• O coronavirus chega a Camariñas: dous casos confirmados en Arou

    O coronavirus chega a Camariñas: dous casos confirmados en Arou

    Ante a grave crise sanitaria que estamos a padecer, retomamos aquí en Camarinas.eu a nosa responsabilidade informativa para levar a todos os nosos veciños do Concello de Camariñas a última hora do que aconteza co coronavirus. E como era predecible, esta terrible enfermidade chegou finalmente aos confíns da Costa da Morte. Dous veciños de Arou atópanse hospitalizados por mor desta terrible pandemia que está a asolar medio mundo. Os pacientes están a ser tratados no Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira de Cee en donde, según fontes próximas, evolucionan favorablemente. Dase a circustancia de que esta parella contaxiose supostamente por mor dunha recente viaxe organizada polo Inserso a terras levantinas e que, despois da súa chegada a vila de Arou este sábado rematada a susodita viaxe comezaron a sentir os síntomas típicos que este virus provoca cando se revela despois do seu estado de incuvación. Cando estes veciños se acercaron ao centro de saúde pronto foron diagnisticados e trasladados ata o hospital de Cee. Dende o Concello de Camariñas tomáronse inmediatamente medidas urxentes de desinfección de gran parte das rúas e viales da parroquia camariñana de Arou. Deste xeito vense complementadas as medidas xa tomadas dende o principio da crise sanitaria coa desinfección de zonas comúns de uso con risco, tales como as entradas a centros de saúde ou os accesos aos contedores de lixo. Así e todo dende esta redacción queremos facer un chamamento á tranquilidade e, sobretodo, á responsabilidade de todos os cidadáns para que cumplan a raxatabla e sin excepcións todas as esixencias sanitarias deste estado de alarma que está a imperar nestes días en España e que se ampliará moi probablemente ata mediados de abril de 2020. Continuaremos informando.