• Dona Balbina Castro Romero, veciña de Carnés, Descanse en Paz

    Dona Balbina Castro Romero, veciña de Carnés, Descanse en Paz
    Siguen as malas noticias a chegar á redacción desta web. Esta mesma tarde éramos coñecedores da defunción en Santiago de Compostela de Dona Balbina Castro Romero aos seus 86 anos de idade. Dona Biruca, como era máis coñecida en toda a parroquia de Carnés, está sendo velada na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán os seus restos mortais cara a Igrexa de San Cristobo de Carnés ás 15:45 horas da tarde deste mércores 7 de marzo de 2018. Alí no sagrado templo soneirán celebrarase o funeral de corpo presente por Dona Balbina para, acto seguido, ser trasladado o féretro cara o Cemiterio Veciñal de San Cristobo de Carnés donde Dona Biruca terá descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Balbina, especialmente a súa filla e ao seu esposo e gran amigo desta redacción o camariñán Marcial Mouzo Vidal aos cales lles enviamos un forte abrazo e moito ánimo nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.
  • Dona Natividad Parga Figueiras, veciña da Ponte do Porto, Descanse en Paz

    Dona Natividad Parga Figueiras, veciña da Ponte do Porto, Descanse en Paz
    Na tarde deste martes 6 de marzo de 2018 falecía na súa casa Dona Natividad Parga Figueiras aos seus 95 anos de idade. O corpo sen vida desta querida veciña da Ponte do Porto está sendo velado no Sala 2 do Tanatorio de San Pedro da localidade Porteña. Dende alí sairán os restos mortais de dona Natividad cara o santuario da Ponte do Porto ás 17:00 horas do mércores 7 de marzo para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Despois dos ritos relixiosos o féretro será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de A Ponte do Porto donde Dona Natividad terá descanso eterno. Vaia dende esta redacción o noso mais sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Dona Natividad Parga Figueiras, Descanse en Paz.
  • Dona María Inmaculada Tajes Baña, veciña da Ponte do Porto, Descanse en Paz

    Dona María Inmaculada Tajes Baña, veciña da Ponte do Porto, Descanse en Paz
    Este mércores 14 de febreiro de 2018 deixaba este mundo a querida veciña da Ponte do Porto Dona María Inmaculada Tajes Baña aos seus 89 anos de idade. Dona Maruja do Ferreiro, como era máis coñecida en toda a vila porteña, está sendo velada na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto dende onde sairán ás 15:45 da tarde deste xoves 15 de febreiro cara a Igrexa da Ponte do Porto. Alí, no sagrado templo porteño, será celebrado o funeral de corpo presente desta querida veciña. Pouco despois, celebrados xa os ritos relixiosos, os restos mortais de Dona Maruja serán trasladados ata o Cemiterio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto onde o corpo sen vida de Dona Maruja terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Inmaculada Tajes Baña, Descanse en Paz.
  • Manuel Alvite Pardiñas "Manolucho", veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

    Manuel Alvite Pardiñas "Manolucho", veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz
    Siguen as tráxicas noticias para a Ponte do Porto. Desta volta a redacción de Camarinas.eu recibía na tarde deste xoves primeiro de febreiro un duro golpe ao coñecerse a repentina morte do querido veciño da Ponte do Porto Manuel Alvite Pardiñas aos seus 65 anos de idade. Manolucho, emprendedor notable que colleitara grandes éxitos no mundo empresarial falecía na súa casa da Coruña despois dunha longa loita contra unha enfermidade que ao final levouse por diante a vida deste insigne veciño porteño. Persoa afable, cun estilo e unha educación que o facían único, sempre impecable e desbordante de simpatía, nos últimos anos colleitou un notorio éxito levando a cabo en sociedade a xerencia do Grupo Comarea, todo un bastión hostaleiro na cidade herculina. Pero sobretodo vaise unha persoa referente daquela mocidade da Ponte do Porto dos anos sesenta e setenta que tan querida foi por todos os pobos da costa e tanta huella deixou nas xeracións vindeiras. O corpo sen vida de Manolucho está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara o sagrado templo porteño ás 17:00 horas deste venres para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, os restos mortais de Manolucho serán trasladados ata o Cemiterio Parroquial da Ponte do Porto donde o corpo sen vida do noso amigo tomará merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolecias a toda a familia e amigos de Manolucho, especialmente a súa compañeira Oti, súa irmán Begoña, seus sobriños que eran como os seus fillos Begoñita e marido e Bertín así como aos pequenos da casa Claudia André e Breixo que eran a debilidade de Manolucho. Descanse en Paz.
  • Don Evaristo Rey Sambade, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

    Don Evaristo Rey Sambade, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz
    Este mércores 31 de xaneiro faleciía tráxicamente do Hoxpital Virxe da Xunqueira de Cee Don Evaristo Rey Sambade aos seus 89 anos de idade. Máis coñecido como "O Fontanero" finaba despois das importantes feridas sofridas polo grave atropelo do que fora víctima na mañá deste pasado mércores. O corpo sen vida de Don Evaristo está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara o sagrado templo porteño de San Pedro ás 15:45 deste venres 2 de febreiro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido os restos mortais do noso amigo serán trasladados ata o Cemiterio Parroquial da Ponte do Porto donde Don Evaristo terá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Evaristo. Descanse en Paz.
  • Atropello mortal na Rúa Curros da Ponte do Porto

    Atropello mortal na Rúa Curros da Ponte do Porto
    Traxedia na Ponte do Porto na mañá deste mércores 31 de xaneiro cando Evaristo Rey falecía despois de ser enbestido por unha furgoneta que transitaba por unha concurrida vía porteña. Os médicos do Centro de Saúde situado a escasos metros do sinistro foron os primeiros en atender ao accidentado que pouco despois era trasladado ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee debido á estado de máxima gravidade que presentou xa dende os primeiros momentos. Pouco puderon facer os facultativos do centro ceense máis que certificar a morte do accidentado. Unha traxedia que nos deixou sen o noso amigo Evaristo, moi coñecido en toda a vila da Ponte do Porto e por extensión en todo o Concello de Camariñas.
  • Falece Dona Avelina Mouzo, veciña da Ponte do Porto, a persoa máis vella de Galicia

    Falece Dona Avelina Mouzo, veciña da Ponte do Porto, a persoa máis vella de Galicia
    Avelina Mouzo Leis, a que era a persoa máis lonxeva de Galicia e a terceira con máis idade de España, faleceu no día de hoxe na súa casa da Ponte do Porto por mor das complicacións causadas por unha profunda gripe aos seus 113 anos de idade. Chega a abraiar os acontecementos dos que chegou a ser coetánea Dona Avelina. En tempo real ela leería nos xornais como en agosto de 1914 Europa decidía suicidarse, como o réxime máis nocivo da historia humana tomaba o poder en San Petersburgo un 7 de novembro de 1917, hai xusto agora cen anos, como dous bandos se masacraban durante unha cruenta guerra civil, sufreu sen dúbida os duros anos da nosa posguerra e respiraría aliviada co crecemento económico fulgurante de España nos 60, sentiríase orgullosa ca nosa impecable transición á democracia.... Todo esto e moito máis aconteceu en vida da persoa máis lonxeva da que teñamos coñecemento no noso Concello. Curiosamente o seu falecemento acontecía catro días despois de cumprir os 113 anos no día de noiteboa deste caseque expirado 2017. O corpo sen vida de Dona Avelina está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá este sábado 30 de decembro de 2017 ás 15:30 da tarde cara a Igrexa Parrqouial de San Pedro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido está previsto que se produza o sepelio de Dona Avelina no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto. Vaia dende toda a redacción de Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame aos seus familiares e amigos. Dona Avelina Mouzo Leis, Descanse En Paz.
  • José Lema García, Descanse en Paz

    José Lema García, Descanse en Paz
    Este primeiro de maio de 2015 producíase un grave suceso na parroquia de A Ponte do Porto. O querido veciño da Rúa Barrosas Don José Lema García aparecía morto na beirarrúa xusto diante da súa casa. Ata o lugar dos feitos trasladouse de urxencia unha patrulla da Garda Civil así como unha dotación de Protección Civil de Camariñas que pouco puderon facer por Don José debido a que xa xacía cadaleito. Ao parecer as pirncipais hipótesis que se barallan á espera dos resultados da autopsia é que Don José sufríu un fulminante para cardíaco que acabou coa súa vida. Os restos mortais de Don José está sendo velado no Tanatorio San Vicente de Vimianzo dende onde sairá o seu cadaleito ás 14:30 da tarde deste chuvioso sábado 2 de maio cara a Igrexa Parroquial de San Pedro de A Ponte do Porto para ser celebrado o Funeral de corpo presente do veciño das Barrosas. Dende esta web queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José. Descanse en Paz.
  • José Gonzalo Lema Bermúdez, Descanse en Paz

    José Gonzalo Lema Bermúdez, Descanse en Paz
    Este tempestuoso sábado 31 de xaneiro de 2014 deixaba este mundo na súa casa de A Ponte do Porto Don José Gonzalo Lema Bermúdez aos seus 86 anos de idade. O Señor Gonzalo está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá ás 17:00 horas cara a Igrexa Parroquial de San Pedro de A Ponte do Porto onde se celebrará o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, o féretro co corpo sen vida de Don José Gonzalo será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de A Ponte do Porto onde se lle dará finalmente cristiana sepultura. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Gonzalo Lema Bermúdez. Descanse en Paz.
  • Manolo García Santos, Descanse en Paz

    Manolo García Santos, Descanse en Paz
    Hai pouco máis de cinco anos Camarinas.eu publicaba unha nota (Busqueda de Manuel Garcia Santos)enviada pola nosa usuaria María del Carmen Rodríguez Lema, residente na Arxentina, na que se nos pedía axuda para encontrar a unha persoa que había moitos anos perdera o contacto. Foi publicar Camarinas.eu esa nota e ás poucas semanas resolveuse o problema e atopamos (Busqueda de Manuel Garcia Santos (e II)), coa axuda de varios usuarios porteños ao home ao cal andabamos na procura. Esa persoa resultou ser Manolo García Santos, máis coñecido na Ponte do Porto polo seu primeiro apelido o cal regresaría a Bos Aires dez meses despois para reencontrarse ca súa amiga porteña despois de cáseque corenta anos sen saber nada un do outro (Reencontro entrañable na Arxentina). Catro anos máis tarde producíase na nosa redacción outro entrañable reencontro de María del Carmen Rodríguez con Manolo García esta vez en Camariñas e xunto a Diego Alonso como un dos artífices desta entrañable historia. E así puxemos punto e aparte a unha bonita historia que quedou rexistrada para sempre na nosa memoria e, sobretodo, rexistrada para sempre na hemeroteca de Camarinas.eu (Reencontro entrañable en Camarinas.eu). Un día cheo de emocións e recordos que a dirección desta humilde web pudo desfrutar cos seus dous protagonistas agora en terras camariñanas.
  • Esperanza Touriñán Baña, Descanse en Paz

    Esperanza Touriñán Baña, Descanse en Paz
    Continúan a sacudirnos as malas noticias dentro do noso concello. Á morte de Don Manuel Lista sumouse este mércores 10 de setembro de 2014 o pasamento de outra veciña da zona do Muiño do Vento, Dona Esperanza Touriñán Baña de 87 anos de idade. Aínda que Dona Esperanza era natural da Ponte do Porto hai algúns anos que residía xunto a súa única filla e o seu xenro en Camariñas. O corpo sen vida de Dona Esperanza está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas. A eso das tres e media da tarde deste xoves 11 de setembro sairá o cortexo fúnebre dende as instalacións mortuorias camariñanas ata a Igrexa de San Pedro de A Ponte do Porto onde terá lugar o funeral de corpo presente para logo despois proceder ao sepelio no Cemiterio Novo de dita parroquia. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias a todos os familiares e amigos de Dona Esperanza. Descanse en Paz.
  • Fallece Doña Adelina Figueiras Figueiras. Una Camariñana emprendedora

    El pasado día 31 de enero falleció en Madrid, tras recibir los Santos Sacramentos, a la edad de 84 años, Doña Adelina Figueiras Figueiras, rodeada del cariño de sus familiares y amigos.  Adelina nació el 16 de diciembre del año 1929, el año de la Gran Depresión, en la calle de las Barrosas de Puente del Puerto y creció en el Campo d’Outeiro de la misma localidad. A la edad de 15 años emigró a Santander para dedicarse junto a su madre Trinidad Figueiras Novas a la comercialización de Encaje de Camariñas.
  • Dona Otilia Alvite Ameijeiras, Descanse en Paz

    Continúan a chegar tristes noticias á nosa redacción. Esta mañá recibíamos a chamada do noso amigo e colaborador Xoán Ramón Carballo que nos informaba do pasamento da súa nai Dona Otilia Alvite Ameijeiras aos seus 96 anos de idade na cidade da Coruña. Dona Otilia chegou ata Cereixo moi xoven sendo a máis xoven de nove irmáns orixinarios de Santa Comba. Anos despois casaría con Arturo Carballo Tajes e fruto deste matrimonio nacerían dous fillos, Xoan Ramón, enxeñeiro residente na cidade olívica e Arturo Carballo Alvite, coñecido director das antigas oficiñas bancarias da Caixa de Aforros en Camelle e tamén en Muxía. Cómpre lembrar que Dona Otilia era irmán do que foi o Cura Párroco da Parroquia de Santiago de Cereixo durante tantos anos, o recordado Don José Alvite tristemente falecido hai xa moitos anos. O corpo sen vida de Dona Otilia está sendo velado no Tanatorio San Vicente de Vimianzo dende o cal será trasladado ata a Igrexa de Santiago de Cereixo onde ás 16:00 horas deste sábado 25 de xaneiro de 2014 será celebrado a misa de corpo presente para logo ser soterrada no seu querido Cereixo. Dende a Redacción de Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Otilia. Descanse en Paz.
  • Dona Josefina Rodríguez Cibrán, Descanse en Paz

    Esta fría e invernal mañán do 22 de xaneiro de 2012 amañecía triste para o lugar de Dor, antesala da parroquia de San Pedro da Ponte do Porto. Unha das súas máis lonxevas veciñas, Dona Josefina Rodríguez Cibrán máis coñecida como Fina do Tuiño, deixaba este mundo aos seus 102 anos debido a causas naturais. Dona Fina, nai de catro fillos, adicou toda a súa vida á venta de encaixe dunha maneira totalmente exitosa xunto a súa filla Dolores Romero, gran referente no ámbito galego da artesanía eterna do bolillo e muller emprendedora e traballadora onde as haxa. O corpo sen vida de Dona Fina está sendo velado na súa casa de toda a vida de Dor de onde sairá cara a Igrexa de San Pedro de A Ponte do Porto este xoves ás 16:00 para ser celebrado o seu sepelio. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Josefina nestes duros momentos que están a vivir. Dona Josefina, referente primordial do encaixe de Camariñas, Descanse en Paz.
  • Destrozos a causa do temporal Dirk na Ponte do Porto

    A forza desatada dos elementos abatíose sobre Galicia nas vísperas do Nadal. Vendavaladas salvaxes convertidas por veces en tifóns asiáticos deixaron un regueiro de destrozos nas Rías Baixas, onde en vilas mariñeiras como O Grove, causaron cortes intermitentes de luz nos fogares e definitivos no alumeado público, sumindo á vila meca na escuridade. Asemesmo un terrible temporal pero de xente desatouse no interior dos diferentes centros comerciais da cidade de Coruña, e unha avalancha humana asaltou os estantes das tendas e provocou unha chuvia dourada nunca antes vista de moedas, billetes e tarxetas de crédito por metro cuadrado sobre as asoladas caixas rexistradoras, levando aos presentes de tan estrano fenómeno a preguntarse seriamente acerca da existencia desto da crise económica e acerca dunha enésima esaxeración sensacionalista dos medios de comunicación. E en esto, como en todo, non podía permanecer alleo o Concello de Camariñas. Onde se notaron en especial os seus efectos foi na Ponte do Porto. Alí o temporal (climatolóxico neste caso) chegou a derrubar unha árbore e a romper cun cable do téndido eléctrico do alumeado público municipal. Foi por elo, que sobrepoñéndose a enorme dor que lle causou a desaparición do seu pai, andaba xa na mañán deste martes 24 de decembro Manolo Canosa mans á obra para repoñer os desperfectos. Foi o maior rastro dunha noite terrible que tamén trouxo consigo a caída de tellas (ningunha sobre cabezas humanas, que se saiba) e tirada dos sempre sufridos contenedores municipais, víctimas propiciatorias habituais da furia humana e da climatolóxica. Incluso nos días emblemáticos do Nadal.
  • Atraco nunha xoiería da Ponte do Porto

    A Xoiería da Ponte que foi víctima dun atraco este xoves 7 de novembro

    Un atraco un tanto esperpéntico, parecido a aquel de "Bananas", a película de Woody Allen, tivo lugar na Ponte do Porto este pasado xoves 7 de novembro. En principio, os atracadores non utilizaron unha pistola feita de xabón como a do mencionado film pero pouco lle faltou. En fin, eran sobre as 19:00 horas cando segundo unha testemuña presencial á que tivo acceso Camarinas.eu se desencadeaban os feitos: dous encapuchados, un deles cun armado cun coitelo de cociña de grandes proporcións, irrumpían violentamente na Joyería Faro, ca intención de arramblar cun sustancioso botín. Unha vez posto en coñecemento da dona do local as súas intencións siniestras, ésta non se deixou amilanar por esta desvergonzada actitude e decidío facer frente aos malhechores lanzándolles á cabeza pesadas fontes de cristalería e avisando a súa nai, a cal ipso facto saía correndo pola porta da casa contigua dando grandes voces polas que solicitaba axuda, ante o cal os facinerosos viñéronse literalmente abaixo. Tal foi o desbaraxuste que ata olvidaron o motivo que os levara ata este honrado negocio porteño e, pies para que os quiero, fuxiron por patas ata a porta onde un vehículo SEAT os estaba esperando para partir cara un destino incerto tan baleiros como chegaran. Posteriormente saltou un rumor que falaba de que o automóvil usado para perpetrar o delito aparecera abandoado en Pasarela, o cal de ser certo aumentaría a envergadura do despropósito xa deste xeito o que pasaba a ser o único botín real da tarde de autos era abandoado á súa sorte. Pois ben: era certo. Nestes tempos de salteadores, de foraxidos, de malhechores altamente sofisticados, dotados dun pulso firme e un corazón frío, maquiavélicos artesáns do crime, constituío unha sorpresa un tanto inesperada voltar por un día a aquelas esceas olvidadas de españoladas como "Atraco a las Tres", do desaparecido José Luis López Vázquez ou "Todos al Suelo", de Pajares e Esteso, ou incluso aquela "Bananas" do primeiro Woody Allen. Mellor que sexa así.
  • Misteriosa mancha tóxica no Río Porto

    Misteriosa mancha contaminante no Río Porto á altura de Cereixo

    No mesmo día no que se facía público que a central nuclear de Fukushima evacuara recentemente augas fortemente radioactivas cara o Mar do Xapón unha estrana mancha amarronada fixo irrupción nas tranquilas augas do Río Grande ao seu paso pola Ponte do Porto. Eran as dúas da tarde deste mércores 21 de agosto de 2013 cando os veciños que daban o seu habitual paseo polo paseo fluvial porteño, máis ou menos á altura do Pub Desierto, comprobaban con sorpresa como un noxento hedor subía dende o río. Forte e desagradable non tardou en causar picores nos fuciños porteños que asomaban pola barandilla para constatar a orixe do cheiro. Puideron ver unha marcha viscosa, flotante sobre as augas, de cor marrón e en principio bastante semellante ao fuel. Postos en alerta polo desacostumado desta presencia indesexada nunhas augas prístinas e hixiénicas polo ordinario decidiron dar aviso ao Seprona.
  • Accidente de coche na Ponte

    Impactante imaxe do coche accidentado na Ponte do Porto

    Unha das institucións máis senlleiras do Concello de Camariñas, o centenario Casino da Ponte do Porto, pouco máis e ve como un automóvil se lle empotra para adentro nun accidente ao máis puro estilo Hollywood. Acontecía o espeluznante suceso este aciago mércores 24 de abril, como prólogo macabro do drama que estaba a piques de desencadearse a non correr moitas horas nun ateigado estadio da Rexión de Renania-Westfalia, tal vez por elo chamado en tempos Westfalenstadion, onde un grupo de fornidos e potentes Superhomes Teutónicos (e un polaco) lle endilgaban unha escandalosa somanta á que decían era a mellor plantilla do mundo.  Visto o lamentable antecedente que acontecía no entorno urbano dun Casino tan senlleiro como o porteño, a escasos metros de ser derruido a base dunha alunizaxe motora, xa deberían empezar a tremer os aficcionados madridistas ante a que se lles viña enriba, sobre todo tendo en conta os precedentes históricos da institución en cuestión: partido en Alemania, tunda ao canto. Mércores 24/04/2013, o día que será lembrado como o da Infamia (Madridista).
  • Desbordamento do Posiño na Ponte

    O Posiño no alto da Pesqueira quedou totalmente anegado

    Unha chuvia xeralizada barre dun tempo a esta parte a face azoutada e exangue da España dos nosos días. Chuvia de corrupción política, de roubo a mano armada, de explotación escravista duns cidadáns honrados obrigados a deslomarse traballando para pagar os afogantes impostos cos que manter a tanto vividor militante de partido político, aos que non parece chegarlle cos seus soldos en organismos oficiais e rouban todo o que poden e máis; chuvia de pobreza extrema, de millóns de parados, de familias ao límite da susbsistencia, de néboas de tempos mellores vividos tamén e para completar un cuadro en realidade desesperante chuvia de temporais que cruzan a Península Ibérica dun extremo ao outro e que cas súas chuvias perpetuas e ventos descontrolados contribúen a arruinar un pouco máis aquela terra que se non fora polos seus inquilinos (os españoles) sería un gran país.

  • Manuel Vidal Souto "O Gransolo" D.E.P.

    Manuel O Gransolo faleceu este luns 10 de decembro de 2012

    Na tarde deste frío luns 10 de decembro a redacción de Camarinas.eu recibía a triste noticia por parte do seu neto Manuel Castiñeiras da morte do seu avó Manuel Vidal Souto, máis coñecido na Ponte do Porto como "O Gransolo". Señor Manuel, de oitenta dous anos de idade levaba xa uns días internado no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee por mor dunhas graves deficiencias cardíacas e foi hoxe sobre as cinco da tarde cando o seu gastado corazón dixo basta. O Gransolo adicou gran parte da súa vida a traballar de gandeiro sendo moi coñecido e querido non tan só na súa eterna vila porteña senón tamén por moitos dos pobos e aldeas da Costa da Morte.