• Outro relato descomunal dun usuario de camarinas.eu

    Relato dun home sen nome

    Imaxe dun terrible temporal na praia Area Longa en Reira co Cabo Vilán inmutable
    Imaxe dun terrible temporal na praia Area Longa en Reira co Cabo Vilán inmutable

    Aínda que esta redacción ten fundadas sospeitas sobre a identidade do autor do relato que na noite do xoves 17 de xaneiro deixou abraiados aos centos de familiares cibernéticos que a esa hora disfrutaban do noso Libro de Visitas (o xa coñecido como "Libro de Familia"), camarinas.eu, sempre estricta cumplidora da legalidade vixente, decide manter o anonimato do autor, para que sexa este mesmo o que se descubra, e regálalle ao mundo un relato dun valor literario excepcional, onde o lector vese traspasado, por obra e gracia do xenial rapsoda, á ponte de mando dun barco que encara a ruta do "Jran Sol", no medio dun dos nosos habituais e terribles temporais. Pulsa na foto para ler o relato.

  • Mapa de Camarinas do seculo XVII

    Cabo Villano de Burías

    Imaxe do antigo mapa
    Imaxe do antigo mapa


    A nosa fiel usuaria Marisol Soneira fainos chegar un mapa histórico de Camariñas do século dezasete onde, sobre todo, o que máis chama a atención a esta redacción é a importancia que tiña naquela época o actual lugar de Buría, na parroquia de Camariñas, lugar de residencia de Marisol e do que tan orgullosa se sinte: das súas antigas tradicións e costumes, de ser un auténtico universo en sí mesmo cunhas raigames que se perden no tempo. A importancia é tal que o lugar no que a día de hoxe se atopa o noso Faro de Cabo Vilán aparece no mapa co nome de "El Villano de Burías".
    Para ver a noticia completa e ver o mapa ampliado pulsa na foto.

  • O "Marcha Verde" dixo: Ata aquí

    Agora que se puxo de moda entre algúns xóvenes chiquiteros profesionales de Camariñas sacarlle o pellejo polos bares da comarca aos redactores de camarinas.eu, temos que darlles unha moi mala noticia: un dos bares máis emblemáticos e iconoclastas do noso pobo, o Marcha Verde, pechou co ano novo as súas portas. Camarinas.eu estivo presente nas fotos do adeus e unha impresionante oda de despedida do noso usuario Juan Camariñán.
  • Camariñas engalánase para celebrar as festas navideñas

    Conto de Nadal

    Este ano a praia de Camariñas luce unha decoración navideña moi mariñeira
    Este ano a praia de Camariñas luce unha decoración navideña moi mariñeira

    Chegadas estas entrañables datas navideñas, a redacción de camarinas.eu non podía deixar pasar a oportunidade de celebrar con tódolos seus usuarios a festividade do nacemento do noso Señor Xesucristo e así engrosa a recién creada sección de cultura da máis católica e visitada web de toda a Costa da Morte cun Conto de Nadal escrito polo noso querido usuario e redactor Zhúkov, o cal se adentra polos milenarios rueiros desta antiga vila chamada Camariñas para descubrir un secreto olvidado. Para ler o contiño e ver unhas fotos da decoración navideña de Camariñas pulsa na foto principal.

  • Oda de Pepewells a Mikel, o Guerreiro Poeta

    O Guerreiro Poeta co pobo de Camariñas: O seu exército

    Camarinas.eu non pode olvidarse do seu usuario paradigmático, da persoa que mellor simboliza o carácter guerreiro, combativo e un pouco gamberro desta páxina, da persoa que sen dúbidas máis fixo por ela, por iso sempre respetando o silencio e o máis que merecido descanso dun auténtico batallador pola liberdade e a igualdade, ríndelle a Mikel esta pequena homenaxe escrita por pepewells (ou como di él: "léase pp-well-s"), o outro "Guerreiro Poeta" autocalificado de dereitas de camarinas.eu.

    Ahora ben, toda esta situación deixa unha serie de inquedantes incógnitas no aire: ¿qué significa esta boa relación entre dous camariñáns tan lonxanos políticamente? ¿está a piques de formarse en Camariñas unha entente esquerdas-dereitas entre Mikel e Pepewells? ¿Adoptará esta entente forma de partido político? ¿Este partido,unha auténtica maquinaria política demoledora, concurrirá aos comicios nacionais para intentar salvar á nosa moribunda patria? ¿Será esta a solución definitiva para España? ¿Irá Diego Alonso de número tres de Mikel e Pepewells? ¿E a Lei de Paridade, quenes serán as féminas que completen esa dupla ou trío diabólico?¿Como afectará ese novo partido político á fachada marítima camellana que tanto encanta a algún político camariñán? ¿Significará esa nova entente a volta á vida política de Ruperto Mosquera ou Alonso? En fin, camarinas.eu seguirá sobre a pista, agora non é moi difícil: tódolos teléfonos do pueblo están pinchados.

  • O talento descomunal dos usuarios de camarinas.eu

    Un relato breve de "Juancamariñán"

    juancamarinan, digno sucesor de Chéjov (1860-1904)
    juancamarinan, digno sucesor de Antón Chéjov (1860-1904)

    En toda a Costa da Morte xa están ao tanto do talento innato dos usuarios de camarinas.eu, pero este fin de semana os membros da redacción quedaron especialmente abraiados cun relato breve de juancamarinan debido ao seu parecido cos contos do, posiblemente, mellor escritor de relatos breves da historia da literatura: o ruso Antón Pávlovich Chéjov. Por iso, debido a excepcional calidade literaria do relato, pola brilantez na creación dun estilo propio (ao mesmo tempo irónico e amargo) e pola maestría na captura do típico linguaxe camariñán, ofrecémoslles a todos vostedes esta, en palabras do noso tamén usuario iván, "cápsula milimétrica de sabiduría". Pulsa na foto de Antón Chéjov para ler esta excepcional testemuña do talento literario dos usuarios de camarinas.eu.

  • Cultura