• Enrique Vázquez Méndez D.E.P.

    Aos seus 74 anos falecía Enrique Vázquez Méndez

    Este domingo 12 de agosto de 2012 falecía aos seus 74 anos Don Enrique Vázquez Méndez, coñecido popularmente en Camariñas como Enrique dos Catro Ventos. Fui ésta unha vida dedicada á hostelería: despois de moitos anos emigrado en Suiza retornaba á vila que o vío nacer para fundar un dos restaurantes clásicos de Camariñas, o Catro Ventos. Despois de tantos anos aos mandos dos fogóns, ultimamente sempre o podíamos ver andando polos distintos camiños de Buría, era un home sano e alegre. Sempre xovial e con unha boa cara para todos. Levaba xa uns meses ingresado nun Hospital da Coruña onde lle estaban a tratar un problema de saúde que ao final resultou ser o feroz cáncer que acabou finalmente con él este domingo. Despois de máis de 50 anos de exemplar matrimonio deixa á súa muller viuda Pilar (Vodas de Ouro publicadas aquí en Camarinas.eu) e ao seu fillo Enrique así como aos seus netos Jorge e Elena. Os restos mortais de Enrique Vázquez Méndez están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral terá lugar este luns 13 de agosto a partires das 18:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Vaise con Don Enrique un dos grandes pioneiros da hostelería no Concello de Camariñas, fundador que fui dun dos restaurantes de toda a vida en Camariñas. Dende Camarinas.eu enviamos o noso máis sinceiro pésame á  familia e pregamos aos nosos lectores que os acompañen nestes duros momentos. D. Enrique Vázquez Méndez Descanse En Paz.
  • Extinción dun incendio en Mourín

    Segundo incendio que ten lugar en Mourín en tan só unha semanaContinuamos aquí en Camarinas.eu ca cobertura máis exhaustiva aos diferentes sucesos que acontecen no Concello de Camariñas. Desta volta os feitos acontecían no Monte de Mourín, na carretera que leva a Reira, non moi lonxe do Lugar do Cotariño, onde pasadas as 16:00 deste caluroso venres 10 de agosto de 2012 declarábase un incendio. Ao mesmo desprazábase de inmediato a dotación de Protección Civil, os insustituibles e polifuncionales operarios da Patrulla Municipal de Obras (PMO) así como unha dotación de operarios bomberiles da Xunta de Galicia, esto é, unha cuadrilla da SEAGA. As raudas labouras de extinción  acometidas conqueriron que o incendio non pasase a maiores e que en cuestión de minutos fora aniquilado na súa totalidade.
  • Atropelado un neno en Camariñas

    A Avenida da Coruña, enfrente do antigo xulgado de paz, foi o lugar do sucesoAínda baixo o forte impacto emocional polo falecemento do xoven Aarón Rojo Luaces, esta tarde a traxedia por mor dun accidente de tráfico voltou a rondar perigosamente por Camariñas. Eran preto das 20:30 horas dun caluroso martes 7 de agosto de 2012 cando mentras trataba de cruzar a carretera xusto enfrente da súa casa na Avenida da Coruña, á altura  do antigo xulgado de paz, Ayoud, un simpático rapaciño de orixe marroquí de nove anos era atropelado por un Opel Corsa conducido por uns turistas. Os testigos do suceso nun primeiro momento teméronse o peor e acudiron raudos a ver o estado no que se atopaba o menor, atoparon a este consciente, seriamente asustado e chorando, cun pequeno chichonciño na cabeza que motivou que unha vez chegada a ambulancia fora trasladado ao Hospital Comarcal de Cee, en principio tan só por precaución. Neste punto debe resaltarse, que Ayoud pertence a unha familia marroquí residente en Camariñas dende xa fai varios anos, a cal é propietaria dunha tenda de alfombras e material diverso  desprazándose ademáis habitualmente o seu pai Milú ás diferentes feiras e mercados da redonda para vender alí os seus productos. Familia traballadora e emprendedora, é moi coñecida e querida na Vila das Palilleiras, onde están perfectamente integrados. Por elo, unha vez pasado o primeiro susto, non cabe senón felicitarse porque este suceso segundo as informacións que temos neste momento non pasara a maiores.
  • Terceira debacle xudicial de Viproga SL

    Esta será unha das probas que presentará Ignacio Martínez na súa denunciaAgora, aproveitando a espectación que o pánico e a histeria do director do estercoleiro cibernético habitual están a provocar, procede Camarinas.eu a publicar unha noticia que xa levaba aquí algún tempo en stand-by, digamos que buscaba o momento adecuado para saír á luz. Trátase do terceiro batacazo xudicial, tres de tres, sufrido por Viproga SL dende que o proceso de golpe de estado co seu corolario de ocupación ilegal no Club Naútico de Camariñas tomara forma. Trátase dun auto do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº1 de Corcubión emitido o 21 de maio no marco das dilixencias previas do procedemento abreviado 00520/2012 polo que o Xuiz D. Iván Barallobre Sánchez decreta o sobreseimento da esperpéntica denuncia presentada por Alberto Fojo Fuentes contra Ignacio Martínez Mañas, Comodoro actual do CNC, por unha inexistente apropiación indebida e das consecuencias de índole penal que elo pode traer aparellado.
  • Fin de semana negro en Camariñas

    A Rúa Pizarro non voltará a ver as expertas mans palilleiras da Señora CasmallaNo peor fin de semana que se lembre en moitos anos ata catro mulleres, todas elas sinaladas veciñas da vila, falecían en Camariñas. Tres delas facíano a avanzadas idades de xeito tal que entre as tres sumaban cáseque trescentos anos de vida: Encarnación Quiza Sande (100 anos), Avelina López Suarez (98 anos) e Modesta Cabrejo Márquez (101 anos). A cuarta integrante desta tráxica lista era outra persoa moi coñecida na vila, ao igual que a Señora Casmalla unha das clásicas palilleiras da mesma: María Luisa Quintana Luaces, a cal falecía aos seus 67 anos de idade. Deste xeito, dúas das imaxes icónicas de Camariñas, a da Señora Casmalla palillando baixo o quicio da súa porta nun recodo da Rúa Pizarro ou a da Señora Luisa, irmán do noso querido usuario Machote e tía dos nosos tamén queridos Fabián e José Luis, ca súa almofada eterna ao carón do Bar Vitoria, enfrente do Paseo Marítimo, quedarán únicamente para o recordo.
  • Encarnación Quiza Sande D.E.P.

    Dª. Encarnación Quiza Sande, Descanse En PazDespois dun século de vida, falecía este venres 20 de xullo de 2012 nunha Residencia da Coruña, Dª. Encarnación Quiza Sande, nai do noso querido amigo, veciño da Rúa Pinzón, siniestrado non hai moito pola pura neglixencia da Xunta de Galicia, D. Ramón Antelo Quiza e abuela entre outros de Amalia e Mª. Teresa Antelo. Unha muller que nacía hai xusto cen anos, nuns tempos turbulentos para España, nos que a Restauración decimonónica daba as súas derradeiras boqueadas e á que á Guerra Civil collía con xa 24 anos. Toda unha vida, rica en experiencias e recordos que lamentablemente rematou un soleado día de xullo do 2012. Os restos mortais da Señora Encarnación están sendo actualmente velados no Tanatorio Costa de Vimianzo. Dende alí sairá a comitiva fúnebre as 15:45 horas estando previsto polo tanto que o funeral de corpo presente teña lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo a partires das catro da tarde para dar finalmente descanso eterno aos seus restos mortais no Cemiterio Novo da Carretera do Faro. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame a tódolos familiares de Dª. Encarnación Quiza Sande. Descanse En Paz.
  • Carmen Lista Carril D.E.P.

    A escasos días do seu Santo, falecía este 9 de xullo Dona Carmen Lista Carril

    Precisamente no día en que Camariñas encaraba á semana anterior ao Día do Carme, falecía ás dúas da mañán deste luns 9 de xullo de 2012 que recén comenzaba Carmen Lista Carril. Facíao aos 52 anos na súa casa da Carretera do Faro consecuencia do cáncer que viña padecendo hai xa uns cantos anos. Esposa dunha lenda viva da Vila dos Encaixes, Juan Lista Campaña, Jamela, mítico integrante do mellor FC Camariñas da historia, (unha época gloriosa cuias andanzas foron maxistralmente reproducidas en Camarinas.eu polo noso redactor deportivo Juan Manuel Cabrejo Pasantes, recollendo os testimonios do propio Jamela), deixa Dona Carmen dous fillos e unha filla, Verónica. Nembargantes o que fai aínda máis doloroso para a familia o falecemento é que este 9 de xullo constitúe o día do seu santo (Santa Verónica), cumpríndose ademáis nesta data exactamente un ano que se casaba na Igrexa Parroquial de San Xurxo co seu esposo Mario, de Brañas Verdes. O corpo sen vida de Señora Carmen está sendo velado no Tanatorio de San Vicente de Vimianzo e a hora do funeral está sinalada para as 16:30 horas deste martes 10 de xullo. Nestes durísimos momentos, nestas datas tan sinaladas para todo camariñán, Camarinas.eu quere sumarse á dor de Juan Lista Campaña e de toda a súa familia e faille chegar o seu máis sinceiro pésame.  Dª. Carmen Lista Carril, Descanse En Paz.
  • Desarticulada unha banda de peruanos

    Furgón do Corpo Nacional de Policía aparcado na Avenida da CoruñaCando un furgón da Policía Nacional entra en escea en Camariñas, algo estrano está a suceder. Nada habituados a ver persoal do citado corpo policial polas súas rúas, os veciños da Vila das Palilleiras ficaban intrigados ao ver na mediatarde deste chuvioso e desagradable venres 6 de xullo un dos seus furgóns na Avenida da Coruña, nas inmediacións do antigo Xulgado de Paz. E máis cando do mesmo baixaban varios axentes xunto a tres persoas de apariencia andina no medio dun forte operativo de seguridade que chegaba a incluir a membros da Guardia Civil. Tratábanse de tres cidadáns de nacionalidade peruana, dous homes e unha muller, que foran detidos na mañán do día de autos na cidade de Ferrol por pertencer supostamente a unha banda de asaltantes de negocios particulares. A explicación da súa presencia en Camariñas estaba constituida polo feito de que nun inmoble da Avenida da Coruña acabaran de alquilar durante a semana anterior un piso, unha presunta base loxística dende a que perpetrar as súas operacións na Costa da Morte.  Nembargantes debe recalcarse que os investigadores que se adicaron a rexistrar o piso aparentemente non atoparon probas dunha actividade delictiva. En todo caso, e por si xa non nos chegaba cos nosos asaltantes de negocios particulares autóctonos, van e aparecen estes. Éramos pocos y parió la abuela.
  • Suceso nocturno no Porto camariñán

    Momento no que a ambulancia procede á evacuación cara ao centro hospitalarioDespregábase tranquila a noite do xoves 28 de xuño en Camariñas, unha máis cos seus trafegos portuarios, cas súas idas e venidas de embarcacións, cando unha súbita incerteza apoderouse do ambiente. Sin saber moi ben os presentes a que respondía, un operativo de emerxencias poñíase en movemento. Desatracaba do Muelle Novo a lancha de salvamento Salvamar Altair e partía con rumbos descoñecidos, nembargantes o seu derroteiro non estaba moi lonxe: a poucas millas do Vilán, o gran cruceiro "Independence of the Seas" que estaba a cubrir a súa ruta, alertara de que un dos seus viaxeiros, Henry Gibson un xubilado de orixe británica, acababa de sufrir un ataque ao corazón e estaba sendo atendido polos servizos sanitarios do buque. Trasladado pola Salvamar Altair ata o Muelle de Curbeiro, alí rápidamente unha ambulancia procedeu a evacuar ao ferido ata o Hospital Comarcal de Cee, acompañado en todo momento por unha facultativa do buque mencionado. Desta maneira pechábanse uns feitos dos que nun primeiro momento se chegou a rumorear que se tratara dun iate fondeado no medio das augas do Porto de Camariñas dende o que se precipitara ás augas un dos seus tripulantes consecuencia dun ataque ao corazón fulminante.

    Fotos: Michael Pérez Riveiro
  • Noite de vandalismo en Camariñas

    Estado lamentable en que quedou o contenedor sito na Avenido Eugenio LópezAlgúns, confundindo os desexos ca realidade, non puideron esperar por máis tempo ata a Noite de San Juan e puxéronse a queimar Camariñas polos catro costados na madrugada deste mércores 13 de xuño que recén comenzaba. En primeiro lugar, tódolos contenedores de recollida de lixo ordinaria, envases e vidrio situados ao comenzo da Avenida Eugenio López, un pouco máis arriba do Bar José Manuel, foron incendiados nunha pira xigantesca que deixou un nauseabundo rastro de plástico queimado e en nada os esforzos de selección de residuos de centos veciños da zona. O outro punto de asalto dos vándalos foi o Barrio da Milleira, neste caso cunha actuación que poido ter consecuencias moito máis graves: o lume dos contenedores incendiados extendíose á casa aledaña queimando unha persiana da mesma. Xa a primeiras horas da mañán podía verse ao alcalde camariñán no lugar dos feitos pasando revista ao triste rastro de hooliganismo nocturno: contenedores queimados, que deberán ser repostos polo Concello co seu consecuente desembolso económico; importantes desperfectos nunha casa unifamiliar; toda a ilusión e o esforzo por contribuir á recollida selectiva de lixo, tirada polo chan nunha masa informe de plásticos queimados... A estupidez humana non aumenta nin disminúe, tan só cambia de forma. A estupidez humana é insondable.
  • Ridículo Xudicial de Úrsula Rego

    Varóns fornidos, guapetóns e sanos absterse de presentarse no CNC: denuncia al cantoEstablecer que unha persoa por posuir un determinado aspecto físico xa é culpable dun delito foi un modo de actuar popularizado na década dos 30 polo réxime político existente na Alemania nazi... e na súa veciña Austria. Por elo, correndo os tempos que corren, que aínda existan persoas que sigan a actuar segundo a técnica mental antes sinalada, enxuizando ás persoas non polos seus actos senón pola súa apariencia, non pode por menos que sorprender. Nembargantes, onde antes, nun réxime caracterizado pola superioridade da raza aria xermánica (e austríaca) estaba o drama servido, actualmente existe un Estado de Dereito, presidido polo imperio da lei, e por elo as aspiracións daqueles que así pensan e actúan vense cortadas en seco polo impecable actuar da Xusticia.
  • Evacuación de urxencia en Camariñas

    O Helicóptero a piques de despegar con Tilde a bordoEstaba na mañán deste martes 15 de maio de 2011 Tilde de Peteno cas súas compañeiras de toda unha vida na Asociación de Palilleiras cando de repente comenzou a sentirse mal. Éstas, asustadas ante os graves síntomas que facían presaxiar un mal de envergadura raudamente trasladaron a Tilde ata o centro clínico camariñán sito na Rúa do Prado. Alí o persoal médico enseguida constatou a gravidade do suceso e diagnosticou que nin máis nin menos Tilde acababa de sufrir un ataque ao corazón, por elo sen perder un só segundo procederon a chamar ao helicóptero de urxencias para que fixera un dos seus nada desexables vos ata Camariñas. Posto en marcha o operativo, tomáronse polos corpos de seguridade e Protección Civil de Camariñas as precaucións necesarias para garantir un rápido traslado de Tilde ata o centro hospitalario no que ataxar un  ataque que de non ser tratado a tempo faría que a estas horas posiblemente estivéramos a falar dun novo episodio na cadea de desgracias que dun tempo a esta parte asolan o noso concello. Unha vez verificada a rápida evacuación e con Tilde xa ingresada nun centro hospitalario só queda desexarlle a esta querida amiga, palilleira de toda unha vida, unha satisfactoria evolución e unha pronta recuperación.
  • José Teijeiro Pardo "Aguiar" D.E.P.

    Faleceu Aguiar, o administrador durante tantos anos da fábrica de CoreaNa mañán deste invernal 1º de Maio de 2012, Festividade do Traballo, entre chuvias e cristales empañados comenzou a expandirse por Camariñas a nova sobre un novo falecemento. Nunha residencia de León, cidade na aque actualmente está a residir unha das súas fillas así como o seu neto Pedro, acababa de falecer aos 90 anos de idade Don José Teijeiro Pardo, coñecido dende sempre na Vila das Palilleiras como "Aguiar". Provinte orixinariamente de Santa Marta de Ortigueira chegaba Don José a Camariñas para encargarse da administración da importante fábrica conserveira da familia Aguiar, situada en tempos no Barrio de Corea e da que tomaría Don José o sobrenome que o acompañaría o resto da súa vida, levando durante anos o timón dunha factoría que sempre destacou pola calidade indiscutible do seus productos, elaborados de forma artesanal, seguindo os vellos cánones e tradicións da salazón.
  • Avelino Ángel Sar Barrientos D.E.P.

    Avelino Ángel Sar Barrientos, Descanse En PazA vaga de traxedia que se abate sobre o Concello de Camariñas parece non ter fin. Despois de ata catro falecementos nunha mesma semana (Marta Barcia Gerpe, Carmen Lema Mouzo na capital municipal; Ovidio Lema López, Perfecto Alonso Correa, na Ponte do Porto), este domingo 29 de abril de 2012 a Vila das Palilleiras ficaba conmocionada pouco despois do mediodía ao saber que Avelino Ángel Sar Barrientos, de 45 anos, natural do Concello de Muxía, acababa de caer fulminado dun ataque ao corazón na panadería que rexentaba xunto a súa esposa Marisa, na Rúa do Prado, xusto enfrente da Clínica. A traxedia que aflixe a esta querida familia camariñana faise máis dramática se temos en conta que a súa esposa estase a recuperar dos efectos dunha penosa enfermidade. Deste xeito outra persoa xoven, no mellor da súa vida, abandoaba este mundo de xeito imprevisto e incomprensible deixando unha familia destrozada na peor semana que se recorde no noso concello en moito tempo. Os restos mortais de Avelino Ángel Sar Barrientos están sendo velados na casa familiar da súa esposa no Lugar do Cotro e o funeral de corpo presente está previsto que comence a partir das 19:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Ante este novo drama que se abate sobre Camariñas só nos resta pedirlle aos nosos lectores que acompañen á súa esposa e fillo nestes penosos momentos e enviarlle o noso máis sinceiro e dolorido pésame. Avelino, que Deus che teña na Súa Gloria. Descansa En Paz.
  • Aparece o corpo de Ovidio Lema Pérez, rematan as labouras de búsqueda

    Ensenada do Trece durante as labouras de búsqueda
    Cumpríronse os peores augurios e cando faltaban escasos minutos para as 13:30 horas o grupo de voluntarios de Protección Civil de Camariñas atopaba, no medio do argazo, o corpo sen vida de Ovidio Lema López. Fíxoo non moi lonxe do lugar que predixeran os mariñeiros da zona: prácticamente ao carón das rochas nas que pescaba acompañado do seu cuñado, un sitio onde as mareas soen acumular grandes cantidades de algas mariñas. Unha vez recuperado o corpo, foi trasladado ata a Lonxa de Camariñas onde o médico forense certificou a causa da morte para despois ser trasladado ata Coruña onde terá lugar a autopsia. Ponse fin desta maneira, en menos de 24 horas dende que tivera lugar o fatal acontecemento, nunha das paraxes máis inhóspitas e inclementes da costa galega, ao dispositivo de salvamento que movilizou dende as 16:00 horas deste mércores 25 de abril a ducias de persoas, dous helicópteros, a lancha Salvamar Altair e ata os buzos da Guardia Civil e que permite, dentro do terrible do suceso, evitar unha agonía de días ou meses de búsqueda infructuosa do corpo á súa familia. Así pois, nada queda máis que trasladar o noso máis sinceiro pésame e apoio á muller e fillas de Ovidio Lema López nestes tráxicos momentos. Descanse En Paz.
  • Desaparece un pescador no Areal de Trece en Camariñas

    O alcalde Pichurri xunto a un gardia civil contemplan as labouras de rescate
    O entorno da Praia do Trece podería haberse voltado a cobrar o seu tráxico tributo de morte na tarde deste desapacible mércores 25 de abril de 2012. Aínda baixo os efectos da cicloxénese explosiva Petra, nun dos días cunha das peores bajas de mar que se recorde, Ovidio Lema López, de 50 anos, natural de Dor e propietario do Cafe Bar O Descanso estaba a pescar co seu cuñado Manuel Martínez Romero nunha pequena punta que se adentra no mar ao carón do Cemiterio dos Ingleses cando sobre as 15:30 horas un forte tombo tirou cos dous veciños do noso concello á auga. Ao parecer segundo testemuñas ás que tivo acceso Camarinas.eu sería un chaquetón militar o que ao enchouparse arrastraría rápidamente a Ovidio cara ao fondo mentras que o seu cuñado Manuel a pesares de fracturarse un pe debido ao forte traumatismo provocado polo golpe de mar conseguío saír da auga e tras percorrer unha determinada distancia neste estado lamentable dou aviso a unha muller que neses momentos se atopaba na pista que une Reira con Santa Mariña a cal rápidamente puxo en alerta ao 112.
  • Carmen Lema Mouzo D.E.P.

    Dona Carmen Lema Mouzo deixou este mundo na tarde do 24 de abril de 2012

    Na tarde deste tormentoso martes 24 de abril de 2012 foise outra das persoas que contribuiron decisivamente a marcar o carácter da Camariñas destes derradeiros cincuenta anos: Carmen Lema Mouzo, coñecida popularmente como "A Generosa". Persoa moi emprendedora, nun primeiro momento púxose ao frente dunha taberna que co tempo dou paso a un salón de baile no que destacaba o acordeón virtuoso do seu irmán Luis. Despois nese mesmo local montou unha mercería que durante longos anos foi xa o último negocio que rexentou. Viuva dende hai uns anos de Don Manuel Pensado Gerpe, sempre foi Dona Carmen unha muller moi devota da Virxen do Carmen de Camariñas, chegando a dedicarlle diversos poemas nos que expresaba a súa devoción e cariño pola Patroa de tódolos mariñeiros que reproducimos a continuación neste artigo adicado ao seu pasamento. O enterro de Dona Carmen celebrarase ás 7 da tarde deste mércores 25 de abril na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen. Descanse En Paz.
  • Marta Barcia Gerpe D.E.P.

    Vaise todo un referente da auténtica Camariñas: Dona Marta Barcia GerrpeA edición da Festa de San Xurxo do 2012 quedou tráxicamente empañada cando na mañán deste domingo 22 de abril coñeceuse que acababa de falecer un dos referentes da Camariñas máis auténtica: Dona Marta Barcia Gerpe. Persoa moi querida, traballadora infatigable, admirable nai coraxe, xa mui nova víose obrigada a facer frente á adversidade máis terrible cando o seu marido quedou cego e tivo que sacar adiante por si mesma a unha familia con doce fillos ao seu cargo. Dende entón e durante ducias de anos as noites xélidas e húmedas ao carón da Lonja Municipal serían o seu hábitat natural forxando unha lenda de persoa boa, incansable e traballadora que se extendería por todo o ámbito mariñeiro galego.
  • José Luis Gerpe Blanco D.E.P.

    José Luis Gerpe Blanco Descanse En PazDespois dun tempo de relativa calma en canto a falecementos de vecños do noso concello, lamentablemente toca voltar ás andadas. Este chuvioso e malhadado mércores 18 de abril fai exactamente unha semana que falecía en Bélxica, nación na que levaba rexentando un establecemento hosteleiro xunto á súa dona dende hai anos, Don José Luis Gerpe Blanco. Falecía Don José Luis despois dunha longa enfermedade aos 60 anos e deixaba como última disposición a de ser enterrado na súa terra, Camariñas, por elo o seu funeral terá lugar este xoves 19 de abril ás 16:30 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo, ese mesmo templo cristiano onde un 19 de xullo de 2008 un dos seus dous fillos, Luis, contraía matrimonio, recinto sagrado que acolle as penas e alegrías de toda unha vila dende hai máis de 200 anos. É por elo que Camarinas.eu quere dar o seu máis sinceiro pésame á familia nestes tristes momentos e anima aos seus lectores a acompañalos durante este duro trance. Don José Luis Gerpe Blanco, Descanse En Paz.
  • Desaparición de Francisco Sanjurjo

    Francisco Sanjurjo está desaparecido dende o pasado mércores 29 de febreiroEste luns 5 de marzo de 2012 púxose en contacto de urxencia ca redacción de camarinas.eu o noso querido usuario Cristóbal Cobo para insertar o anuncio da desaparición de Francisco Sanjurjo Silvarredonda, do cal nada sabe a súa familia nin os seus amigos dende o pasado mércores 29 de marzo. Foi visto por derradeira vez na mencionada data na Coruña, na Rúa Entrepeñas (paralela á Rúa Barcelona), e vestía camiza branca e lucía barba. Francisco ten actualmente 36 anos e mide 1,76 metros. E por elo que o noso usuario Cristóbal pide que quen teña algunha información sobre o paradoiro de Francisco se poña urxentemente en contacto ca familia chamando ao tlf. 658062390 ou avise a esta redacción para pasarlle os datos a Cristobal. O caso é que se está a levar unha intensa campaña de búsqueda a través das redes sociais á que aquí en camarinas.eu nos sumamos para ver si entre todos podemos dar un resultado satisfactorio á búsqueda de Francisco.