Hoxe, martes 23 de Febreiro, formalizouse a acta de reformula da rúa Insua, na parroquia da Ponte do Porto. Este é o último paso antes do inicio das obras que levaran a cabo a demolición do actual firme da rúa perpendicular as Barrosas e a substitución e ampliación da rede de saneamento existente, ademais da instalación de unha rede para a recollida e evacuación de augas fluviais.
Logo disto aplicarase un novo pavimento de formigón armado, similar ao xa utilizado previamente en lugares como a rúa Muiño do Vento na vila de Camariñas. No tramo final da rúa Insua estenderase unha capa de zahorra artificial (grava fina).
A obra ten un presuposto de 41.720,57 euros e pretende remodelar a zona para dotar de máis servizos a veciñanza. As obras duraran en torno aos dous meses.
Nos últimos días a preocupación polas obras programadas na ponte da Ponte do Porto foi en aumento polas dificultades que presentaban para o transporte escolar. Os autobuses que recollen aos rapaces e rapazas de Carnés, Tufións, Cereixo e a zona baixa da Ponte do Porto utilizaban este camiño para realizar o seu traballo. Co pechamento do tráfico as 7:30 da mañá isto resultaría imposible, trastornando os seus horarios.
Estes días deron comezo os traballos de renovación e mellora do parque infantil do CEIP da Ponte do Porto por parte do Concello de Camariñas. A través desta actuación, moi demandada polos pais e nais dos nenos porteños, instalaranse tres xogos que consistirán en un tobogán e dous balancíns así como tamén se habilitará unha zona de descanso para que os pequenos estudantes da escola da Ponte podan recobrar folgos despois dos seus xogos. Tamén se adecentou o firme cunha capa de pavimento pulido pola cal se distribuirán os novos xogos. O obxectivo do goberno local dirixido por Sandra Ínsua consite en continuar a mellorar as zonas de xogos dos máis pequenos sobretodo nos centros escolares de cada parroquia. E dende Camarinas.eu trataremos de seguir estas obras menores, eso si, pero que redundan inmensamente no benestar dos nosos pequenos.
Páxina 1 de 2