O dolor profundo por semellante traxedia agrávase nesta redacción polo feito de que hai un ano e medio, concretamente un 4 de maio de 2008, esta web publicaba a noticia da voda celebrada na Igrexa de Xaviña entre Maria Jesús e o seu marido Francisco, camioneiro de profesión e natural de Vilaseco, e do bautizo de Martín, fillo de ambos, evento cuberto por un Diego Alonso Freire que non da creto ao sucedido e lamenta no máis profundo do seu ser tan terrible accidente. Un Nadal que se volve tinguir de luto no Concello de Camariñas por segundo ano consecutivo, xa que o próximo día 31 de decembro cumprirase o cabodano do tráxico falecemento na Coruña de Juan Carril Ramos. Aínda que sexamos conscientes de que as nosas palabras non poderán consolar nin siquera mínimamente o dolor tan inconmensurable e absoluto da súa familia, esta redacción ao completo en nome de tódolos seus usuarios quere dar o seu máis sinceiro pésame á familia de María Jesús e Martín nestes momentos. Descansen en Paz.
Páxina 3 de 4