• Inauguracion do ascensor do Centro de Saude da Ponte do Porto

    Hai xa catro meses, concretamente un 8 de xaneiro, camarinas.eu visitaba o edificio que alberga ao mesmo tempo a Casa de Cultura e o Centro Médico da Ponte do Porto para comprobar o estado das obras de instalación dun ascensor que facilitara aos seus visitantes, sobre todo aos de maior edade, o acceso a un lugar ao que non se suele acudir de bo grado. Por elo, a nosa presencia o día de inauguración oficial desta inversión financiada pola Deputación Provincial da Coruña era obrigada. Así, cara as 10:00 horas dunha encapotada mañán de primavera era o alcalde Pichurri o encargado de abrir a pechadura do ascensor que levará aos convalecentes que así o desexen cara o primeiro andar do edificio. E precisamente un dos que agradecerá a instalación do flamante ascensor, producto da máis alta tecnoloxía xermana e mezcla dunha aleación ultramoderna de tungsteno e grafito, será o constructor da obra, o noso amigo José Martínez Rial, que por mor dunha operación de rodilla vese estos días obrigado a usar unhas muletas. Cas súas facultades físicas intactas tamén estiveron presentes no acto as concelleiras Sandra Insua Rial e Mª Carmen Linares Chica e tamén un nutrido grupo de veciños da Ponte do Porto que por aquelo dos males do corpo se viron obrigados a visitar o centro médico. Tamén estaba alí a web líder cunha diferencia sideral do ciberespacio atlántico galego para levar aos nosos usuarios porteños de ultramar (en Buenos Aires, en Madrid, en Nueva York, en Suiza...) unha noticia que os aledará sinceiramente.
  • Obras de Acondicionamento da Rua Barrosas

    O novo aspecto dunha calle histórica

    Por fin a nosa querida e apreciada Carmucha ten unha rúa nunhas condicións dignas
    Por fin a nosa querida e apreciada Carmucha ten unha rúa nunhas condicións dignas

    camarinas.eu culmina o percorrido pola realidade económica e social de dúas das parroquias do Concello de Camariñas, Xaviña e Ponte do Porto, cunha reportaxe adicada ao remozado e coqueto aspecto da Rúa Barrosas, o insustituible e histórico barrio porteño. O caso é que aquí no líder intratable da Costa Atlántica pásanos un pouco como aos nosos queridos xubilados e en canto podemos asomamos os fuciños por canta obra se esté executando por estes lares, independentemente do seu axente financiador. Neste caso trátase dunha obra encadrada neste Plan E que tan feliz fixo aos constructores de obra pública, orzamentada en 154.763,56 euros e adxudicada a Faustino Mouzo Sánchez, consistente na remodelación do pavimento en formigón impreso e na construcción dunha rede de pluviales. Unha obra que tralo lamentable aspecto que lucía esta mesma rúa alá a comenzos de 2008 e que fixo necesaria a denuncia pública de camarinas.eu, logrou que a mesmísima Carmucha, a gran representante da Vieja Guardia do PSOE camariñán e veciña do citado barrio, quedase encantada. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica.