Manuel Canto Carril era un coñecido e querido constructor xaviñán, amigo persoal do Director de camarinas.eu Diego Alonso Freire, o cal soubo desta tráxica noticia que apena a tanta xente do noso concello cando a eso das 4 da tarde se dirixía a sacar unhas fotos a Ponte do Porto: de repente víu nas dúas casas en construcción na Recta de Sara que iban a ser destinadas a vivendas da familia Canto Carril e sedes da empresa un gran operativo da Garda Civil, de Protección Civil e da Policía Local de Camariñas. Alí xa tamén se atopaba o Concelleiro xaviñán Sergio Caamaño e intres despois chegaba recén voltado da súa viaxe por Arxentina o Alcalde Pichurri. Era evidente que alí acontecera unha traxedia, e lamentablemente esto confirmouse. Manolo deixa muller e dúas fillas. En fin, tan só queda darlle o pésame a familia, consolala nestes momentos de dor, e así animamos a todos os nosos usuarios a que deixen testimonio nesta noticia do seu apoio á familia nestes tristes e tráxicos momentos. Manolo, descansa en paz.
Páxina 4 de 4