Despois duns meses de relativa calma, volvía a azoutar a traxedia na tranquila parroquia de Xaviña cando as máis dolorosas espectativas de saúde dun querido veciño de Xaviña se facían realidade. Na tarde deste mércores 12 de xuño de 2019 esta redacción recibía a triste noticia da defunción do noso querido amigo Don José García Grille, máis coñecido como "Antonio da Roupa" aos seus tempranos 58 anos de idade. Don José Antonio, moi coñecido en toda a Costa da Morte debido ao seu traballo como vendedor ambulante polas feitas da bisbarra, falecía despois de sofrir un repentino trastorno de saúde que o deixaba ingresado en estado crítico no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para, finalmente, falecer na tarde de hoxe acompañado da súa familia. O corpo sen vida do noso querido amigo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de Xaviña ás 17:00 horas deste xoves 13 de xuño. Xa no sagrado templo xaviñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de don José Antonio para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Santa María de Xaviña onde Don José Antonio terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción o noso máis firme apoio a toda a familia de Don José Antonio García Grille, especialmente á súa dona Norma e ao seu fillo Antonio nestes durísimos momentos que están a pasar. Descanse en Paz.
Continúa a sucederse sen solución de continuidade esa vaga de defuncións que está a asolar toda a parroquia de Xaviña neste mes de abril de 2019. Na tarde noite deste domingo 28 do mes en curso esta redacción era coñecedora da triste noticia que anunciaba o falecemento do noso querido amigo e colaborador desta web Don Enrique Barreiro Mouzo aos seus tempranos 55 anos de idade. O corpo sen vida de Don Enrique está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 17:45 da tarde deste luns 29 de abril. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Enrique para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña onde os restos mortais deste querido veciño de Xaviña terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Don Enrique e ofrecerlles todo o noso apoio nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.
Na mañán deste domingo 10 de marzo producíase un dos actos máis viles e sacrílegos que se recordan neste concello. Cando á primeira hora da mañá deste domingo as encargadas do santuario de Santa María de Xaviña entraban no templo para prepararse co propósito de comezar a tradicional misa dominical xaviñana, déronse conta nada más entrar de que faltaban as imaxes das veneradas virxes da Dolores e Nuestra Señora. Ante a alarma xeralizada das encargadas procedeuse á acender todas as luces do interior da igrexa e iniciar a inspección do sagrado templo xaviñán para dar conta do extrano suceso. Instantes despois disto as encargadas atoparon a esas dúa imaxes nos bancos da igrexa. O caso é que estas dúas santiñas estaban totalmente despoxadas das alaxas e collares cos cales os seus feligreses as adornaran con total devoción.
Continúa o incensante goteo de defuncións que está a asolar todo o Concello de Camariñas. Ata cinco defuncións levamos nesta tráxica semana de comezaos de marzo de 2019. Na mañán deste sábado 2 de marzo a redacción desta web recibía aflixida a triste noticia da morte do querido veciño de Xaviña Don José López Blanco aos seus 83 anos de idade. Don José, cariñosamente coñecido en toda a parroquia de Xaviña por "O Pocho" está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 da tarde deste domingo 3 de marzo. Celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don José procederase a trasladar o seu féretro cara o cemiterio de Xaviña onde os restos mortais de Don José terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción todo o noso cariño e ánimos a todad a familia deste estimado veciño de Xaviña nestes duros momentos que está a atravesar. Descanse en Paz.
Volvían a soar melanólicamente as campás da igrexa de Xaviña na mañán deste xoves 21 de febreiro. Anunciaban os repiques no santuariuo xaviñán a triste noticia da morte da súa querida veciña Dona María Sambade Canosa na noite deste mércores 20 de febreiro de 2019 aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida de Dona María da Manera, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a parroquia, está sendo velada na súa casa da Costa en Xaviña, dende onde sairá ás 16:15 da tarde deste venres 22 de febreiro cara a Igrexa de Santa María para ser celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona María. A continuación o féretro será trasladado hacia o cemiterio veciñal de Xaviña onde os restos mortais de Dona María terán merecido descanso enterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María Sambade Canosa. Descanse en Paz.
Terrible a xeira de decesos de persoas xoves que leva asolando a todo o Concello de Camariñas. Na mañán deste martes 5 de febreiro de 2019 recibíamos a triste noticia do falecemento de Don Jesús Figueroa Canosa aos seus tempranos 61 anos de idade despois de estar convalecente durante tantos anos na súa casa de Xaviña. O corpo sen vida de Jesús do Alegre, tal e como era cariñosamente coñecido en toda Xaviña está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 da tarde deste mércores 6 de febreiro. Alí, no sagrado templo xaviñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Jesús para, acto seguido realizarse o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Jesús Figueroa Canosa. Descanse en Paz.
Páxina 1 de 4