• Xuntanza de Sandra Insua coa subdelegación do goberno

    Xuntanza de Sandra Insua coa subdelegación do goberno

    “En ningún informe previo da Garda Civil e tampouco nos datos que nos trasladaron na reunión que mantivemos en decembro se reflicten os puntos de venta que se fixeron públicos ao detalle nos medios de comunicación e que tamén coinciden co sentir do pobo polo que cremos que é necesario que se investigue” foron as palabras de Sandra Insua na última xuntanza coa subdelegada de goberno Pilar López Rioboo e o coronel Francisco Javier Jambrina. Isto reflicte a súa preocupación na disparidade das cifras oficiais e non oficias publicadas recentemente arredor do consumo de estupefacientes no concello.

  • Si, Camariñas conta cunha taxa de seguridade superior á do resto da provincia, comunidade e estado

    Si, Camariñas conta cunha taxa de seguridade superior á do resto da provincia, comunidade e estado

    “O Concello de Camariñas trátase dun municipio cunhas taxas de seguridade superiores ás que existen no resto da provincia, comunidade autónoma e no total do territorio nacional”. Esta é unha das conclusións que sacan a Comandancia da Garda Civil e a Subdelegación do Goberno no informe anual que veñen de remitir sobre os delitos cometidos no 2020 no termo municipal.

  • Constitución da Xunta Local de Seguridade no Concello de Camariñas e firma do protocolo contra a violencia de xénero

    Xunta Local de Seguridade no Concello de Camariñas
    Onte tivo lugar no concello de Camariñas a Constitución da Xunta Local de Seguridade que ten como obxectivo principal facilitar unha eficaz coordinación  e cooperación entre forzas e corpos de seguridade que exercen as súas funcións dentro do municipio. É importante pois non só constitúe un órganos de coordinación operativa senón tamén informativa, facilitando cauces de canalización que permitan a colaboración dos sectores sociais e institucionais afectados na correcta planificación  da seguridade pública.