• Nova exposición no museo Man de Camelle.

    Nova exposición no museo Man de Camelle.

    O movemento no museo Man de Camelle non se detén e tras o paso da exposición “Desde el mar” de Diana Bustamante xa ten unha nova data de inauguración nas súas salas, o vindeiro 17 de Xuño a partires das 20:00 horas. Trátase da exposición “Simbiosis Marina” do autor Francesc Ramis que se achega a Costa da Morte da man da liña de axudas do Instituto de Estudios Baleares, como o fixera a súa predecesora.