• Os servizos municipais retoman a casa de pedra

    Os servizos municipais retoman a casa de pedra

    Os servizos municipais retoman a casa de pedra tras a renovación do chan e a instalación de varios armarios e estantes novos. Estes traballos realizados polos rapaces/as do módulo de “instalación de elementos de carpintería” do obradoiro “Xuventude polo emprego” promovido polo Concello de Camariñas xunto co de Vimianzo e Muxía, teñen unha segunda fase que deberá esperar até que mellore o tempo posto que son no exterior do edificio. Tamén queda pendente a instalación de unhas pezas máis de mobiliario que se levaran a cabo proximamente.

    A alcaldesa Sandra Insua estivo presente e amosou a súa satisfacción polo “bo traballo realizado até o de agora” felicitando tanto ao alumnado como ao seu monitor.

  • A Escola Taller de Camariñas, Muxía e Vimianzo empeza forte no noso concello

    A Escola Taller está a realizar a nova app sobre os naufraxios e un novo solo na Casa de Pedra

    O programa “Xuventude polo Emprego” promovido polos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía busca a formación e inserción de rapaces e rapazas novas no mundo laboral en distintos eidos. Na procura dese cometido están a realizar dous proxectos relacionados coa vila de Camariñas.

  • Camariñas, Muxía e Vimianzo solicitarán 1 millón de euros para mellorar o emprego e a formación

    Camariñas, Muxía e Vimianzo solicitarán 1 millón de euros para mellorar o emprego e a formación

    Este venres 28 de febreiro, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; e o alcalde de Muxía, Iago Toba; firmaron en Muxía un acordo para traballar conxuntamente en tres proxectos que permitirán mellorar o emprego e a formación nestes municipios.

  • Oportunidade para emprendedores: traspásase supermercado en Camariñas

    Oportunidade para emprendedores: traspásase supermercado en Camariñas

    Vamos agora cunha interesantísima oportunidade para todos aqueles que desexen traballar por conta propia nun sector que nunca está en crise. Trátase da recente posta en traspaso do exitoso supermercado Día de Camariñas que os seus xerentes durante tantos anos poñen a disposición de todo aquel que desexe facerse cargo deste negocio. As condicióna para optar a rexentar un dos supermercados con mellores prezos do mercado son realmente moi apetecibles, e estamos seguros de que en breve será adquirido polo más rápido en contactar co representante da empresa. Nos deixamosvos aquí o teléfono de contacto (639 29 42 18) para que aproveitedes a oportunidade de negocio que vos brindamos en exclusiva en Camarinas.eu

  • Oferta de emprego: O Concello de Camariñas convoca probas para a contratación de sete peóns

    Oferta de emprego: O Concello de Camariñas convoca probas para a contratación de sete peóns

    O Concello de Camariñas vén de facer público o proceso de contratación de sete peóns ao abeiro da liña de axudas para a contratación ‘PEL Concellos’, promovida pola Deputación da Coruña dentro do seu Plan de Emprego Local para e dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación das axudas polo que a recepción de solicitudes rematará o vindeiro 11 de xuño. As tarefas das que se encargarán estes operarios municipais serán: traballos de mantemento e limpeza de cunetas e taxeas das vías e pistas do Concello; desbroces e limpezas, melloras no firme, arranxos en beirarrúas, prazas, sumidoiros e muros...

  • O Concello de Camariñas convoca tres prazas de técnico para a Oficina de Turismo do municipio

    O Concello de Camariñas oferta a contratación laboral temporal de dous técnicos para a Oficina de Turismo de Camariñas a tempo parcial, e unha praza a tempo completo. Os postos están dirixidos a persoas formadas en Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas; grao ou diplomatura en Turismo, en Ciencias Empresariais e Turismo, en Historia do Arte, en Humanidades, en Xeografía e Ordenación do Territorio, ou en Historia.

  • Oportunidade de emprego: Véndese licencia de taxi en Camariñas

    Oportunidade de emprego: Véndese licencia de taxi en Camariñas
    Vamos agora con unha importante oportunidade de emprego para todos aqueles que queiran ser autónomos e estar as ordes dun mesmo así como de ter a liberdade de decidir as horas de traballo. Esta mesma semana viñemos de saber por medio do seu dono que se puxo á venda unha licencia de Taxi para traballar legalmente na localidade de Camariñas. E é que este oficio de chófer está en auxe novamente na Vila das Palilleiras sobretodo despois das lamentables deficiencias que o servizo de autobuses da Costa da Morte ven arrastrando últimamente. Así que xa saben vostedes, para todos aqueles que desexen información sobre a licencia que se poñe á venta non tendes máis que chamar ao número de teléfono 639 96 74 50 onde o vendedor lles indicará todos os pormenores para facerse coa preciada licencia. Non deixedes pasar esta oportunidade!
  • Os rapaces de Camariñas terán transporte gratis para asitir á Feira de Emprego da Cámara de Comercio da Coruña

    Estatua da Pailleira na Praza de Insuela co Concello de Camariñas ao fondo
    O servizo de orientacion laboral dos concellos de Camariñas e Vimianzo está a organizar en colaboración coa Cámara de Comercio a visita á Feira de Emprego que terá lugar o dia 1 de marzo na Coruña. Esta feira ofrece á mocidade desempregada contacto directo con empresas que buscan persoal para contratar e ás que pode entregar curriculum e mesmo facer entrevistas persoais. Tamen haberá seminarios, conferencias e obradoiros e asesoramento de profesionais de recursos humanos para mellorar as competencias persoais e o perfil profesionale da mocidade
  • Un distintivo para as empresas colaboradoras co programa "Deseñando o teu futuro na Costa da Morte"

    Deseñando o teu futuro na Costa da Morte
    Os concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxia e Vimianzo agradeceron públicamente a colaboración das empresas participantes nas tres edicións do programa de estadías para mocidade Deseñando o teu futuro na Costa da Morte. Subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia máis de 30 empresas colaboraron neste programa nos tres últimos anos.
  • Se vende parada de taxi en Camariñas

    Se vende parada de garaxe en Camariñas
    O taxi, un dos negocios máis en alza nos últimos tempos en Camariñas, ven de sumar agora unha nova oportunidade para o emprendedor que queira dispoñer da súa propia parada de taxi en propiedade. Un dos míticos taxistas que rexentaron esta praza dende hai tantos e tantos anos pon fin á súa dilatada carreira ao volante e saca publicamente á venta este posto de traballo fixo. Todo aquel que desexe información sobre esta importante oferta pode poñerse en contacto co propietario de dita praza chamando ao 639 96 74 50 onde será atendido gustosamente.
  • Comenza unha nova Escola Obradoiro en Camarinas

    Con alumnas tan guapas esta escuela taller seguro que será un exito

    Este luns 1 de Outubro de 2007 comenzaba unha nova edición da Escola Obradoiro de Camariñas "Aldea Madeira". A primeira fase do obradoiro de emprego desarrollarase nas aulas do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais "Ramón Noguera Oreiro" (C.I.E.)  sita na rúa Río do Prado e a segunda fase  terá lugar nesa paraxe idílica que é o Complexo Turístico "Aldea Madeira" situada en Brañas Verdes. A financiación realizase integramente pola Consellería de traballo da Xunta de Galicia, nembargantes a xestión integral de todo o proxecto farase dende o Concello de Camariñas.