• Festa da Palilleira de Camarinas 2009

    Foto da Festa da Palilleira no seu peche do domingo, ca gañadora do concurso sentada en 1º término
    Na tarde do domingo 2 de agosto, en pleno Paseo Marítimo, poñíase o peche á 2ª edición da Festa da Palilleira e alí estaba acompañando ás nosas palilleiras camarinas.eu, a web dotada do don da ubicuidade no fin de semana máis intenso do que vai de ano no Concello de Camariñas. Cun certo déficit de público debido a un clima que obrigou a trasladar o operativo ao local da Marina no tarde do sábado e tal vez pola data elexida, un fin de semana a cabalo entre os turistas do mes de xullo e os de agosto, esta edición ven marcada polo concurso que coronou como Raíña do Encaixe camariñán á xove Lara Pasantes Campaña, que cunha composición en encaixe que reproducía o logo da Empresa Cerdeiras no seu 125 aniversario levouse os 800 euros cos que estaba dotado o 1º Premio.
  • A mostra do encaixe cada vez máis cerca

    Un día gratis na Mostra para todos os veciños do Concello de Camariñas

    Cartel da XVIII Mostra do Encaixe
    Cartel da XVIII Mostra do Encaixe
    Xa só queda unha semana para que a Mostra do Encaixe comece a rodar outro ano máis, e xa van dezaoito edicións. Desta volta os cambios son ben notables sobre todo no que respecta aos responsables desta xa que o xaviñán Sergio Caamaño é o novo director da feira en substitución de A.J. Alonso Ballester e, como todos saberedes o Alcalde xa non é Bautista Santos se non Manuel V. Alonso.
    Ademáis o cambio de persoas ao frente do evento máis importante que se organiza no noso concello conleva, como non podía ser de outra maneira, unha forma diferente de organizar esta mostra. Así o advertimos nunha carta que empezará a circular por tódalas casas do Concello de Camariñas e na que se mostran por parte dos responsables da feira algunhas das novidades que marcarán esta edición ademáis de unha "Invitación especial para cada un dos máis de 6000 habitantes do concello".
  • Sergio Caamaño, 27 anos. Delegado Desenvolvemento

    Sergio Caamaño, 27 anos. Delegado Desenvolvemento
    Grande como un estado norteaméricano, así é a nosa querida parroquia de Xaviña. Múltiples son as divisións e subdivisións da explanada Xaviñana. Precísamente, nun dos seus innumerables lugares, o Lugar de Cruceiro, naceu o invitado desta semana do Top Camariñas: Sergio Caamaño. Político nato, este Cáncer de 27 anos, pelo negro e ollos marróns é na actualidade o Concelleiro de Desenvolvemento Económico e Servizos Públicos do Concello de Camariñas polo PsdeG-PSOE. Ou como lle gusta dicir a él con orgullo: "O Concelleiro de Xaviña". Despois de uns anos compaxinando estudos e traballo na Coruña finalmente, no ano 2005 Sergio voltou a súa querida terra e dende aquela é un membro activo de todos os movimentos sociais e veciñais que impulsan o desenrrolo de Xaviña. Sempre moi interesado no mundo rural e a súa problemática, sendo Presidente da asociación cultural "Abrindo Rejo" e tamén Secretario da "Asociación de Veciños de Xaviña", él considera que o principal logro acadado polo movimento veciñal xaviñán foi o de sacar aos rapaces da rúa, para iso foron básicos as diversas actividades culturais organizadas na parroquia de Xaviña: Torneos deportivos, biblioteca parroquial, a organización dos festexos de Carnavais e San Xoán, e sobre todo, o olliño dereito de Sergio, a súa obra predilecta: A Xoldra Enxebre. Como bo político (chamado a grandes xestas), supo zafarse e encaixar ben os golpes que dirixío o xornalista: