• Temporal de mar na costa de Camelle

    O mar saltou por enriba do dique de abrigo de Camelle debido ao temporal

    A imaxe desta semana, que preludia o que está por vir (un longo e cansino inverno de temporais, marexadas, frotas amarradas e tardes na casa, ou bueno, no bar tamén) foi captada este pasado luns 28 de outubro en Camelle. Unha estampa polo demáis típica do porto camellán: as olas sobrevoando o seu dique abrigo. Con todo poido ser peor xa que existía unha previsión de fortísima marexada con ondas de ata sete metros que finalmente quedaron no clásico mar de fondo camellán, capaz de remontar sen maiores inconvintes todo un flamante espigón novo, e que trouxo consigo cantidades industriais de algazo Da necesidade os camelláns fixeron virtude e así un importante remanente do mellor fertilizante mariño repousa fecundo sobre as terras máis septentrionais do noso concello. Este ano a colleita prevese abundante en Camelle, parroquia na que terra e auga conxugan os seus esforzos para incluso nas peores circunstancias deparar sempre algo grandioso.
  • Grave incendio forestal entre Camelle e Arou

    Veciños de Arou contemplan preocupados o avance do lume que ameaza as súas casas

    A plaga de incendios que asolou Galicia este verán acabou por recalar finalmente no Concello de Camariñas. Eran sobre as 14:00 deste luns 23 de setembro de 2013 cando un grave incendio se declaraba na zona da Portela e a Lagoa, na parroquia de Camelle para ao pouco extenderse cara a outra vertiente do monte e situarse á altura da Estación Depuradora de Augas Residuais, sita a carón do porto de Arou. Dada a envergadura do lume, xa dende un primeiro momento desplazáronse ata o zona varias patrullas contraindencios incluida a propia do Concello de Camariñas que se atopaba noutro lume en Santa Comba, voluntarios de Protección Civil de Camariñas, a Guardia Civil e ata dous helicópteros e un hidroavión de loita contra o lume. Eran as primeiras horas da sobremesa cando lapas de certa magnitude descendían ameazadoras polo monte en dirección ás casas situadas nas inmediacións do porto arouán e os seus propietarios comenzaban a regar os terreos próximos por precaución.
  • Botellóns moi perigosos no Parque Infantil de Camelle

    Así apareceu perigosamente esta semana o parque de Camelle ao lado mesmo da Escola de Primaria
    A imaxe en verdade non podía ser máis idílica: un matrimonio newyorkino de clase alta celebra un picnic de cesta e mantel nun paradisíaco parque público. Rodeados dun céspede impecablemente trasegado, flores en ebullición e frondosas árbores, forman unha parexa de ensono: forte, robusto, co cabelo de raia o lado engominado e os pelos do peito asomando por debaixo da camisa de manga corta, sen esas modernidades que acabarían por vaciar e convertir en algo rídiculo o prototipo masculino uns anos despois, el; anxelical, modosa e dunha beleza case sobrenatural, monótona de tan perfecta, ela; dous fillos fermosos e sanos completan o cuadro. Entón, unha vez rematado o picnic, sen pararse a pensalo nin unha soa décima de segundo, Don Draper levántase e lanza polos aires a lata de cervexa recén finiquitada, a esposa ideal interpretada pola modelo January Jones axita sen moitos miramentos o mantel, deixando emporcado o céspede de restos de envases manufacturados, vanse para o coche e parten para a súa vida de extrarradio de clase alta. Se por algo non deixa de abraiar constantemente aos seus seguidores a serie "Mad Men" é pola súa perfecta, milimétrica, evocación dunha época e das súas costumes: se esto pasaba a mediados dos anos sesenta nos USA xa da pavor imaxinar o que podía acontecer naquela España.
  • Incendio no Barrio da Portela, Camelle

    O Concelleiro Juan Carlos Canosa contemplando as labouras de extinción do incendio

    Cando un concelleiro está ao que hai que estar, centrado no seu traballo, pendente de axudar aos seus conveciños e non perdido en loitas de poder dentro do seu partido político que só afectan aos directamente interesados, reclamando a grandes voces o dereito do seu xefe a un salario digno a conta do contribuinte, entón é o primeiro en presentarse en calquer pequeno incidente que aconteza dentro da súa xurisdicción electoral. Para non ir máis lonxe este domingo 28 de xullo de 2013, sobre as 17:00 horas, declarouse un incendio no Barrio da Portela, en Camelle. Axiña se puxo en marcha un dispositivo de emerxencias que levaba ata o lugar do suceso á Protección Civil de Camariñas, a unha brigada forestal e á Garda Civil, así como aos concelleiros Juan Carlos Canosa Marcote e a Sergio Caamaño, os cales se presentaban raudos no citado enclave camellán para comprobar in situ o estado da situación.
  • José Lavandeira Vieites D.E.P.

    José Lavandeira Vieites faleceu este venres 21 de xuño de 2013 - Foto: SD Camelle

    Un tráxico e estrano falecemento conmociona a vila de Camelle este venres 21 de xuño de 2013. Ao longo desta mesma mañán podíamos saber que un dos seus máis sinalados veciños, propietario dun local mítico na vila camellana, actual tesoureiro do seu renacido e victorioso club de fútbol local así como militante histórico do PP de Camariñas, José Lavandeira Vieites, coñecido popularmente como Pepe do Chalana, falecía aos seus 49 anos no Hospital Universitario da Coruña. Hosteleiro dun local recoñecido e exitoso, rexentador do céntrico e histórico Restaurante Chalana, acudía Pepe hai pouco máis dun mes a operarse dunha hernia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e por razóns que aínda descoñecemos dende aquela quedou en estado de coma tendo que ser trasladado ao hospital herculino ata que na mañán deste venres se producía o fatal desenlace. Falecía desta forma, aínda con moita vida por vivir, relativamente xoven, un dos veciños máis queridos e carismáticos da vila máis septentrional do noso concello sumindo á mesma nunha dor profunda e un estupor incomprensible por tan desgraciado acontecemento. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Costa de Vimianzo e o seu funeral de corpo presente terá lugar este sábado a partires das 20:30 horas, en todo caso vaia dende aquí o noso máis sinceiro pésame e apoio aos seus familiares e amigos. D. José Lavandeira Vieites, Pepe do Chalana, Descanse En Paz.
  • Modesto Tajes Sánchez D.E.P.

    Camelle de luto, aos seus 61 anos falecío Modesto de BajerasAos seus 61 anos falecío en Camelle Don Modesto Tajes Sanchez, popularmente coñecido na vila máis septentrional do noso concello como Modesto de Bajeras, patrón que foi dun barco mítico de Camelle, o "Galicia", portador perpetuo da Danza de Arcos camellana na súa Festa do Carme ata o tráxico día no que afundía esta embarcación lexendaria en Santa Mariña. Foi un cáncer de estómago o que en tempo récord levouse por diante a este mariñeiro exemplar ao que un 30 de xuño de 2011 éralle concedida xunto a Manuel e Francisco Tajes Méndez a Medalla de Ouro do Concello de Camariñas pola súa labor solidaria na búsqueda e rescate de afogados no mar.
  • Nova evacuación de urxencia

    O helicóptero de urxencias víose obrigado a actuar no noso concello de novoAcostumados como estábamos  á catarata de traxedias que durante esta primavera do 2012 está a asolar o Concello de Camariñas, na redacción de Camarinas.eu empezamos a temer o peor cando soubemos que cara ás 11:00 da mañán deste espléndido xoves 24 de maio o helicóptero de urxencias facía de novo aparición polas nosas terras. Concretamente era en Camelle onde un albañil, operario de Construcciones Tono, sufría un repentino ataque ao corazón que facía presaxiar nuns primeiros instantes de incerteza o peor. Inmediatamente os servizos médicos daban a voz de alarma, Protección Civil de Camariñas tomaba a disposicións necesarias e unha ambulancia e o helicóptero de urxencias desplazábanse cara a vila da cara norte do noso concello. Nembargantes a satisfactoria evolución do pacente así como os rápidos cuidados recibidos levaron a que finalmente fora evacuado cara o centro hospitalario en ambulancia sen ser necesaria a intervención do helicóptero que desta vez voltaba de baleiro cara a súa base. Así pois, nova mañán de sustos e sobresaltos, de vidas postas en xogo por un azar sinistro do destino, que gracias a Deus parece que non vai pasar a maiores.
  • Cetáceo varado na praia de Arou

    O cetáceo atopado na praia de Arou en avanzado estado de putrfacciónÉ evidente que os usuarios de Camarinas.eu son o alma-mater desta web que día si e día tamén nos comunican acontecementos e sucesos aos que esta redacción non pode chegar por razóns obvias. Desta volta mándannos dende Arou unhas fotos do cetáceo aparecido estes días nas súas augas e que rematou por encallar en avanzado estado de descomposición no fermoso e concurrido areal da citada poboación norteña. O caso é que aínda que o animal non sexa dun tamaño considerable o cheiro que chega a expeler é moi considerable e polo tanto todo aquel que se aproxime polo impresionante paseo marítimo de Arou vese obrigado a olfatear un intenso hedor a animais putrefactos (tal e como si pasáramos polo Muelle Novo de Camariñas). Entendendo o servizo que esta web realiza para o beneficio de todas as xentes do noso concello, esta redacción púxose en contacto con Protección Civil de Camariñas a cal ao mesmo tempo comunicouse co CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños). Acto seguido Protección Civil volvío a porse en contacto con Camarinas.eu para informarnos de que este organismo enviará unha unidade móbil nas próximas horas hacia a Praia de Arou para catalogar ao animal e proceder á recollida dos restos do mamifero mariño.
  • Traslado de urxencia en Camelle

    Momento no que o helicóptero aterriza en Camelle para intentar o traslado

    Un veciño de Camelle (Manolo do Roldán) empezouse a sentir mal sobre as 11 da mañán deste xoves 5 de xaneiro do recén comenzado 2012 cando traballaba nunha finca. Inmediatamente foi trasladado ata o centro médico camellán, onde a médica logo de facerlle un electro dou traslado do resultado ao 061 o cal movilizou unha ambulancia e un helicóptero para o seu traslado. O problema xurdío a hora de evacuar o enfermo xa que despois de telo todo arranxado para marchar no helicóptero, éste non puido obter permiso de vuelo debido ás condicións meteorolóxicas de néboa, feito que determinou que finalmente se optase por trasladar o enfermo en ambulancia. Sinalar que tamén se personaron na praia de Camelle a Policía Local, a Garda Civil é os omnipresentes voluntarios de Protección Civil
  • Temporal de inverno 15-12-2011

    O temporal deste xoves 15 de decembro deixouse notar na costa de Camelle e ArouÚltimamente ven sendo unha desagradable tradición que os grandes medios de comunicación, ao andar escasos de noticias, magnifican calqueira cousa que aconteza para darlle un tono dramático e así vender a súa historia. Nun setenta ou oitenta por cento dos casos acontece isto que vos contamos cando se trata de anunciar un temporal. E de repente aparecen as unidades móbiles de tódalas radios e televisións esparcidas polos recunchos da Costa da Morte sin que un sepa moi ben que é o que van a retransmitir dende aquí. O caso é que nin este temporal de mar foi tanto como anunciaban esas olas de 8 metros e nin siquera debería de ser necesaria a proclamación nerviosa polos diferentes gobernos e organismos de vixilancia de alerta algunha. Está ben ser precavidos, non decimos que non, pero tamén é necesario un pouco de bo xuizo ante estas situacións e non infundir o medo entre a poboación, sobre todo si se teñen os medios técnicos e humanos para saber que un humilde temporal de frío, chuvia e vento non vai a pasar a furacán. En fin, coma sempre en Camarinas.eu, houbo un avispado usuario que captou para esta web unhas imaxes do forte oleaxe que azotou esta mañá a costa entre Arou e Camelle que podedes ver a continuación.
  • Cetáceo morto na Praia de Arou

    ¿Outra víctima máis da terrible persecución do Lorcho?

    Eran cerca das 9 da noite deste martes 6 de setembro cando na redacción de Camarinas.eu recibíase a urxente chamada doutro avispado usuario da nosa web para informarnos da aparición dun cetaceo na Praia de Arou. O suposto mamífero mariño (que non lobo) era dun tamaño de considerables dimensións e, aínda que non se pudo confirmar a especia á que pertencía, falaban por alí os máis vellos do lugar que se trataría dunha grande toldiña que ven a morrer as tranquilas augas da Praia de Arou ao que outros rebatían esa hipótese e opinaban que podía tratarse dun ¿bebé? de cachalote abandonado pola manada ou morto por unha grave enfermidade... incluso hubo algún redactor desta web que decía cautelosamente que podía tratarse dun tiburón deses asasinos que tanto éxito tiveron no mundo do celuloide. O caso é que o animal pode levar xa varios días morto e á deriva si facemos caso ao deteriorado estado no que se atopa e ao edor pestilente que das súas entrañas emana.
  • Desaparición dun neozelandés en Traba

    Camelle base da búsqueda do neozelandés desaparecido

    En Camelle concéntranse todo o operativo de rescateSalvamento Marítimo, dependente do Ministerio de Fomento, coordina dende a tarde-noite de onte un operativo de busca para tratar de localizar un bañista desaparecido na praia de Traba, en Laxe. Dende primeiras horas da mañá están a efectuar a busca a "Salvamar Mirfak", a embarcación auxiliar do buque "Don Inda" e os helicópteros "Helimer 211" e "Helimer 210" todos eles de Salvamento Marítimo; así como unha lancha da Cruz Vermella, e efectivos de Protección Civil de Laxe, por terra. Así mesmo vanse sumando ao operativo de busca mergulladores da Base Estratéxica de Salvamento Marítimo e da Garda Civil (GEAS). Arredor das 21:00 horas de onte (hora local), recibiuse unha chamada a través do 112, que alertaba da falta de noticias dun home duns 30 anos e nacionalidade neozelandesa, que entrara a bañarse na praia de Traba ás 18:00 horas e no momento da alerta aínda non regresara. De inmediato, dende o Centro de Salvamento Marítimo (CCS) en Finisterre mobilizáronse medios marítimos e aéreos para tratar de localizar o desaparecido. Os medios que participaron no operativo durante a noite de onte foron os seguintes: "Salvamar Altair", permaneceu na zona toda a noite, ata ser relevada ás 5:00 horas pola "Salvamar Mirfak", a embarcación auxiliar do buque "Don Inda", o helicóptero "Pesca I", a lancha Ataín da Cruz Vermella e efectivos de Protección Civil de Laxe-realizaron a busca por terra.
  • Incendio forestal en Camelle e Arou

    O Concelleiro Sergio Caamaño realizando a chamada aos helicópteros da Xunta
    Era as 11 e cuarto da mañá deste soleado e veraniego xoves 11 de agosto cando na parroquia máis norteña do concello saltaron tódalas alarmas a causa dun incendio declarado no monte denominado Alto do Canaval que ocupa as hectareas que separan os pobos de Camelle e Arou. O incendio era visible dende os dous pobos xa que se declarou na cresta do monte. Debido ao forte vento predominante durante toda esta mañá o lume extendeuse sen problemas e pronto se puxo en marcha por parte dos veciños e tamén por parte do Concello de Camariñas un operativo de urxencia para tratar de evitar que o pequeno pero inaccesible cacho de monte que estaba a ser pasto das crecentes lapas pudera converterse nun incendio de considerables dimensións. Ata o incendio tamén se acercaron para axudar nas labouras varios concelleiros do Concello de Camariñas entre os cales se podía ver especialmente preocupadas á representante de Camelle Mercedes Martín e de Arou Gemma Pedreira.
  • Semana de Temporal na Costa

    Camarinas.eu desprazouse a Camelle para ver si o temporal tiraba ao mar co pouco que quedaba do Museo de Man

    Despois dos efectos devastadores da cicloxénese explosiva así chamada Becky esperábase con expectación a chegada do enésimo temporal ás nosas costas. Pero nada: de destrucción masiva e caos apocalíptico, nada de nada. Dixeran, as catro da tarde, ca pleamar, a furia asesina das ondas acometerá a demolición definitiva do coqueto porto santamariñán. Pero salvo un pequeno engrandecemento dos dous ocos provocados por Becky e un pouco máis de asfalto arrancado por aquí e por alá, pare usted de contar. Presaxiaran, ¡ah, Camelle! o pouco que quedou de Museo de Man, ¡¡hoxe vai todo polo aire!! E o único que voaba eran as olas competindo maxestuosamente en salto de altura de banda a banda do recente e muchimillonario espigón do seu porto.
  • Efectos do Temporal Becky

    Camarinas.eu recorda os efectos do Temporal Becky a través dun impresionante vídeo

    A noite do pasado 9 de novembro de 2010 marcou o punto álxido dunha tempada invernal 2010-2011 máis suave do previsto no que a temporais se refire. Dende entón unha sucesión encadeada de días de frío e chuvia marcaron a axenda climática dun Concello de Camariñas que non coñecío do retorno de cicloxéneses explosivas de envergadura ás súas terras. Nembargantes a furia que os elementos chegaron a acadar na salvaxe e por momentos apocalíptica noite do martes 9 de novembro será recordada durante anos nas poboacións máis septentrionais do noso concello, unha data na que o mar asolou ata o último recuncho do Porto de Santa Mariña, derruío unha carretera en Arou ou devastou o conxunto artístico posiblemente máis valioso da Costa da Morte.
  • Destrozos en Camelle e Arou II

    O temporal devastou o Museo de Man e as casas do seu entorno nun día apocalíptico en Camelle

    Visitar na mañán deste martes 9 de novembro de 2010 o Museo do Man e as casas do seu entorno equivalía a adentrarse nunha terra devastada, nunha zona cero semellante por momentos ao paisaxe resultante do maremoto de Indonesia ou ao rastro que deixa calqueira dos furacáns que asolan periódicamente o sur de Estados Unidos. O mar reclama os terreos que lle pertencen e cáseque anticipa a destrucción das casas ás que a piqueta da axencia da legalidade urbanística seguramente non tardará en meter man. Un tifón asolou a zona norte do Concello de Camariñas e deixou ao seu paso por Camelle muros de pedra, de bloque, reventados, casas inundadas, piletas volteadas, obras de arte destrozadas, carreteras derruidas... Con todo, o dano cebouse especialmente co Museo de Man onde a simple vista podían vislumbrarse as cicatrices irreparables infrinxidas por un mar desenfrenado e atronador ao entorno artístico máis célebre de toda a Costa da Morte. Posible e desgraciadamente a tempestade que dende a verde Irlanda cubrío a marchas forzadas un camiño de centos de millas marinas para asolar a costa galega marcará un punto de non retorno en relación ao conxunto artístico ao que Manfred Gnadinger consagrou toda unha vida. Triste destino o das artes nestas terras.
  • Destrozos en Camelle e Arou

    O Museo do Alemán de Camelle sufrío graves destrozos este noite debido ao temporal

    As primeiras noticias que empezan a chegar dende Camelle e Arou non poden ser máis alarmantes. O forte temporal que arribou ás costas galegas na tarde deste luns 8 de novembro causou estragos nas dúas poboacións do noso concello máis expostas pola súa situación estratéxica aos temporais chegados dende o noroeste e así un regueiro de destrozos alfombra o camiño que vai dende Santa Mariña ata Camelle. Especialmente grave foi o acontecido na vila máis norteña do concello onde un mar desencadenado causou destrozos alarmantes no conxunto artístisco invaluable do Museo do Alemán. O land-art (arte efímero) de Manfred Gnadinger resultou ser máis fugaz que nunca e quen sabe si algún día poderán repararse os gravísimos destrozos causados no Museo de Man. Asemesmo, un tramo da carretera que leva de Arou a Camelle, entre o porto arouán e a nova EDAR, desaparecío literalmente do mapa, arrasada por un furacán de mar e pedras. A forza das augas chegou incluso a desprazar varios metros os balaustres de pedra maciza que adornan a praia arouana, situación que xa foi arranxada a primeiras horas da mañá por un equipo do Servizo Municipal de Obras. Tamén puidemos saber que o temporal causou danos de consideración no porto de Santa Mariña, arrasando nasas, casetas, barandillas e carreteras. Por outro lado, a normalidade foi a tónica detonante na capital municipal onde o temporal apenas se deixou sentir. Foi na cara norte do concello onde o cicloxénese explosiva do luns 8 de novembro de 2010 será recordada, desgraciadamente, durante anos.
  • Traxico accidente dunha embarcacion de Camelle

    Dúas víctimas mortais nun terrible naufraxio en Soesto

    A traxedia caeu esta tarde sobre a vila de Camelle
    A traxedia caeu esta tarde sobre a vila de Camelle
    O mar volve a tinguir de luto a Costa da Morte. Hoxe sobre as 5 da tarde prodúxose un terrible naufraxio no Praia de Arnedo en Soesto (Laxe) ao volcar a lancha "Porteiro Taboada", con base en Camelle, onde faenaban dous veciños da citada localidade, o patrón da embarcación Fernando Porteiro Tajes, de 45 anos e Manuel Mouzo Suárez, de 60 anos. Os dous tripulantes, que estaban recollendo as nasas, caeron ao bravo mar que se picara dabondo dende esta mañá e afogaron. O corpo de Fernando Porteiro xurdío na mesma praia de Arnedo, mentras o de Manuel Mouzo foi rescatado no mar polo Juanito II, barco camellán que se deprazaou ata a zona para colaborar nas labouras de rastreo e búsqueda dos náufragos. Desde camarinas.eu sumámonos á profunda dor que se está a vivir na vila de Camelle e animamos a tódolos nosos usuarios a que nos comentarios deixen testimonio do seu profundo pesar e apoien nestes duros momentos aos familiares e amigos de Fernando e Manuel, dous nomes máis que se suman a longa lista de mariñeiros falecidos na Costa da Morte. Descansen en Paz. Nestes duros momentos nada mellor que unha impresionante oda de despedida de camarinas.eu a dous mariñeiros falecidos e os comentarios de condolencia dos usuarios da nosa web.
  • Unha serpe morde a unha nena en Arou

    Imaxe dunha víbora Seoane
    Imaxe dunha víbora Seoane
    Esta tarde-noite unha rapaza de Arou foi mordida por unha serpe mentres paseaba coa súa nai.
    Os redactores de camarinas.eu tiveron noticias do ataque dunha serpe a unha rapaza de Arou. Estamos á espera de confirmar os datos, pero temos constancia de que a dita rapariga atópase no hospital, estable e recibindo tratamento contra o veleno desta serpe que presumiblemente se trataba dunha víbora. Estaremos ao tanto para informar do estado da nena toda esta noite. Se tendes algunha información podedes compartila comentando este artigo.
  • Invasion de turistas na Casa do Alemán de Camelle

    Os turistas sortean facilmente as vallas
    Fai uns días, os redactores de camarinas.eu, fomos testemuñas do que está a acontecer en Camelle semana tras semana. Os turistas procedentes de moitos puntos de España (incluso algúns autobuses) sortean facilmente as ruinosas vallas que protexen o museo da entrada de curiosos, ou algo peor. ¿Quen nos asegura que non se está a expoliar o legado de Man? Ademáis, estes turistas corren serio perigo de accidente xa que entran no museo trepando e sorteando os penedos e pedras da costa e tamen se suben ás que alí puxo Man, como se pode ver na reportaxe fotográfica que podedes ver no interior da noticia.