A segunda edición ven impregnada polo talento visual de Reyes FP, un usuario que provinte xunto á súa dona da Provincia de Tarragona, dende aquel lonxano día en que facendo unha viaxe de recreo recalara en Camariñas quedou enamorado da Vila das Palilleiras chegando a adquirir un dos exemplos típicos da arquitectura camariñana: unha das Casas Baratas de Corea. Colaborador dende antigo na realización das Festas do Carme donando á Comisión cuadros pintados por el mesmo, gran aficcionado á pesca e ao sendeirismo, as súas rutas ao longo do noso Concello quedaron perfectamente recollidas nunha galería fotográfica de máis de 60 imaxes no interior desta noticia.
Por elo, para reforzar a preponderancia e peso decisivo dos usuarios na confección diaria da nosa web, creamos unha nova sección chamada "Galerías Fotográficas de usuarios", onde aqueles que estén especialmente vencellados ao mundo da fotografía terán á súa disposición a web máis visitada desta Franxa Atlántica para deslumbrar ao mundo co producto do seu talento visual. E para comenzar procedemos a publicar 50 imaxes da máxima calidade artística dun usuario, chamémoslle... "Juan Salvador Gaviota", o cal prefiere permanecer no anonimato. Pulsa nesta espectacular visión panorámica do Faro Vilán para desfilar ante unha Exposición de Fotografía dun usuario de camarinas.eu que posiblemente nestes momentos, nalgún rincón remoto da Vila dos Encaixes, avizore no seu maxín novas paisaxes cas que deleitarnos...
Páxina 3 de 5