• Los 28, mi espejo en el cielo II

    O gran escritor Alberto Lorenzo deleitanos outra vez máis cos seus relatos autobiográficos

    O autor camariñán Alberto Lorenzo, creador e protagonista do blog  "O espello de Shion" , séguenos sorprendendo semana tras semana cas suas publicacións. Se fai uns días dende camarinas.eu dábamola nova da primeira parte do seu último traballo "Los 28, mi espejo en el cielo", esta semana témola gran satisfación de poder deleitarvos  ca segunda parte da mesma. Unha segunda parte que ninguén se debería perder. A continuación deixámosvos cunha pequena introducción de esta segunda parte do seu novo relato, así como o link da mesma, esperando firmemente que sea do agrado de todos vós:
  • Los 28, mi espejo en el cielo

    O gran escritor Alberto Lorenzo deleitanos outra vez máis cos seus relatos autobiográficos

    O “Espello de Shion” do noso veciño Alberto Lorenzo, natural de Camariñas, sigue dando que falar. Despois dun ano no que o autor camariñán decidira espirse completamente de cara o lector, creando o seu propio blog de relatos cortos de carácter romántico, todos eles basados na sua propia vida, esta vez, e festexando o seu primeiro aniversario no mundo da literatura, sorpréndenos cunha nova publicación: o primeiro capítulo do seu novo traballo “Los 28, mi espejo en el cielo”. En dita publicación, que constará de catro partes, o autor, moi lexos de seguir a liña habitual de relatos os que nos viña tendo acostumados, esta vez aposta por facernos un relato resumén do que él mesmo denomina como “posiblemente o ano mais complicado da miña vida”. En “Los 28, mi espejo en el cielo” tanto seremos testigos das dificultades das novas xeneracións a hora de encontrar un posto de traballo debido a crisis económica que estamos a vivir, como poderemos comprobar cada unha das decepcións personais as que o autor tuvo que facer frente neste último ano da sua vida. Esto todo sempre sin chegar a perder, en ningún momento, ese perfil romántico que caracteriza cada unha das publicacións do autor camariñán. Un exemplo claro disto é o seguinte fragmento da sua última publicación “Los 28, mi espejo en el cielo”:
  • Literatura Galega: Merlín e Familia

    Florentino Rogero analiza a obra dun dos grandes da literatura galegaNado en Mondoñedo en 1911 Álvaro Cunqueiro é sen lugar a dúbidas un dos  grandes da literatura galega e española. Artista polifacético, diversos foron os campos nos que ao longo da súa prolífica vida demostrou o seu inmenso talento: novelista, dramaturgo, poeta, gastrónomo, xornalista (non en van foi director do Faro de Vigo de 1965 a 1970), etc... Dentro da súa creación en prosa se hai unha obra que destaca por dereito propio esa á "Merlín e Familia", aquela que narra as prácidas aventuras do inmortal mago da corte do Rei Arturo nos seus anos crepusculares, a cal é obxecto da análise admirada e agradecida do noso querido usuario Florentino Rogero.
  • El Espejo de Shión 3ª Parte

    Alberto Lorenzo deleitanos esta vez co un Triste Blues de Medianoche

    Unha vez mais o noso veciño Alberto Lorenzo non deixa de sorprendernos. Se na última noticia que publicábamos  en camarinas.eu sobre o autor camariñán, e o seu blog autobiográfico de relatos cortos "O espello de Shion", nos sorprendía co relato "Las reglas del juego", este mes de Xaneiro foi sen dúbida algunha o mes do seu "Triste blues de medianoite". Neste útimo relato, que consta de catro partes, o escritor camariñán tanto se atreve a tratar temas cómo as dificultades da vida a hora de loitar polos nosos soños, cómo non discrepa a hora de criticar a golpe de prosa o materialismo ou a soberbia. Todo isto mentras, cómo non, conta a sua particular historia de amor-desamor a que nos ten acostumados dende que, unha mañán de Maio do ano pasado, optara por crear o blog. En "Triste blues de medianoite" tanto nos podemos atopar ca tensión dos diálogos que manteñen os dous protagonistas de dito relato, cómo nos podemos atopar cun grande abanico de novos e antigos persoaxes, cada un cas suas diferentes personalidades e facetas. Da banda sonora do relato esta vez ocúpanse grandes voces e grupos actuales como Placebo, Muse, Alanis Morissette, ou o xenial Lenny Kravitz , conseguindo así, se cabe, introducirnos un pouco mais nas esceas as que o autor camariñán nos intenta facer viaxar. Un claro exemplo disto é o seguinte fragmento do seu relato "Triste blues de medianoite":
  • El espejo de Shion 2ª parte

    Alberto Lorenzo, a sorpresa literaria da Costa da Morte

    Facía unhas semanas coñecíamos unha nova faceta do noso veciño Alberto Lorenzo, natural de Camariñas, mediante as redes sociais, o seu blog autobiográfico de relatos cortos "El espejo de Shion". Esta semana sorpréndenos ca segunda parte do seu último traballo "Las reglas del juego ( La chica del corazón de cristal )" , relato como de costume de perfil dramático romántico, ambientado na máxica cidade de Santiago de Compostela, o que él mesmo define como " o texto con mais descarga emocional hasta o momento, e tamén o mais coidado desde o punto de vista narrativo". Deixámosvos con un apetitoso adelanto de este seu último traballo:
  • Alberto Lorenzo e "O Espello de Shion"

    O escritor Alberto Lorenzo, novo colaborador de Camarinas.eu

    É unha realidade que as redes sociales nos están a cambiar a vida. Noticias en tempo real, foros e grupos de todo tipo, un medio efectivo e gratuito de comunicación, e nalgúns casos un trampolín a inspiración. Este é o caso de Alberto Lorenzo, un xoven de 28 anos natural de Camariñas, e o seu blog autobiográfico de relatos cortos "O espello de Shion". Nel o camariñán destápase emocionalmente de maneira  sobrecolledora en cada liña que forma cada novo relato sobre momentos puntuales da sua vida, atraendo cada vez mais adeptos. Ese punto dramático amoroso que caracteriza o blog chega os corazóns da xente de maneira profunda e elegante, por medio dunha narración en primeira persoa moi coidada e traballada, na que non se priva de amosar o lector os seus mais íntimos pensamentos. Exemplo disto son relatos como "Capuccino Rennie", "La aguja del escorpión" ou o seu último traballo "Piezas de un puzzle llamado destino", no que o camariñán consegue poñernos a pel de galiña gracias a textos coma este:
  • Literatura Galega: Daniel Rogero Picazo

    Daniel Rogero Picazo comeza a súa colaboración coa Cultura Galega en Camarinas.euDaniel Rogero é o fillo do noso habitual colaborador Tino Rogero Figueiras. “Dani da Ponte”, como lle chaman os seus amigos camariñans, é un xoven que estuda Dereito e Xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e é por riba de todo un namorado do mar, de Galicia e de Camariñas.  Pasa todos os veráns no pobo da súa avoa, gústanlle os deportes, o footing, o Karate, e nos veráns practicar a vela, a pesca submarina e a pesca con cana nas augas da nosa costa. Dende pequeno amosou moito interese polos idiomas en xeral e en especial pola nosa lingua, pódese dicir que Daniel é un galego, un camariñan nacido en Madrid.
  • Literatura Galega: Bicos De Sol

    Novo artigo de Florentino Rogero sobre as últimas novedades da industria literaria galegaNova colaboración do noso querido usuario Florentino Rogero (E logo ti de quen eres?) ca web da súa terra nai. Desta volta fálanos dunha nova xoia dentro do florecente universo literario galego, "Bicos de Sol", da escritora Asún Estévez, que constitúe todo un exemplo de como encarar por parte dunha xove nai a loita infatigable contra a lacra do cancro. Asemesmo, Florentino Rogero foi quen de conquerir que a mesmísima autora do libro ao que vai adicada esta edición da sección de literatura en galego de camarinas.eu se comprometese a colaborar periódicamente co líder cibernético da Costa da Morte. A súa primeira homenaxe irá adicada a "O lapis do carpinteiro", a obra que consagrou definitivamente a Manuel Rivas. Pero eso queda para máis adiante. Agora a desfrutar con Florentino Rogero e "Bicos de Sol".
  • Certame Poético Concello de Mugardos

    O talento poético de Antonio Puertas segue a colleitar premios no ámbito literario

    Desta volta foi no norte galego, concretamente en Mugardos, onde o talento inmenso, inabarcable, de Antonio Puertas voltou a saír vencedor nun concurso literario. Tratábase do IV Certame de Poesía Concello de Mugardos celebrado o pasado 21 de marzo co gallo do Día da Poesía na cidade da costa meridional da Ría de Ferrol, dúas eran as categorías, menores de 18 anos, maiores de 18 anos, e un só gañador no ámbito dos adultos: Beldoña. A un xurado que contaba entre os seus membros á escritora Clementina Vidal Caramés ou ao concelleiro de cultura José Antonio Bouza Rey non lles quedou máis remedio que recoñecer a calidade literaria, lírica, exemplo maxistral de dominio do vocabulario e gramática máis mariñeira, de "Cantareira", a súa poesía presentada a concurso e premiar co máximo galardón a esta composición homenaxe á típica gamela da Vila dos Encaixes, plena de referencias á embarcación máis camariñana.
  • Antonio Puertas: O Cobre da Praia de Camariñas

    A nova entrega de Historia de Camariñas por Beldoña
    Nunca comprendín moi ben, como era posible que houbese semellante cantidade de cobre e de chumbo soterrado no limo e nas areas da nosa praia. Todos os raparigos acudíamos a diario á escaravellar cun sacho, pa conseguir uns anacos deses apreciados metais, que tanto nos tiñan valido, pa mercar unha entrada po cine Rialto. Non era posible que aquela riqueza, crecese por obra de maxia, nin que fose a caer do ceo, como maná milagreiro, como antano tiña caído, e alimentara ao pobo xudeu no seu peregrinar a través do deserto. Inda que, as veces, algún que outro avión ferido en combate, como ave abatida, fose un agasallo engadido, d´algúns gramos mais daquel desexado metal, que estaba á desequilibrar a balanza, en favor duns entusiastas vendedores.
  • Antonio Puertas:Historias de Camariñas VI

    Antonio Puertas:Historias de Camariñas VI
    A partir dunhas sinxelas cartillas de racionamento do ano 1939, Antonio Puertas compoñe un maxistral relato acerca dos anos da posguerra en Camariñas. Tempos duros, anos da fame, de odios e rencores, de falanxistas e requetés, de boinas bermellas e camisas azuis, dunha escasez xa esquencida, que non empezou a ser lembrada como un mal soño do pasado ata a aprobación polo Goberno do Xeneral Franco do Plan de Estabilización Económica de 1958, base do futuro miragre económico español. Cronista oficial de camarinas.eu e posuidor duns documentos dun valor histórico invaluable, Antonio Puertas segue a deixar constancia do pasado remoto do Concello de Camariñas nunha nova serie de catro relatos que nos retrotraen, por temática, por argumento, por calidade, ao Neorrealismo italiano, cas súas películas maxistrais de Roberto Rosellini ou Vittorio de Sica ou ao cine español de posguerra ca súa perpetua galería de persoaxes de estómagos baleiros: Surcos (1951), Bienvenido Mister Marshall (1952), El Pisito (1958), Plácido (1961), El Verdugo (1963), etc... Relatos doutros tempos, relatos dos mesmos lugares.
  • Memorias dun Ninguén por Florentino Rogero

    Nova entrega da sección de LiteraturaDende Madrid, pero ca Ponte do Porto no corazón, volve Florentino Rogero na sección de camarinas.eu adicada á Literatura Galega cun documentado artigo adicado ao libro "Memorias dun Ninguén", escrito por Carlos Mella, ex-vicepresidente da Xunta nos gobernos de Xerardo Fernández Albor e controvertida persoaxe pública que protagonizou unha espectacular viraxe política que o levou dende as filas da centrista UCD ata o BNG, pasando pola mítica Alianza Popular (AP) e a desaparecida Coalición Galega, fallido experimento dun nacionalismo de centro-dereita. O repaso a toda unha vida, as reflexións persoais certeiras e lúcidas e a preocupación polo pasado, presente e futuro de Galicia son analizados exhaustivamente polo noso usuario Florentino Rogero nun artigo que constitúe todo un luxo para camarinas.eu, a web onde están os mellores.
  • Escola de Teatro Municipal: As Palilladas

    Novo éxito do teatro camariñán

    Novo éxito das Escolas Municipais de Teatro na representación dunha obra autóctona
    Novo éxito das Escolas Municipais de Teatro na representación dunha obra autóctona

    Camariñas evidentemente non é Broadway, pero cada vez se parece máis. Porque pouco a pouco máis e máis obras de teatro vanse representando por unhas Escolas Municipais de Teatro que nas diversas parroquias do Concello contan con talentosos seguidores do método popularizado por oscarizados Marlon Brando ou Paul Newman no Actor's Studio que logran interpretacións  convincentes e realistas. Esto por exemplo sucedeu na omnipresente e multifuncional Casa de Pedra este derradeiro domingo 4 de xullo de 2010 cando se puxo en escena a obra escrita por Bernardino Martínez "As Palilladas". Alí anta e mirada analítica dun público esixente os nosos cativos deron o mellor de si nunha actuación portentosa que sen dúbidas lograría arrancar aplausos do mesmísimo Konstantín Stanislavski. En definitiva, outro éxito interpretativo que añadir á xeración de ouro do Teatro camariñán.

  • Xeografia.eu: Palacios de San Petersburgo

    Os maiores palacios do mundo

    O azul celeste do gran palacio de Tsárskoe Seló resplandece na inmensidade da tarde rusa
    O azul celeste do gran palacio de Tsárskoe Seló resplandece na inmensidade da tarde rusa

    Neste chuvioso e malhadado domingo 9 de maio de 2010, Día da Victoria, festéxase en Rusia e en todo o que un día constituío o orbe soviético o maior triunfo que viron os séculos: aquel heroico e inigualable que os pobos da antiga URSS infrinxiron en condicións dramáticas á Alemania fascista. Camarinas.eu non podía permanecer allea a más grande das festividades que se celebran no gran país eslavo e que de seguro congregará a decenas de miles de soldados nun impresionante desfile polo marco incomparable da Praza Roxa de Moscú, cun especial adicado á outra gran capital do xigante euroasiático. Unha reportaxe que visita os grandiosos e sublimes palacios que rodean o casco urbano de San Petersburgo, rememorando a viaxe que levou ao noso redactor Zhúkov en agosto de 2006 a gran Capital da Rusia dos Zares.

  • Antonio Puertas: Historias de Camariñas V

    Antonio Puertas: Historias de Camariñas V
    Hai xa un tempo que Antonio Puertas publicou no Libro de Familia de camarinas.eu un relato que causou especial impacto nos membros da redacción do medio de comunicación líder da Costa da Morte. Tratábase daquel que por calidade literaria, dominio da toponimia e da orografía, pola cuidadosa e exacta evocación de caracteres e persoalidades que xa non están con nos e pola perfecta recreación duns tempos idos, únicos, merecía ser publicada con tódolos honores na nosa portada. Un relato, ademáis que por temática e categoría non desmerecía en absoluto a calqueira dos incluidos nun dos libros máis importantes e trascendentes da historia da literatura: Relatos de un Cazador, publicado en 1852 polo gran mestre ruso Iván Turguéniev e decisivo, tras unha intensa e penosa lectura, na decisión do Zar Alejandro II de abolir en 1861 a servidumbre que asoballaba ao campesinado ruso a mans dos grandes señores. Así, para deixar constancia ante os medios culturais da Costa Atlántica do maior talento literario da mesma, porque constitúe un honor e un privilexio seguir engrosando a nosa sección de cultura con obras como a presente, procedemos a publicar, formando parte dunha colección de cinco contos, unha pequena xoia literaria: o relato de Antonio Puertas "Os Cazadores".
  • Literatura Galega, por Florentino Rogero

    Camarinas.eu salda a conta que tiña pendente ca cultura galega a través desta nova sección literaria
    Camarinas.eu salda a conta que tiña pendente ca cultura galega a través desta nova sección literaria

    A nova sección adicada á Literatura Galega 

    Camarinas.eu cobre unha laguna que tiña pendente e comenza na data presente cunha sección adicada á Literatura en Galego resultado dunha colaboración de luxo: a do noso querido usuario Florentino Rogero Figueiras  (nick: E logo ti de quen eres), experto economista que aínda que nado en Santander e residente en Madrid non puido olvidar á que constitúe á terra da súa nai, o Campo do Outeiro na Ponte do Porto, e por propia iniciativa inicia unha interesante e rica colaboración cultural co medio de comunicación que representa polo mundo estos benditos lugares chamados Concello de Camariñas. O que non deixa de constituir un feito sen precedentes: unha web na que os seus agradecidos e emocionados redactores reciben cada semana unha auténtica avalancha de propostas, colaboracións e axudas dos seus talentosos usuarios ata o punto de prácticamente non ter tempo nin espacio material para publicalas todas. Pero mellor deixemos que sexa o propio Tino o que nos conte un pouco da súa vida e viviseccione ante os usuarios de camarinas.eu o primeiro dos libros elexido:“O único que queda é o amor” de Agustín Fernández Paz.

  • Galerias Fotograficas de Usuarios:Thor

    O noso usuarios Thor captou toda a beleza do Faro Vilán dende a parte posterior da Pedrosa

    Remedando a potencia do Deus vikingo do que toma o nome, o noso querido usuario Thor trae ata as páxinas de camarinas.eu unhas fotos cargadas de forza e contundencia. A forza da lirismo, da beleza e da grandiosidade das nosas paisaxes captada en todo o seu fulgor. Pero ademáis a presente reportaxe ven a confirmar unha realidade que en camarinas.eu estamos a constatar dende un tempo a esta parte: prácticamente non damos abasto a publicar todo tipo noticias que son traídas, con todo o cariño, con toda a ilusión, polos nosos usuarios ata a redacción da web que abrío Camariñas definitivamente ao mundo globalizado de internet. Inundados literalmente de iniciativas do usuariado máis interactivo de Galicia, ata o extremo de non haber sitio dende xa hai un tempo para unha das clásicas reportaxes made in camarinas.eu: aquelas que constitúen as perlas dos ollos dos redactores da web. E sen embargo, estes encantados de que sexa así.
  • II Encontro de Teatro da Costa da Morte

    Camariñas, Capital Teatral

    ¿Quen sabe si no futuro de entre estos cativos non sae outro talentoso Antón Chéjov ou Mijaíl Bulgákov?
    ¿Quen sabe si no futuro de entre estos cativos non sae outro talentoso Antón Chéjov ou Mijaíl Bulgákov?

    O vindeiro ano 2010 comezará teatralmente en canto ás actividades culturais se refire ca posta en marcha do día 3 ao día 10 de xaneiro do II Encontro de Teatro da Costa da Morte que terá lugar nunha polivalente Casa de Pedra que o mesmo vale para edificio administrativo que para organizar un mitin político, que para unha entrega de premios, que para que flúa do shakespiriano talento dramático de actores... En todo caso o aperitivo do que está por vir xa tomou corpo a semana pasada cando tivo lugar a representación dun conto adicado aos máis pequenos escrito por José Leis e Bernardino Martínez, dirixido por este último, organizado en colaboración ca ANPA do CEIP O Areal e que enchío o antes referido edificio multiusos ata os topes de cativos sedentos de arte e do que camarinas.eu dou boa conta cunha amplia galería fotográfica.

  • Xeografia.eu: Emiratos Arabes Unidos

    Dubai: Viaxe ao Reino de Simbad El Marino

    A nosa usuaria Lucía reflexou á súa viaxe ao emirato de Dubai nunha impresionante galería fotográfica
    A nosa usuaria Lucía reflexou á súa viaxe ao emirato de Dubai nunha impresionante galería fotográfica

    O que era un conxunto de cabanas de teitos de palma desvencixados convertíose nuns poucos anos nunha das metrópolis máis modernas do planeta da man dos tan aceitosos e manantes petrodólares. Un bosque interminable de rañaceos, o único hotel do planeta de sete estrelas, autopistas futuristas inundadas por un parque automovilístico de deportivos de luxo sen igual en todo o mundo... Alá, ao reino de Simbad el Marino e de Alí-Babá e os 40 ladróns, en plena Península Arábiga e  bañadas as súas costas polo Golfo Pérsico, foise nos primeiros días de novembro do ano do Noso Señor de 2009 seguindo a estela da Selección española de fútbol praia a nosa querida e fermosa usuaria Lucía Pedrouzo Martínez. Pero mellor será que ela mesma nos conte os ecos deixados pola súa viaxe a Dubai, un dos sete emiratos que compoñen os Emiratos Árabes Unidos.

  • Galerias de Usuarios: Caseta Forestal de Reira

    Esta foto de JGS non sabemos por que pero parece evocar aquela lexendaria portada do Led Zeppelin IV
    Esta foto de JGS non sabemos por que pero parece evocar aquela lexendaria portada do Led Zeppelin IV

    Oda a unha Caseta Forestal

    Pois aquí en camarinas.eu sempre fumos mui bohemios, pero bohemios de verdade, que para eso non nos fai falla levar unhas rastas hasta a cintura e andar todos desharrapados polas rúas. E mui flamencos tamén, e si ven un tío e nos di: pois eu quero dedicarlle unha oda a unha caseta forestal abandonada desde os tiempos de cando Franco aínda era corneta, pois vai e se lle publica, sempre que pase o único control que se lle fai nesta redacción: o de calidade. Pero si aquí tuvemos a coraxe de publicar unha señora oda a unha barandilla destartalada ¡¡e de segunda man!! E con notable éxito de público e crítica polo que se vío. Pois agora o que arrisca o seu honor e fortuna é un usuario de camarinas.eu que prefiere manterse no anonimato e ao que, a diferencia de JSG (Juan Salvador Gaviota), daremos en chamar JGS que decide tomar a alternativa e saltar aos ruedos do mundo da fotografía artística e da alta literatura cunha oda á Caseta Forestal de Reira. Suerte Maestro.