• Don Manuel Figueroa Canosa, Descanse en Paz

    Don Manuel Figueroa Canosa, Descanse en Paz
    Na madrugada deste frio venres 17 de novembro de 2017 deixaba este mundo o querido veciño de Xaviña Don Manuel Figueroa Canosa aos seus 54 anos de idade. Moi coñecido en todo o concello, sempre afable e coa súa bicicleta facendo o traiecto dende Xaviña ata Camariñas, Manolo da Aguda, como era máis coñecido en Xaviña, falecía no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee despois dunha dura loita contra un cancro que ao final levouse por diante a vida do noso querido amigo Manolo. Os restos mortais de don Manuel están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán ás 17:15 da tarde deste sábado 18 de novembro cara a súa querida Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña. Alí, no sagrado templo xaviñán será celebrado o seu funeral de corpo presente para, acto seguido, realizar o sepelio dos seus restos mortais. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Figueroa Canosa. Descanse en Paz.
  • Don Manuel Meirás Blanco, Descanse en Paz

    Don Manuel Meirás Blanco, Descanse en Paz
    Na tarde noite deste sábado 7 de outubro de 2017 deixaba este mundo o querido veciño de Xaviña Don Manuel Meirás Blanco aos seus 83 anos de idade. O Meirás de Borreiros,como era coñecido cariñosamente en toda Xaviña, era unha persoa afable e traballadora, sempre cun sorriso na cara para todo aquel que se cruzase con él. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, parroquia que o víu nacer (Dor), dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:45 deste luns 9 de outubro para ser celebrado alí o funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a consecución do seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña onde o señor Meirás terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción todo o noso apoio a familia e amigos de Don Manuel Meirás Blanco. Descanse en Paz.
  • Don Alfredo Mouzo Pardiñas, Descanse en Paz

    Don Alfredo Mouzo Pardiñas, Descanse en Paz
    Este  23 de setembro de 2017 falecía no Hospital Juan Canalejo o querido veciño de Santa Mariña Don Alfredo Mouzo Pardiñas aos seus 92 anos de idade. Máis coñecido en Santa Mariña como Leopoldo, era viuvo de Amelia Castro Castro, falecida hai exactamente oito meses, coa que tivera seis fillos. O corpo sen vida de Don Alfredo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña na tarde deste domingo 24 de setembro ás 17:00 horas. Alí, no santuario xaviñán, procederase a celebrar o funeral de corpo presente de Don Alfredo. Acto seguido o corpo sen vida de Don Leopoldo será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de Santa Mariña onde o noso querido veciño terá descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Alfredo Mouzo Pardiñas. Descanse en Paz.
  • María Lema Mouzo, Descanse en Paz

    María Lema Mouzo, Descanse en Paz
    Moi preto de Dona Verita Martínez, falecida na madrugada deste xoves, vivía a señora que finaba tamén poucas horas despois. Dona María Lema Mouzo era unha querida veciña de Lamastredo e levaba xa ingresada uns días no Hospital Comarcal de Cee onde tristemente faleceu aos seus 92 anos de vida. Dona María, máis coñecida na parroquia de Xaviña por María de Lamastredo está sendo velada na Sala 2 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto dende onde sairá cara a súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña ás 18:45 deste venres 15 de setembro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María de Lamastredo. Descanse en Paz.
  • Verita Martínez Canosa, Descanse en Paz

    Verita Martínez Canosa, Descanse en Paz
    De seguir así este convertirase no setembro máis tráxico en canto a mortes de veciños do Concello de Camariñas se refire. Na madrugada deste xoves 14 de setembro de 2017 producíase a triste defunción da querida veciña de Santa Mariña Dona Verita Martínez Canosa aos seus escasos 72 anos de idade. Señora Verita estaba ingresada no hospital Juan Canalejo da Coruña por mor dunha doenza que ao final se levou a vida da nosa estimada veciña. O corpo sen vida de Dona Verita está sendo velado na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 17:00 horas para pouco despois celebrarse o seu funeral de corpo presente na súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolecias a toda a familia e amigos de dona Verita. Descanse en Paz.
  • Dona Carmen Rodríguez Rodríguez, Descanse en Paz

    Dona Carmen Rodríguez Rodríguez, Descanse en Paz
    Inacabable esta temporada de decesos dentro do Concello de Camariñas. Ás xa recentes defuncións que tanto nos apenaron últimamente e que por mor do traballo non pudemos atender nesta web como correspondía, hai que sumar a morte este mesmo mércores 30 de agosto da querida veciña da parroquia de Xaviña Dona Carmen Rodríguez Rodríguez aos seus 98 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Carmen de Marcelino, como era coñecida en Xaviña, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña este xoves 31 de agosto ás 17:00 horas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Dona Carmen Rodríguez Rodríguez. Descanse en Paz.
  • Alejandro Carril Rojo, Descanse en Paz

    Alejandro Carril Rojo, Descanse en Paz
    Este xoves 25 de xuño de 2015 deixaba finalmente este mundo despois dunha longa loita contra unha dura enfermidade o Señor Don Alejandro Carril Rojo aos seus 85 anos de idade. O corpo sen vida deste querido veciño da parroquia de Xaviña está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernandez Espín de Camariñas dende onde sairá este venres 26 de xuño ás 17:45 horas cara á Igrexa Parroquial de Santa maría de Xaviña. Alí procederase a celebrar o funeral de corpo presente pola alma de Don Alejandro para despois procederse ao seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña. Vaia dende aquí as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Alejandro Carril Rojo, especialmente a súa dona Arminda e seus fillos, os nosos queridos amigos Roberto, Alejandro, Rosa María e David Carril Castiñeira. Don Alejandro, Descanse en Paz.
  • José Barbeira Tajes, Descanse en Paz

    José Barbeira Tajes, Descanse en Paz
    Continúa o goteo incesante de noticias tráxicas no Concello de Camariñas. Na madrugada deste martes 12 de maio deixaba este mundo o querido veciño da Parroquia de Xaviña aínda que natural do Lugar de Dor Don José Barbeira Tajes aos seus 64 anos de idade despois dunha longa loita contra un cáncer que ao final levouse por diante a vida do noso amigo. O corpo sen vida de Don José está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espíndende onde sairá cara á Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 horas deste mércores 13 de maio. Dende a redacción de Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Barbeira Tajes. Descanse en Paz.
  • Choque frontal entre dous coches en Lamastredo (Xaviña)

    Choque frontal entre dous coches en Lamastredo (Xaviña)
    A primeira hora da mañá deste sábado 28 de marzo de 2015 rexistrábase un accidente de tráfico na carretera que une os lugares xaviñáns de Lamastredo e Pescadoira. Dous turismos que circulaban en dirección contraria chocaban frontalmente nun aparatoso accidente. Os seus ocupantes non resultaron feridos e tan só o conductor do modelo Seat León queixábase dun dolor nun dos seus brazos. Ata o lugar dos feitos trasladábase de urxencia en primer término o omnipresente Manolo de Protección Civil de Camariñas. Acto seguido eran as que se achegaban ao lugar dos feitos dúas patrullas da Garda Civil así como un furgón de atestados da mesma acompañado dunha ambulancia que ao final e afortunadamente non tivo que trasladar a ningún ferido ata o centro médico. Gracias a deus o accidente non pasou a maiores e por sorte os ocupantes dos vehículos siniestrados tan só levaron un gran susto. Dende Camarinas.eu recomendamos encarecidamente circular con prudencia sobretodo en lugares estas carreteras tan angostas e perigosas.
  • Aurora Mouzo Miranda - Francisco Lema Barreiro - Antonio Pasantes Lista Descansen en Paz

    Aurora Mouzo Miranda - Francisco Lema Barreiro - Antonio Pasantes Lista Descansen en Paz
    Fin de semana tráxico o que estamos a vivir en Camariñas nunhas datas tan sinaladas. Este sábado 20 de nadal de 2014 volvíamos a ser testigos da morte de tres queridos veciños do concello. Dona Aurora Mouzo Miranda (veciña de Camariñas) falecía aos seus 92 anos de idade. Don Francisco Lema Barreiro (veciño de Xaviña) deixaba este mundo aos 67 anos de idade. Finalmente na noite deste sábado recibíamos a triste noticia do pasamento do coñecido veciño da vila das palilleiras Don Antonio Pasantes Lista a idade de 92 anos. Os corpos sen vida de Dona Aurora e Don Francisco están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, sendo o funeral de corpo presente de Dona Aurora ás 16:00 horas (Igrexa de San Xurxo de Camariñas) e o de Don Francisco ás 17:00 (Igrexa de Santa María de Xaviña). Don Antonio Pasantes Lista está sendo velado na Casa de Pedra de Camariñas dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:45 horas para ser celebrado o seu sepelio. Dende a redacción desta web queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Aurora, Don Francisco e Don Antonio. Descansen en Paz.
  • Naufraxio dunha embarcación en Santa Mariña

    Naufraxio dunha embarcación en Santa Mariña
    Era sobre a media mañá deste mércores 17 de decembro de 2014 cando a embarcación de nome "Rosal" con base en Santa Mariña e con dous tripulantes abordo volcaba inesperadamente por mor dunha forte ola que os sorprendeu arroxando ao mar aos seus dous tripulantes a media milla do seu porto base, na zona coñecida como O Capelo. Foron os nosos amigos Cristian e Francisco rescatados rápidamente dende outra embarcación que se atopaba preto do lugar do sinistro. Gracias a esta rápida e provindencial intervención os mariñeiros da embarcación afundida non levaron máis que un gran susto non sendo así os danos materiais xa que todos os instrumentos e maquinaria da lancha quedaron totalmente inservibles debido ao afundimento total da embarcación. O drama na mar estivo a piques de cobrarse un novo tributo en Santa Mariña non moito despois de que non lonxe de alí, en Boiro, tres mareiñeiros galegos naufragasen ca súa embarcación ermañecendo desaparecidos nos intres nos que se escribía a presente crónica.
  • José Antonio Fabián González, Descanse en Paz

    José Antonio Fabián González, Descanse en Paz
    Amencer tráxico en Xaviña este luns 24 de novembro de 2014. A primeira hora da mañá a redacción de Camarinas.eu recibía incrédula a triste e dolorosa noticia da morte do noso querido amigo José Antonio Fabián González aos tan só 58 anos de idade. O corpo sen vida do coñecido comerciante orixinario da provincia de Ávila aparecía sen vida na súa casa do lugar da Piosa por mor dun paro cardíaco. Fabián, como era popularmente coñecido en gran parte da Costa da Morte, estaba casado e deixa un fillo orfo, Juan, que había tan só escasos meses contraera matrimonio. O corpo sen vida de Fabián está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá ás 16:30 horas deste martes 25 de novembro hacia a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña onde se realizará o Funeral de Corpo Presente para despois proceder ao sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Fabián e ofrecer todo o noso apoio nestes durísimos momentos que están a vivir. José Antonio Fabián González, Descanse en Paz.
  • Jesús López Sambade, Descanse en Paz

    Jesús López Sambade, Descanse en Paz
    Esta chuviosa mañá de martes 18 de novembro a redacción de Camarinas.eu recibía a triste noticia do falecemento do querido veciño de Xaviña Don Jesús López Sambade aos seus 74 anos de idade. Don Jesús viña arrastrando unha longa enfermidade que ao final levouse definitivamente a súa vida. Os restos mortais deste querido veciño de Xaviña están sendo velados na súa casa da Rúa da Gándara dende onde sairán este mércores 19 de novembro hacia a Igrexa Parroquial de Santa María onde terá lugar a celebración do funeral en corpo presente de Don Jesús ás 16:00 horas. Acto seguido o corpo sen vida de Don Jesús será trasladado ata o Cemiterio Parroquial de Xaviña onde será finalmente inhumado. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condoloencias a toda a familia e amigos de Don Jesús. Descanse en Paz.
  • Continúa o destartalamento da gabarra Prima

    Tal que que o seu país de orixe, Ucrania, así se atopa de malbaratada a Gabarra Prima. Partira hai un tempo dun porto mítico, de bastante máis renome que o país que lle da acougo, a Odessa das mafias de pequenos rateiros xudíos, da paixón colombófila de Isaak Bábel, a da escalinata máis famosa da historia do cine, copiada ata a saciedade por Coppolas, De Palmas, Terry Gilliams, Woody Allens ou George Lucas, fixérao xusto cando alá pola en tempos chamada Pequena Rusia empezaban as algaradas que levaron o país ás portas mesmas dun conflicto de díficil premonición para embarrancar final e lastimeiramente nas costas de Reira. Porque do mesmo xeito que o seu patria de orixe, nos últimos días agravouse o estado do Prima e agora está xusto a piques de partirse metade por metade, neste caso nunha proa e nunha popa divididas por un burato que semella un túnel do tempo e do espacio, naquel entre un este católico e occidentalizado, refluxo que foi do Reino Polaco-Lituano primeiro e do Imperio Austro-Húngaro despois, e un oeste mineiro e agrario e un sur ribereño, entre o que destacan as rusificadas Crimea ou a mesma Odessa. Reira e a Praza Maidan como sinónimos por un día dunha mesma analoxía: a da ruptura dunha triste gabarra provinte do Mar Negro e o dun país, que como tal, como protagonista por sí mesmo da historia e da comunidade internacional, nunca existío e tal vez non vaia existir nunca máis.
  • Dona Flora María Pérez Freijo, Descanse en Paz

    Esta mañá a redacción de Camarinas.eu recibía a tráxica noticia da morte da querida veciña da parroquia de Xaviña Dona Flora María Pérez Freijo despois dunha dura e longa loita contra unha grave enfermidade que ao final levouse por diante a vida desta exemplar muller xaviñana aos seus 58 anos de idade.  Dona Flora María residía dende hai moitos anos na cidade manchega de Guadalajara onde estaba casada con José María Santamaría. Froito deste matrimonio nacía o seu único fillo Adrián. Dende a familia da falecida queren comunicarlles a través de Camarinas.eu a todos os amigos e familiares que, si en un principio estaba previsto que Dona María Flora sería trasladada a súa terra natal para ser velada no Tanatorio Muncipal Irmáns Fernández Espín e despois oficiar o sepelio na súa querida Xaviña, debido ao cansancio que os seus familiares acumularon estos días será finalmente incinerada en Guadalajara. Vaia dende Camarinas.eu as nosas máis sinceiras condolencias a todos os familiares e amigos de Dona Flora María e ofrecer o noso máis forte apoio nestes duros momentos que están a pasar. Don Flora María Pérez Freijo, Descanse en Paz.
     
  • Don Electo e Dona Josefa, matrimonio de Xaviña, Descansen en Paz

    Novo drama inconsolable en Xaviña nas sinaladas datas de Nadal. A dous días de rematar o ano 2013 a parroquia máis extensa do noso concello víase sacudida cunha nova traxedia que deixou anonadados e sumidos nunha fonda tristeza a todos sos seus veciños. Os feitos desecadeánbanse un tras outro este domingo 29 de decembro cando Don Electo Matínez Carril falecía aos 90 anos de idade no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ca fatal consecuencia de que tan só tres horas despois no seu fogar da Paxariña acompañábao en tal fatal trance a súa Dona Josefa Cutrín Rodríguez, tras unha longa e penosa enfermedade que a obrigou a pasar encamada este derradeiro ano da súa vida. Deixa este entrañable matrimonio xaviñán que compartío non só toda unha vida senón tamén o momento inevitable da morte catro fillos varóns, aos cales e ás súas familias a redacción de Camarinas.eu lles fai chegar o seu máis sinceiro pésame por esta nova desgracia que aflixe a todo un Concello. Os restos mortais deste entrañable matrimonio xaviñán están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o enterro está programado para as 17:30 horas deste luns 30 de decembro de 2013 na Igrexa Parroquial de Xaviña. Que Deus os acolla, así xuntos, na súa Bendita Gloria. Descansen En Paz.
  • Manolo Canosa Rodríguez, 77 anos, Descanse en Paz

    Lamentablemente, o de hoxe resultou ser un dos máis tristes días na súa vida para un amigo entrañable da redacción de Camarinas.eu. Apurábamos o tempo de desconto deste nefasto ano do Noso Señor do 2013, cando cara ás 14:00 horas do venres 20 de decembro na súa casa de Xaviña, en plena comida, falecía dun infarto repentino e traicioneiro o Señor Manuel Canosa Rodríguez, pai do noso gran e apreciado amigo Manolo Canosa, o gran home eléctrico xaviñán. Drama inxusto ás portas mesmas do Nadal que sume nunha profunda e inconsolable dor aos dous fllos que deixa Don Manuel, Manolo e a súa irmá Flora María, así como o resto da familia. Setente sete anos contemplaban a este xaviñán que falecía no día de autos. A data do funeral de corpo presente terá lugar na Igrexa Parroquial de Xaviña ás 16:30 deste sábado 21 de decembro, tendo lugar o velatorio na súa casa familiar. Con todo, non deixan de ser cuestións secundarias éstas: cando un da a vida e unha educación a unha persoa como Manolo o Electricista, o mellor na súa profesión, persoa traballadora, honrada, seria, cando un deixa ese legado, un pode morrer tranquilo e cun certo orgullo. Vaia dende Camarinas.eu o noso máximo pésame a familiares e amigos. Don Manuel Canosa Rodríguez, Descanse En Paz e que Deus o Noso Señor o teña na súa bendita Gloria.
  • Roberto Castro Tajes, Descanse en Paz

    O drama incesante da morte voltou aflixir ao vecindario de Brañas Verdes na mañán deste sábado 30 de novembro de 2013. Outro dos membros máis sinalados da súa comunidade íase deste mundo por mor dun cancro. Don Roberto Castro Tajes aos 59 anos de idade falecía no hospital antigamente chamado Juan Canalejo na mañán de autos despois dunha tenaz, longa e finalmente fatal loita contra o cancro, o gran mal do noso tempo. Persoa moi querida en Brañas Verdes, vecindario ao que decidío representar dentro das listas do PSOE durante as derradeiras eleccións municipais de 2011, deixa Roberto unha esposa, Remedios, e dous fillos, Adrián e Tania, todos eles seriamente aflixidos polo drama que supón que unha persoa relativamente xoven se vexa obrigada a abandoar este mundo. Unha tristeza á que se suma esta redacción enviando á familia o noso máis sinceiro pésame e un afectuoso abrazo por este novo deceso que aflixe ao noso concello. O velorio está tendo lugar no Tanatorio Costa de Vimianzo de onde cara ás 16:00 horas deste luns 2 de decembro sairán os seus restos mortais cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña onde media hora despois terá lugar o funeral de corpo presente. Roberto Castro Tajes, Descansa En Paz e que Deus che teña na súa infinita Gloria.
  • Avistada unha manada de lobos en Xaviña

    Un trampeiro canadiense que sobrevivía en plan Jeremiah Johnson no medio da natureza máis extrema constataba sen o máis mínimo asomo de dúbida no film de 2004 "El Último Cazador" que eso de que os lobos atacaban aos seres humanos só eran inventos de escritores. Non o sabemos. Tal vez eso ocurra alí entre leñadores, saltando de tronco en tronco mentras flotan cauce abaixo polos grandes ríos da Columbia Británica, a secuoia xigante, o alerce, o abeto, o gran pino silvestre, co olor da madeira recén cortada, co cruxido das árbores xigantes, ca rapaza preferida sempre ao lado, traballando polo o día e durmindo pola noite e ca Policía Montada cantando, de vez en cando, a coro sobre leñadores travestidos. En todo caso a opinión dun eremita que sobrevive illado nunha escuálida cabana de madeira con neve ata o pescozo durante seis meses ao ano, sen máis compañía ca dos huskies siberianos, debería ter o seu peso. E sin embargo todo esto debía descoñecelo o veciño de Xaviña que arranxaba os seus asuntos este venres 29 de novembro de 2013 nun monte próximo a Brañas Verdes cando avistou toda unha manada de lobos en impoñente acción canina.
  • Don José Álvarez Santos, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

    Don José Álvarez Santos deixou este mundo o xoves 19 de setembro de 2013

    Cando o verán estaba a piques de chegar oficialmente ao seu fin, a escasos días dun novo outono, sorprendía a morte na súa casa de toda a vida ao xaviñán José Álvarez Santos, máis coñecido por Pepe de Moreira. Este fatal acontecemento producíase este xoves 19 de setembro como consecuencia inevitable dunha longa enfermidade pulmonar.. Tiña o Señor Pepe oitenta e seis anos, estaba solteiro e non tiña fillos, aínda que como ben saben en Xaviña foi como un pai para a nosa querida amiga Raquel da Torre, á que cuidou e apoiou toda a vida como si fora unha filla da súa propia sangue. O seus restos mortais están sendo velados na súa casa do Sixto, ata que cara as 18:00 horas da tarde deste venres 20 de setembro de 2013 teña lugar o funeral de corpo presente na Igrexa parroquial de Santa María de Xaviña. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame para todos aqueles que quixeron sinceiramente en vida a Pepe da Moreira. Don José Álvarez Santos, Descanse En Paz.