Temos que dar conta doutra tráxica noticia para o pobo de Camariñas. E aínda que aquí nesta web deixamos hai tempo de publicar esquelas, temos que anunciar esta necrolóxica por petición expresa da familia do defunto. Trátase do falecemento de Don Manuel Mas Farto, máis coñecido como "Manolo do Catalán", que falecía na tarde deste mércores 5 de febreiro na súa casa da Carretera do Faro. Deixaba este mundo o querido veciño de Camariñas despois de tantos anos convalecente por mor dunha enfermidade. Vaise deste triste xeito un dos últimos representantes do noble oficio de carpinteiro de ribeira que dou a vila das Palilleiras e unha das persoas máis representativas deste traballo na Costa da Morte. Traballo do cal foron herdeiros os seus fillos e dende Camarinas.eu queremos rendirlle a homenaxe que se merece o Señor Manolo do Catalán. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas ás 16:15 da tarde deste venres 7 de febreiro. Alí, no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma deste querido veciño da Carretera do Faro para, acto seguido procederse ao seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas. Dende esta web queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel especialmente a súa dona María Elena, seus fillos e demáis familia. Descanse en Paz.
Vaise outro dos míticos clientes habituais do lexendario Café Bar Arnela que hai uns anos rexentaba a nosa querida Gelinita. Na noite deste venres 21 de xuño esta redacción recibía a triste noticia da defunción do noso querido amigo Don Juan Manuel Martínez Lema aos seus tempranos 66 anos de idade despois de que unha grave enfermidade, verdadeira lacra dos nosos tempos, acabase finalmente coa súa vida. Vaise deste xeito tan repentino ese amigo que sempre tiña unha sorrisa na faciana cando calquera se cruzaba no seu camiño. O corpo sen vida de Juan da Esquipa, tal e como era máis coñecido en toda Camariñas, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:15 da tarde deste domingo 23 de xuño. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Juan Manuel para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Juna Manuel Martínez Lema nestes duros momentos que están a pasar, especialmente aos seus fillos Rafael e Francisco así como a súa compañeira Carmen. Descanse en Paz.
Despois de tantos anos de sacrificio en Suiza, esperando para vir definitivamente á súa terra e poder desfrutar da súa xubilación, chega a recta final dese momento tan agardado e a traxedia cébase co noso querido amigo Tono da Riala. O veciño de Camariñas Don Antonio Mas Rego de 63 anos de idade, falecía este domingo 16 de xuño de 2019 no Hospital du Jura en Delemont despois dunha longa loita contra unha enfermidade que, finalmente e contra todo pronóstico médico, se levou por diante a vida deste camariñán exemplar. Un home do cal sempre nos quedará randes lembranzas como a súa amabilidade e tranquilidade, sempre afable e falador, Camariñán con maiúsculas onde os haxa, pero sobretodo un pai e marido exemplar e amigo dos seus amigos. Como olvidar aquelas festas no Café Bar Arnela de Gelinita...
Na mañán deste intempestuoso xoves 9 de maio de 2019, a redacción desta web recibía aflixida a triste noticia da defunción da querida veciña de Camariñas aínda que orixinaria de Xaviña, Dona Rosario García Carril aos seus 72 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Rosario de Sendón, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:45 da tarde deste venres 10 de maio de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Rosario para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais desta querida veciña terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción todo a forza e ánimos para toda a familia de Don Rosario nestes duros momentos que están a atravesar. Descanse en Paz.
Na tarde deste martes 16 de abril de 2019 a redacción desta web recibía a triste noticia da defunción do querido veciño de Camariñas Don Alfonso Antelo Lastres, mítico home de mar de Camariñas e aptrón do lexendario Seixo, aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida de Don Alfonso está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:15 da tarde deste mércores 18 de abril. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Alfonso para, acto seguido, procederse á realización do seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Camariñas onde os restos mortais de deste querido veciño, auténtico lobo de mar camariñán, terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Alfonso Antelo Lastres. Descanse en Paz.
Na mañán deste mércores 10 de abril de 2019, a redacción desta web recibía a triste noticia da defunción de Dona Gloria Lista Campaña aos seus 79 anos de idade na súa casa de Camariñas. O corpo sen vida de Dona Gloria, viúva de Juan Campaña e moi querida en toda a Vila das Palillieras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:30 da tarde deste xoves 11 de abril. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Gloria para, acto seguido, procederse a realización do sepelio desta querida veciña da Rúa Real no Cemiterio Veciñal de Camariñas, onde os seus restos mortais terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño a toda a familia de Dona Gloria nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.
Outra tráxica notiica que temos que trasladarlles aos nosos usuarios e lectores. Ao paso que vamos, en poucos anos a poboación do concello de Camariñas verase mermada drásticamente. Na mañán deste martes 19 de marzo esta redacción recibía aflixida a noticia da morte do que fora veciño de Camariñas Don Gonzalo Lemus Canosa aos seus 74 anos de idade despois dunha dura loita contra unha terrible enfermidade que ao final cobrouse a vida deste querido veciño. Don Gonzalo, coñecido empresario hostaleiro orixinario de Merexo pero asentado en Camariñas era moi coñecido por ser o propietario do mítico Bar "O Marcha Verde" da vila das palilleiras que rexentou nas décadas do 80 e 90. O corpo sen vida de Don Gonzalo está sendo velado no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá ás 16:00 horas da tarde deste mércores 20 de marzo cara a Igrexa de Santiago de Cereixo. Xa alí nun dos templos xacobinos máis importantes da Costa da Morte será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Gonzalo para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no cemiterio de Cereixo. Vaia dende esta redacción todo o noso ánimo e forza a toda a familia e amigos de Don Gonzalo Lemus Canosa nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.
Outra vez volve a golpear a traxedia na vila de Camariñas nunha teerrible crónica que se repite semana tras semana e non ten vilos de anunciar o seu final. Na mañán deste luns 18 de marzo de 2019 esta redacción recibía incrédula a noticia da repentina defunción do noso querido amigo Don José Mouzo Tajes aos seus 77 anos de idade. Ao parecer foi un fulminante paro cardíaco o responsable da morte do noso compañeiro Pepe da Cabreira, tal e como era cariñosamente coñecido en toda Camariñas. Persoa afable, moi querida e sempre cun sorriso para todo o que se cruzase no seu camiño, vaise un camariñán sempre disposto a colaborar en todo o que lle propuxeran. Especial foi a súa labor no ámbito musical formando parte activa no Coro Parroquial de Camariñas ou no grupo Os Panchos do Golfendro por poñer un par de exemplos. O corpo sen vida de Don José está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá ás 16:15 horas deste martes 19 de marzo para dirixirse a igrexa na que tantas veces o escuitamos cantar e onde será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don José. Acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais de Don José terán merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolenciasasí como un forte abrazo a toda a familia e amigos de Don José, especialmente á súa dona Maruja e seus fillos María José e Alejandro nestes duros momentos que están a atravesar. Descanse en Paz.
Non deixa de sucederse o incensante goteo de defuncións que asolan todo o concello de Camariñas. Na mañán desde domingo 10 de marzo a redacción de Camarinas.eu era coñecedora da triste noticia da defunción do querido veciño de Camariñas Don Manuel Valiña Mouzo aos seus 81 anos de idade. O corpo sen vida de Manolo do Braño, tal e como era cariñosamente coñecido en toda a vila das palilleiras, está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:45 da tarde deste próximo luns 11 de marzo. Acto seguido será celebrado o funeral de corpo presente no sagrado templo camariñán pola alma de Don Manuel para, a continuación ser realizado o seu sepelio no Cemiterio de Camariñas. Dende esta redacción queremos dar as nosas condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.
Na mañán deste sábado 9 de marzo a redacción desta web recibía a triste notiica da defunción da querida veciña de Camariñas Dona Dolores Lista López aos seus 84 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Lola da Carballeira, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:45 horas da tarde deste sábado 9 de marzo de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Dolores para, acto seguido, procederse a realización do sepelio desta querida muller no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Vaia dende esta redacción todo a forza e ánimos a toda a familia e amigos de Dona Dolores nestes momentos tan duros que están a pasar. Dona Dolores Lista López, Descanse en Paz.
O que está a acontecer estes derradeiros anos en Camariñas pode tomarse como unha praga maldita. Estamos a falar das defuncións continuas que día tras día se producen en todo o territorio municipal. Habería que coller papel e lápiz e tomarse un momento para revisar as estadísticas porque nos entendemos que esto xa non é normal. Antonte en Camariñas, onte na Ponte do Porto e hoxe outra vez a traxedia volvía a zarandear a vila das Palilleiras cando na tarde deste venres primeiro de marzo de 2019 esta redacción recibía a triste noticia da morte do querido veciño de Camariñas Don Mario Pasantes Carril aos seus 66 anos de idade. O corpo sen vida de Don Mario está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 17:45 da tarde deste sábado 2 de marzo de 2019. Xa no sagrado santuario camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Mario para, acto seguido realizarse o seu sepelio no cemiterio municipal de Camariñas onde os restos mortais deste querido veciño de Camariñas terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Mario Pasantes Carril. Descanse en Paz.
Na mañán deste xoves 28 de febreiro de 2019 a redacción desta web recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Camariñas Dona María Dolores Romar Miranda aos seus 84 anos de idade. O corpo de Señora Roca do Campo, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das Palilleiras está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:30 da tarde deste venres 1 de marzo de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona María Dolores para, acto seguido, ser realizado o sepelio desta estimada veciña do mítico barrio do Campo onde terá merecido descanso eterno no Cemiterio Veciñal de Camariñas. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María Dolores Romar Miranda. Descanse en Paz.
Páxina 1 de 15