• O Camariñán Jorge Vázquez titular este domingo en rexional preferente co Fisterra

    O Camariñán Jorge Vázquez titular este domingo en rexional preferente co Fisterra

    Este domingo unha querida familia camariñana ao completo estará co corazón nun puño cando o seu primoxénito salte ao terreo de xogo do Ara Solis de Fisterra. O seu nome, Jorge Vázquez, de tan só vinte anos que debutará como titular do conxunto fisterrán na categoría de Rexional Preferente na que a SD Fisterra ocupa a segunda posición na táboa clasificatoria. Un novo fito desta promesa do fútbol galego, que seguimos e apoiamos dende os seus inicios aquí en Camarinas.eu, e que consigue deste xeito ser o deportista camariñán en activo, xunto ao seu compañeiro de equipo Pablo Vigo, que xoga na categoría máis alta de todos os nosos futbolistas. Falábamos deste rapaz este venres co seu orgulloso pai, noso querido amigo Enrique Vázquez, que ve desta maneira recompensado tantos traballos e sacrificios que tivo que facer toda a familia para que o seu fillo Jorge pudera entrenar nas mellores canteiras e xogar en equipo como os xuveniles do Deportivo da Coruña ou do Celta de Vigo, cos seus respectivos desprazamentos diarios que seu pai atendía. Vese deste xeito premiado deste xeito tanto esforzo por parte dun rapaz camariñán de tan só vinte anos demostrando así que calqueira rapaz pode chegar ao máis alto sempre que lle poña amor, empeño, esforzo e sacrificio ás súas metas. Noraboa Jorge e noraboa Pablo!!

  • Resumo da Cena do Carmen de Camariñas 2014

    Preto dun cento de camariñáns se deron cita este sábado pasado 26 de xuño de 2014 no restaurante Catro Ventos para celebrar a Cea do Carmen de Camariñas 2014. Unha suculenta cena da cal deron boa conta os comensales e que rematou con sorteo de productos agasallados por diversos establecementos comerciais e doazóns particulares como a xa tradicional do noso querido usuario Reyes FP que obsequiou á comisión de festas con un precioso cadro pintado por el mesmo. Comeza deste xeito a conta atrás da celebración máis importante para os Camariñáns. Un festa que terá lugar dende o 16 de xullo ata o 19 de xullo e que contará coas mellores orquestas do ámbito galego así como as tradicionais danza de arcos de Camariñas, sardiñada, a espectacular procesión marítima, etc... E, coma sempre, alí estará camarinas.eu para realizar toda a reportaxe de todo o que aconteza na nosa festa.
  • Edelmira e José: Vodas de Ouro en Camariñas

    Edelmira e José celebraron este domingo pasado 50 anos de amor e felicidade rodeados do cariño dos seus
    O que suele acontecer en España, Madre Patria, tal día como os 23 de febreiro non parece que vaia saberse moi ben nunca, nembargantes o que aconteceu en Buenos Aires un 23F de 1961 sempre estivo moi claro e quedou escrito en letras de ouro na vida dos seus protagonistas.  Porque un 23 de febreiro de 1961,  na gran capital do Río da Plata, José Tajes e Edelmira Castro contarían sagrado matrimonio. José naceu en Xaviña e ten actualmente 71 ben levados anos. Con 15 xa marchou para a Arxentina coñecendo alí á que iba a ser a muller da súa vida: Edelmira Castro, outra galega da diáspora, procedente de Ourense que, coma José, moi nova migrou para Arxentina nesa oleada de principios e mediados de século XX que valeirou Galicia dos seus xóvenes. Da súa unión naceron un fillo e unha filla e este mércores cumprían 50 anos de feliz matrimonio.
  • Fotos Historicas: Unha Cena do PSOE dos vellos tempos

    Vaia colección de Primeiros Espadas do socialismo galego nesta fotos dos vellos e bos tempos
    Vamos cunha de ouro líquido que diría o outro. Sucede que aquí na redacción de camarinas.eu temos un arquivo fotográfico tan insondable que en ocasións semella aquel xigantesco almacén onde se perdía (¿para sempre?) a Arca da Alianza na escena final da primeira entrega de Indiana Jones. E así atopamos recentemente unha caixa de Plátano de Canarias chea ata os topes de cremosas fotos, pero as que chamaron a nosa atención foron as de unha cena do PSOE dos vellos tempos, dos bos tempos, de antes de que... bueno, de antes de que pasara todo aquelo, e que a semellanza da división entre felipistas e guerristas, surxira unha Vieja e Nueva Guardia en Camariñas. E aparecen todos: González Laxe, Presidente que foi da Xunta de Galicia durante o bienio 1987-1989; Fernández Moreda, Presidente da Deputación da Coruña; Bautista Santos, Alcalde de Camariñas durante 24 anos; Marisol Soneira, agora Deputada Autonómica, entón Concelleira de Cultura e Deportes; o barbado Francisco Sineiro, Conselleiro de Agricultura... só falta un, agora Primer Espada camariñán, que precisamente foi o encargado de sacar as presentes fotos que xacían abandonadas nunha caixa de banano. Pero tamén están as bases, pródigas en proxenitores de usuarios de camarinas.eu: os de Pión, Plisplas e Juanillo, ou os que desgraciadamente xa non están con nos: Pepe Liñeiro, pai de Encarna, ou Esteban Carril, pai que foi de Mikel e Karina, á que esta redacción especialmente quere que agrade este recordo do seu pai no día do seu esplendoroso cumpreanos.
  • Fotos da Cena do Carmen de Camariñas 2009

    A Cena do Carme do 2009 foi todo un éxito e máis de 150 asistentes abarrotaron o Catro Ventos
    Houbo un cambio de escenario: as obras na Avenida Eugenio López dificultaban á asistencia ao Pavillón Municipal. A noite non invitaba especialmente a saír da casa, a posibilidade de chuvia e un certo enfriamento do aire atmosférico flotaban no ambiente como unha amenaza. Pero nada impedío que esta segunda Cena Baile Festas do Carme 2009 fora un éxito rotundo e que máis de 150 asistentes abarrotaran o Restaurante Catro Ventos e degustaran por 20 euros un menú composto por salpicón de marisco e carne asada.