• Eduardo Pasantes Mouzo, Descanse en Paz

    Eduardo Pasantes Mouzo, Descanse en Paz
    Este domingo 19 de outubro de 2014 a redacción de Camarinas.eu recibía a triste noticia da morte de Don Eduardo Pasantes Mouzo aos seus 85 anos de idade debido a complicacións graves no seu estado de saúde. Don Eduardo está sendo velado na súa casa do emblemático barrio camariñán de Corea dende donde sairá o seu corpo sen vida ás 17:00 horas cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo onde se celebrará o funeral de corpo presente para despois ser soterrado no Cemiterio de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Eduardo Pasantes Mouzo. Descanse en Paz.
  • Ramón Castiñeira Suárez, Descanse en Paz

    Ramón Castiñeira Tajes, Descanse en Paz
    Esta soleada mañá deste martes 2 de outubro amencía Camariñas con outra tráxica noticia ao coñecerse a morte do noso querido veciño Don Ramón Castiñeira Suárez. Don Ramón viña arrastrando hai xa anos unha grave enfermidade que ao final acabou coa súa vida. O corpo sen vida do noso amigo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín e está previsto que o seu funeral de corpo presente se realice este venres 3 de outubre de 2014 na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Ramón Castiñeira Suárez. Descanse en Paz.
  • Manuel Jesús Barcia María, Descanse en Paz

    Manuel Jesús Barcia María, Descanse en Paz
    Semana tráxica a acontecida no Concello de Camariñas. Este noite do luns 15 de setembro de 2014 recibíamos conmocionados a triste noticia do falecemento no seu domicilio da cidade de A Coruña do noso querido amigo Manuel Jesús Barcia María, máis coñecido en Camariñas como Manolo de Fermín aos seus 50 anos de idade. Persoa afable e querida en todo o noso concello, Manolo estaba casado coa nosa querida amiga Amelia coa cal tiña unha filla en común, Tamara. Noso Manolo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá cara á Igrexa Parroquial de San Xurxo este mércores 17 de setembro pouco antes das 17:00 horas onde será celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a todos os amigos e familia do noso querido Manolo así como tamén dar todo o noso apoio á súa dona Amelia e a súa filla Tamara nestes durísimos momentos que están a atravesar. Manolo de Fermín, Descanse en Paz querido amigo.
  • José Pérez Romero "O Mantido", Descanse en Paz

    José Pérez Romero "O Mantido", Descanse en Paz
    Despois dunhas duras semana ingresado no Hospital Universitario da Coruña, as peores noticias acabáronse confirmando e finalmente na noite deste domingo 14 de setembro de 2014 falecía José Pérez Romero, Pepe o Mantido. Lexendario empresario da construcción de obra pública, foi nos anos 60 cando procedente de Carnés acabou instalándose xunto á súa familia no Barrio de Corea e pasando a ser un camariñán máis. Persoa afable, de trato fácil e excepcionalmente dotada para as relacións sociais, extendío o nome da súa empresa por toda Galicia e a nómina das súas amistades sería prácticamente inacabable. Persoa entrañable, desas que un non olvida, desprendida e desinteresada nestes últimos anos disfrutou da vida na finca familiar da Carretera do Faro, onde un podía apreciar a pegada do seu talento de mestre canteiro. Falecía Pepe O Mantido aos 78 anos e os restos mortais deste célebre empresario están sendo velados no Tanatorio Costas de Vimianzo ata que as 17:30 horas deste luns 15 de setembro se encamiñen cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo onde a partires das 18:00 h. terá lugar un funeral de corpo presente que se preveé especialmente concurrido, tal sempre foi a simpatía e cariño que Pepe e a súa familia despertaron entre os camariñáns. É por elo que os redactores desta web queren enviar un forte abrazo e un sinceiro pésame a unha familia que ve deste xeito desaparecer ao seu patriarca. Nestes momentos queremos estar ao lado de Gloria, a súa esposa, de Maruja, a súa filla, de José Antonio, o sue xenro e dos seus netos Adriana, Martín  e Javi. Ánimos e forza a todos eles nestes duros momentos. Foise Pepe O Mantido, unha auténtica lenda, imprescindible para comprender a Camariñas destes derradeiros 50 anos. Poucas veces unha persoa deixará mellor recordo en todos aqueles que tivemos o privilexio de tratalo. Pepe, Descansa En Paz e que Deus o Noso Señor che teña na súa Gloria.
  • Manuel Lista Carril, Descanse en Paz

    Manuel Lista Carril, Descanse en Paz
    Na tarde deste martes 9 de setembro de 2014 falecía no hospital antigamente coñecido como Juan Canalejo de A Coruña o camariñán Manuel Lista Carril. Facíao aos seus 74 anos  tras unha longa enfermedade que o levou a estar ingresado no centro médico herculino dende o mes de xullo. Deixa o Señor Manuel catro fillos que están velando actualmente o cadáver no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín ata que cara as 17:45 horas deste mércores 10 de setembro se encamiñe a comitiva fúnebre cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo onde terá lugar o seu funeral de corpo presente como paso previo a que os seus restos mortais reciban cristiana sepultura no camposanto camariñán. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame para os seus amigos e familiares. Don Manuel Lista Carril, Descanse En Paz.
  • Dona Rosa Lista Ramos, Descanse en Paz

    Dona Rosa Lista Ramos, Descanse en Paz
    Triste mediado de mes en Camariñas onde este pasado luns 11 de agosto de 2014 debíamos contabilizar un novo deceso. Tratábase da Señora Rosa Lista Ramos que tras unha longa enfermedade que fixera do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee cáseque unha fogar para ela falecía aos 93 anos. Veciña de toda a vida da Praza da Insuela, os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Municipal de Camariñas de onde se encamiñarán ata a Igrexa Parroquial de San Xurxo, na que a partires das 20:30 horas deste desapacible martes 12 de agosto de 2014 terá lugar o seu funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame e condolencias para os seus familiares e amigos. Dona Rosa Lista Ramos, Descanse En Paz.
  • Accidente de circulación entre dous turismos en Buría

    Eran xa pasadas as 3 da tarde deste veraniego xoves 19 de xuno cando na tranquila e apacible zona de Buría á altura do cruce entre as rúas de Riás e Cabreira producíase unha aparatosa colisión entre dous turismos. A pesar de ser un choque casi frontal entre os dous coches os seus ocupantes non sofriron lesión algunha e o suceso non pasou a males maiores. Dende Camarinas.eu queremos recordar a todos os nosos usuarios e lectores que estimen a precuación ao volante sobre todo en lugares como este cruce entre Riás e Cabreira.
  • Martes de incidentes médicos en Camariñas

    Mañán movida en Camariñas onde os sobresaltos de carácter médico sucedéronse sen solución de continuidade. En efecto, entre os primeiros raios de sol que pugnaban por abrirse paso a regañadentes entre o ceo maiormente encapotado deste martes 10 de xuño de 2014, os servicios médicos tiveron que facer dúas intervencións na Vila das Palilleiras. Unha delas tiña como protagonista ao tripulante dun iate atracado na rada camariñana o cal era víctima dun infarto de miocardo que obrigaba a aterrizar no Muelle Novo da vila ao helicóptero de emerxencias para trasladalo de suma urxencia cara o centro médico. A outra incidencia afectaba a un veciño de Camariñas ao que tamén lle daba un infarto ao corazón sendo neste caso trasladado ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee na ambulancia medicalizada do servizo de emerxencias. Parece que o bo tempo ábrese paso con sobresaltos en Camariñas.
  • Incendio forestal na zona da Atalaia en Camariñas

    Apocalípticas imaxes as que se podían ver en Camariñas nas primeiras horas deste venres 16 de maio de 2014. Imaxes dun espeluznante lume botándose enriba das casas, queimando a masa arbolada da así chamada zona da Atalaia, mirador privilexiado dende o que se divisa toda a vila. Segundo os datos que puido recopilar esta redacción eran preto das 00:00 horas do día que recén entraba cando na citada Atalaia se declaraba un incendio que nos momentos de maior apoxeo alanzou certa envergadura, declarando testigos presenciais que viron neses mesmos instantes lanzarse algún tipo de bengala que poderían estar na orixe dun lume que puxo en serio perigo as casas situadas na periferia superior do Barrio do Campo. De ser esto certo, estaríamos ante un incendio premeditado, o segundo que encara Camariñas na mesma semana depois de que na madrugada do luns se intentara plantarlle lume ao Cafe Bar Jose Manuel. Unha vez dada a alerta ata o lugar dos sucesos desprazáronse Protección Civil de Camariñas, unha escuadrilla contraincendios así como o Alcalde, os cales estiveron na zona ata que cara as dúas da mañán dábase o incendio por definitivamente extinguido. Misterioso suceso o acaecido na noite de autos, do que daremos conta das súas novidades no caso de que se vaian producindo.
  • Incendio intencionado do Bar José Manuel de Camariñas

    Cando cara as 21:00 horas do domingo 11 de maio de 2014 a parroquia madridista abandoaba, cabizbaixa, o seu templo habitual en Camariñas despois de que o Real Madrid dera en tirar pola borda unha nova liga nun esperpento de partido, non podían nin imaxinar que o peor aínda estaba por chegar. Foi segundo os veciños da Rúa de O Areal na madrugada cando tiña lugar na Vila das Palilleiras un acto vandálico inxustificable que, a pouco máis, puido convertirse nunha traxedia. Acontecía cando un ou varios descoñecidos rociaban a fachada do Bar José Manuel con un líquido inflamable e acto seguido lle prendían lume. As consecuencias de tan incalificable e gravísimo suceso están á vista na foto de portada aínda que, como decimos, a cousa pudo ser moito máis grave xa que de chegar as lapas ao tellado da casa este incendio podería propagarse hacia ás vivendas contiguas. Según fontes policiais o suceso está sendo investigado en detalle para tratar de averiguar os autores deste gravísimo acto vandálico, aínda que o ensañamento e gratuidade da agresión non deberían levar cara un arco demasiado grande de sospeitosos. En todo caso, dende Camarinas.eu queremos dar todo o noso apoio a noso amigo José Manuel Tajes e a toda a súa familia, víctimas dun atentado inxustificable. Ánimo amigos.
  • Dona María Rosario Toba Rego, Descanse en Paz

    Nun espléndido día primaveral, pletórico de bo tempo, foi a falecer tristemente a nosa querida amiga Dona María Rosario Toba Rego aos seus 60 anos de idade. Veciña da Rúa do Areal de toda a vida, falecía este venres 11 de abril de 2014 Dona Rosario aos seus 60 anos deixando dous fillos, Álvaro e Sonia. Os seus restos mortais están sendo velados nas instalacións do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín ata o momento en que a comitiva fúnebre se encamiñe a partires das 20:30 horas deste sábado 12 de abril cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo, onde terá lugar o funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame e as nosas máis sinceiras condolencias a familia e amigos. Dona María Rosario Toba Rego, Descanse En Paz.
  • Doble falecemento en Camariñas este martes 1 de abril de 2014

    Martes negro o do primeiro día de abril en Camariñas. Sendos falecementos acaecidos con escasas horas de diferencia levan o pesar e a dor a toda a veciñanza camariñana. O primeiro dos caídos neste triste día era Don Ramón Blanco Carril sinalado burián de toda a vida, presidente que foi en varias ocasións da Comisión de Festas de San Xurxo, legado éste que soubo transmitir aos seus descendentes, varios dos cales sempre estiveron volcados na organización das festas grandes de Buría. Falecía Don Ramón aos 82 anos, deixa catro fillos e os seus restos mortais están sendo velados na súa casa familiar. O segundo gran foco de dor neste día negro hai que buscalo na Rúa Pinzón, onde residío prácticamente toda a súa vida Mª. Trinidad Riveiro Campaña, a cal tristemente falecía aos seus xoves 55 anos. Deixa Mari Trini dous irmáns con vida, Rosita e Juan, e tres sobriños. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín. Ambos enterros terán lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo este mércores 2 de abril de 2014. Con todo o sentimento da nosa alma, vaia o noso máis sinceiro pésame por estes dous camariñáns que deixaron de existir un negro martes primeiro de abril do Ano do Noso Señor de 2014. Descansen En Paz e que Deus os teña na Súa Gloria.
  • Dona Elvira Miranda Romar Descanse en Paz

    Despois dunha tempada de relativa tranquilidade, a negra sombra da morte voltou recalar en Camariñas. Concretamente en Buría, onde unha das súas veciñas de toda a vida, Dona Elvira Miranda Romar, falecía na mañán deste sábado 29 de marzo de 2014 aos 81 anos. Producíase o luctuoso suceso na súa casa familiar e deixa Dona Miranda esposo, Inocencio López Rey e tres fillos: Manuel, Isabel e Rosa. Os seus restos mortais están sendo na propia Camariñas, no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín ata as 15:00 horas do domingo, momento na que a comitiva fúnebre encamiñarase polas rúas da vila ata o templo parroquial de San Xurxo, onde a partires das 15:15 terá lugar o funeral de corpo presente desta veciña de toda a vida das alturas da Camariñas da súa alma. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis respetuoso pésame e os nosos máis sinceiros ánimos para a súa familia por este triste trance que os aflixe. Dona Elvira Miranda Romar, Descanse En Paz.
  • Misterioso Incendio na Península do Vilán

    O estrano mércores 19 de marzo do Ano do Señor do 2014, Día de San José, rematou tal como escomenzara: cunha aparatosa incidencia que facía poñerse en alerta roxa aos servizos de seguridade e algareaba as mentes maliciososas da boa veciñanza camariñana. A que acontecía cando remataba o día tiña lugar pasadas as 23:30 horas da noite cando uns intrigados veciños vían pasar a toda mecha en dirección ao Cabo Vilán a unha amplia comitiva integrada por vehículos de Protección Civil, da Guardia Civil e o camión dos Bombeiros de Cee. Os máis curiosos no tardaron en seguir a pista da concurrida caravana ata preto da Piscifactoría onde foron freados en seco por un robusto cordón de seguridade que ocultaba algunha llama furtiva detrás. Foi entón cando unha conclusión evidente se fixo forte nos miolos camariñáns presentes: comandos de élite das tropas do Ministerio do Interior do Goberno da Federación Rusa (sen distintivos) ocuparan a Península do Vilán co obxectivo declarado de reintegrar a súa integridade territorial á Madre Patria. Sendo esto así entre os presentes douse xa por sentado o que sería o resultado do futuro referéndum ilegal a celebrar entre os habitantes empadroados no Faro Vilán, prófugos da Guerra Civil olvidados nas covas da Arnela incluidos. Ao oír falar de referéndum ilegal algúns non tardaron en botar o seu cuarto a espadas elucubrando que non, que se trataba de tropas paramilitares independentistas catalanas se ben estas tomaban as armas co pretexto da protección dos barcelonistas locais ante o vindeiro clásico  con vistas tamén todo elo a celebrar un referendo secesionista (e posterior integración do Faro no futuro Estado Catalán), a poder ser xa no 2014, senón pois xa independizarían o Vilán unilateralmente.
  • O Botines rescatado polo Salvamar Altair no Xamboi

    Cara ás 7:30 da mañán deste mércores 19 de marzo de 2014, Día de San Xosé, acontecía unha nova incidencia nun ano pródigo en sucesos de todo tipo en Camariñas. Desta volta, sen embargo, non cabía achacar a causa do mesmo á climatoloxía senón  a unha avería mecánica. Ésta producíase na embarcación con base no porto de Camariñas Botines a cal tras que lle rompera a bomba de auga doce quedaba á deriva  a altura do Xamboi, xusto á entrada da Ría de Camariñas. Chamado de urxencia a lancha de Salvamento Marítimo Salvamar Altair, ésta desprazábase de inmediato ata o lugar onde ía á deriva o Botines e empezaba o remolcamento do mesmo cara o Porto de Camariñas, onde chegaba sen maiores consecuencias para comenzar xa de inmediato o arranxo da súa avería no motor. Pequeno susto polo tanto que non pasou a maiores gracias á rapida e profesional actuación da lancha de Salvamento Marítimo, cuia labor na alborada de hoxe pasamos a reproducir no seguinte vídeo.
  • Accidente de circulación na Carretera do Faro

    Espeluznante imaxe do accidente acontecido na outrora idílica Carretera do Faro de Camariñas
    Aparatoso accidente de tráfico o acontecido nas últimas horas da tarde deste caluroso xoves 6 de marzo de 2014 na perigosa Carretera do Faro de Camariñas. Por causas aínda por determinar un turismo que baixaba cara o porto embestía violentamente contra unha furgoneta Peugeot Partner (francaise) aparcada na beira da estrada resultando como consecuencia da brutal colisión que o vehículo quedaba boca abaixo no asfalto deste letal vial camariñán. En principio falábase dun vehículo de marca Volkswagen, pero xa nos parecía a nos raro que un auto de orixe teutónica, elaborado concienzudamente por superhomes xermánicos en elitistas factorías bávaras acabara tirado así, sin más ni más, no medio da calle, aínda que se tratase da agora tan perigosa por razóns que non veñen ao caso Carretera do Faro. Un coche alemán non queda escangallado así como así, señores, e como non podía ser menos finalmente saltou á palestra a teoría de que se trataba dun moito máis modesto Alfa Romeo, elaborado por vocingleros giuseppes trasalpinos conforme ao seu bo saber e entender seguramente nunha fábrica da Catania, incluso ao mellor de Sicilia, en fin, Dios saberá onde. Un pánzer xermano que finalmente resultou ser italiano e que anda embestindo sin xeito furgonetas francesas. Foi como se a Unión Europea, os seus Imperios Centrais, andiveran a garrotazos neste agora tan conflictivo rueiro de Camariñas. Por outra parte e aínda que novamente poda parecer increíble non hai que lamentar maiores consecuencias para a integridade física dos seres humanos concernidos polo suceso que sendos cortes na cabeza e nunha man para o conductor do vehículo itálico, o cal ipso facto foi trasladado (en outro vehículo se entende) cara o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. En verdade xa é difícil imaxinar que nunha rúa como a mencionada Carretera do Faro se poidese ver algún día unha imaxe como a que amosamos en exclusiva na nosa portada pero por algún estrano designio dun tempo a esta parte parece como que sobre este antigamente querido vial camariñán estivera suspendido todo un conglomerado de malignas sombras siniestras que, como non podía ser menos, obran o seu efecto destructivo e demoledor.
  • Temporal de alerta vermella na costa de Camariñas

    No inverno dos récords, outro caía na tarde do día de autos, terceiro de marzo de 2014: o da onda rexistrada máis alta da tempada no Vilán cunha altura de nove metros. Tamén hoxe, mercede ao Temporal Cristina, asistíamos á enésima peripecia da gabarra moldava Prima que acababa finalmente varada na praia de bolos de Reira en cuias proximidades foi a embarrancar providencialmente hai agora mes e medio. Foron a forza dos tombos os que a levaron ata terra, facilitando sobremaneira, quen sabe, o seu futuro desguazamento. Aínda que outra posibilidade que non debería desbotarse, sería o de conservala no estado actual no seu xusto emplazamento, como atracción turística de masas, como novo museo de land-art (arte efímero) ao aire libre. Centos de toneladas de materia ferruxinosa, en estado óptimo de oxidación, ca súa carga sentimental de drama ucraniano engadido, de fío vector entre portos senlleiros como os de Odessa e Camariñas, o da veciña dúas veces Cidade Héroe de Sebastópol tamén, todo unha obra de arte emblemática dun tempo, un lugar e unha sociedade. Incluso, quen sabe, si as finanzas do Concello o permitisen, debería barallarse moi seriamente a posibilidade de plantar o Prima en Madrid o ano que ven na Feira Internacional de Arte Contemporáneo (ARCO) e veña a forrarse as arcas municipais. Vendo o que alí se expoñe, que a ninguén lle caiba a máis mínima dúbida que ningunha obra estaría á súa altura. A deshumanización da Arte, que predixera con acerto en tempos Ortega y Gasset.
  • María do Carmen Castro Carril, Descanse en Paz

    No medio da peor vaga de temporais, nunha época caracterizada por días de moita chuvia e abundante frío, fóisenos outra veciña de toda a vida de Camariñas. Da Calle Real en concreto, ao carón mesmo do emblemático Bar Piña. Este martes 18 de febreiro de 2014 falecía aos seus 81 anos de idade Dª María Castro Carril, María de Barbiñas. Deixa Dona María esposo,  Adolfo Rodríguez Gil, dous fillos Adolfo e Xosé Manuel e unha filla tristemente falecida hai un tempo en Muxía, Dolores así como netos e fillos políticos que choran a súa marcha. Todos os amigos e demáis familiares desta camariñana non terán que marchar do seu pobo para acompañala nestes derradeiros intres, bastará con achegarse ata o Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín, de alí tras rematar o velatorio marcharán cara ás 15:45 horas deste mesmo mércores 19 de febreiro cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo, onde terá lugar o seu funeral de corpo presente. Vaia dnede esta redacción o noso máis sinceiro pésame a todos seus familiares e amigos. Dona María Castro Carril, Descanse En Paz.
  • Diluvio universal en Camariñas esta madrugada do 17/02/2014

    Continuamos aquí en Camarinas.eu co parte diario de destrozos que está a traer consigo o curso invernal 2013-2014, ca derradeira mostra de ataques perpetrados pola peor vaga de vandalismo medioambiental da que se teña coñecemento. Algo que parece xa máis un parte de guerra ao cal un se achega diariamente para seguir con detenimento o grupo de cidades que van caendo en mans xermanas conforme sigue adiante relampagueante esta Operación Barbarrosa atemporalada ou o seu triste reverso de capitais europeas que primeiro dentro das fronteiras patrias e despois alén delas eran recuperadas polas tropas soviéticas. O que nos conta o parte do 17/02/2014 é que tras chegar sorpresivo a dominios camariñáns unha tromba de auga descomunal, un novo diluvio universal que pouco máis deixa algunha que outra embarcación no cumio non do Ararat senón do Monte da Vela, entre as perdas materiais descubrimos como despois de dura e heroica loita, alá ata onde chegaron as súas derradeiras forzas, derrumbouse con estrépito o muro de bloques que dende tempo inmemorial separaba a fábrica de Cerdeiras da beirarrúa na Avenida de Cedeira; como casas quedaron anegadas; como o lavadero de Area da Vila víose impotente para evitar que unha avalancha hídrica inundara de tropas invasoras os seus dominios deixándoo completamente fóra de combate, ou como non moi lonxe, nesa mesma praia, froito da invasión acuosa surxía un regato de certa importancia que dividía o areal en dous de xeito que imposibiltaba o normal tránsito polo mesmo e conectaba ca corrente de auga principal. A moral das tropas está cada vez máis feble e endeble, un xa non lle ve fin a este val de bágoas, pero con todo intentaremos seguir resistindo.
  • Os temporais amputan a "Nariz" do Vilán de Fora

    Os temporais amputan a "Nariz" do Vilán de Fora
    Esta mañán a redacción de Camarinas.eu recibía vía wassap dun lector unha imaxe que amosaba moi ás claras toda a devastadora potencia dos temporais que están a caracterizar o curso invernal 2013-2014: nun momento concreto da vaga de cicloxéneses explosivas que asolan a costa de Camariñas estes turbulentos días, un dos seus monumentos naturais emblemáticos, o Vilán de Fóra, vería amputada a sua célebre "nariz" polo impacto dunha onda xigante que se levou cara o fondo dos mares parte deste promontorio rochoso. Posta en antecedentes, Camarinas.eu desprazábase na tarde deste 10 de febreiro de 2014 ata o lugar dos feitos e captaba as primeiras imaxes do farallón camariñán presuntamente recén desnarigado. Elo tal vez aconteceu  no curso da mesma noite en que nunha recollida península das Rías Baixas unha explosión piroplástica descomunal, un estruendo como nunca antes fora visto dende a creación dos planetas, encolleu sobre as 2:45 horas da madrugada o corazón de toda unha veciñanza que quedou co corpo literalmente temblando. Nin unha soa das súas 11.000 almas, así como cans, gatos, galiñas e fauna animal a maiores escapou ao sonido dun trono tan inconmensurable que pareceu indicar que o fin do mundo era chegado e que as boas xentes cristianas podían ir xa encomendado a súa alma ao Divino Creador. Entón un entendeu en toda a súa magnitude o maior dos medos que atenazaban a Astérix, Obélix e a aldea gala que resistía victoriosamente frente ao invasor "Que el cielo se desplome sobre nuestras cabezas". Mentres, o que sí se desplomaría un día destes sería a "Nariz do Vilán de Fóra", amputada da rocha eterna na que levaba aguantando temporais dende a creación do mundo. As prediccións climatolóxicas para os próximos días indican a chegada de novos temporais encadenados, que a bo seguro virán acompañados do seu rosario de destrucción, morte e medo. Esto parece non ter fin: Que Deus nos colla confesados.