• Obradoiro artístico “Formigas” no museo Man de Camelle.

    Obradoiro artístico “Formigas” no museo Man de Camelle.

    O próximo 25 de Abril o Museo Man de Camelle celebrará un obradoiro artístico titulado “Formigas” Nel, cada participante poderá intervir e transformar durante 4 horas a súa propia formiga de ferro de 18 a 25 que proporciona a organización do evento xunto coa pintura necesaria. Tamén se poderán empregar outros materias no proceso que terán que traer os participantes xunto coas ferramentas que precisaren.

  • Inauguración no Museo Man de Camelle da exposición "De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo"

    Na mañá deste sábado 26 de setembro presentouse o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica.

    O Museo MAN acolleu esta mañá a inauguración dunha exposición da Fundación Vicente Ferrer baixo o título ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’, o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica.

  • O Museo MAN albergará unha exposición a favor da Fundación Vicente Ferrer

    O Museo MAN albergará unha exposición a favor da Fundación Vicente Ferrer

    O Museo MAN albergará o vindeiro sábado, 26 de setembro, unha exposición da Fundación Vicente Ferrer baixo o título ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’, o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica. A inauguración será o vindeiro sábado, 26 de setembro, no propio Museo e ás 12:00 horas. Será obrigatorio o uso de máscara sanitaria e o Concello porá a disposición das persoas asistentes xel hidroalcólico para a correcta desinfección das mans.

  • Áreas Mariñas Protexidas: Exposición no Museo de Man de Camelle

    Áreas Mariñas Protexidas: Exposición no Museo de Man de Camelle
    Comprometidos por continuar difundindo os valores que defendía Manfred Gnädinger, con esta exposición adicada ás Áreas Mariñas Protexidas que está prevista para o 22 de marzo de 2018, a dirección do Museo Man de Camelle quere achegar o incuestionable patrimonio, tanto natural como cultural, que atesouran as áreas mariñas que temos o deber e a responsabilidade de cuidar.