atracada este luns

    A TVG desprazouse ata a Ponte do Porto este mércores para coñecer o caso
    A TVG desprazouse ata a Ponte do Porto este mércores para coñecer o caso

    Esta luns pasado 7 de abril a gasolinera da Ponte do Porto foi obxecto dun violento atraco por parte dun descoñecido que chegou a meter un coitelo no pescozo a unha operaria de Camelle que estaba a cerrar a dita gasolineira. O ladrón atacou cun coitelo por detras á rapaza mentras ela recargaba o móbil deste individuo o cal lle quitou a bandoleira dos cartos e pouco máis. Ao parecer foi un atraco algo absurdo xa que, según testemuñas que falaron coa rapaza despois do roubo, o atracador marchou nun coche e aos presentes doulles tempo de coller a matrícula de dito coche e chamar á Garda Civil que rapidamente montou un dispositivo de búsqueda co que o ladrón foi capturado horas despois curiosamente nunha barra americana próxima. Polo que se ve tiña ganas de festa...

    Esperemos que a nosa querida amiga da gasolineira se recupere pronto do susto e volva a ser aquela dicharacheira rapaza que nos alegraba o día cada vez que tiñamos que pagar as subas da gasolina. Con respecto ao atracador, non estaría mal que viñera por esta zona da Costa da Morte un juez deses americanos para que lle puxera un bo par de cremosos anos de traballos forzados nunha cárcel desas tan divertidas de Texas.

  • Accidente na entrada da Ponte do Porto

    Un coche do concello atropela a un xabarín

     

    Neste estado quedou o coche do noso querido amigo Manolo O Panadeiro
    Neste estado quedou o coche do noso querido amigo Manolo O Panadeiro

     

     

    O fontaneiro do Concello Manolo "O Panadeiro" dirixíase hacia á Ponte do Porto para comprobar o estado do depósito municipal de auga potable cando un porco bravo saeulle ao paso antes de chegar aos Colexios da Ponte, sen que o fontaneiro camariñán poidera esquivalo. O animal, gravemente ferido, andou arrastrándose uns metros pola cuneta ata que se desvaneceu a pouca distancia do suceso. O xabarín foi recollido por un grupo de cazadores que se acercaron ao lugar do atropelo. Ao parecer o animal era dun gran tamaño e segundo os alí presentes "pesaba uns 100 kilos". Non nos extraña, á vista está o estado no cal quedou o Patrol do Concello.



  • Un vehículo mata tres crías de xabarín

    Jabalí atropellado
    Na carretera que une Ponte do Porto con Camariñas un  vehículo atropelou tres crías de xabarín que neses momentos estaban a cruzar polo asfalto. Protección Civil de Camariñas tivo que desplazarse ata o lugar para retirar os restos dos tres animales falecidos no atropello. Sobre as 23:00 un vehículo sen identificar atropellou aos tres xabaríns. Os animales mortos foron trasladados á "Canteira" de Camariñas  onde foron cristianamente incinerados.