• Inicio do prazo de inscrición das actividades de verán do Concello de Camariñas

    Inicio do prazo de inscrición das actividades de verán do Concello de Camariñas

    Hoxe, día 10 de Xuño, ábrese o prazo para inscribirse nas actividades de verán que se ofertan dende o Concello de Camariñas que, por mor da situación sanitaria, este ano terán prazas limitadas e realizaranse por quendas.

  • Remata a instalación dos novos asadores da área recreativa do Ariño

    Remata a instalación dos novos asadores da área recreativa do Ariño

    A área recreativa do Ariño, na vila de Xaviña, sempre foi un lugar moi concorrido. O lugar conta con mesas e bancadas onde se pode desfrutar de unha comida a beira da praia. Porén, nos últimos anos o seu uso viuse restrinxido durante a época estival debido a imposibilidade de utilizar os asadores que se atopan dentro da zona. Isto debíase a que as súas estruturas non cumprían as normas actuais requiridas en emprazamentos con vexetación.

  • Proxecto de pavimentación da rúa Alto do Penedo da Ponte do Porto

    Proxecto de pavimentación da rúa Alto do Penedo da Ponte do Porto

    Dende o Concello de Camariñas licítase o proxecto para a pavimentación da rúa Alto do Penedo da Ponte do Porto. Os traballos inclúen o roce da e a limpeza das marxes da vía, a demolición do pavimento existente en varios dos seus tramos e, por último, a execución de un novo firme de aglomerado asfáltico e lastro rústico de pedra granítica.

  • Cuarta entrega do "Eu Son Camariñas"

    Cuarta entrega do "Eu Son Camariñas"

    Este martes pasado saía a cuarta entrega do programa “Eu Son Camariñas” tendo como protagonista a Evaristo Antelo López “Ito” armador e patrón da súa propia embarcación, o buque “Apostol”.

  • Puntos da sesión plenaria de hoxe, Venres 28 de Maio.

    Puntos da sesión plenaria de hoxe, Venres 28 de Maio.

    A sesión plenaria do Concello de Camariñas de hoxe, Venres 28 de Maio, tivo como proposta principal a reurbanización das rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández situadas na punta da Insua da localidade camariñá, así como a solicitude á Deputación da Coruña dunha subvención nominativa para financiar ditas obras cun valor total de 128.000 euros.

  • O proxecto Camariñas Composta chega ao seu ecuador

    O proxecto Camariñas Composta chega ao seu ecuador

    Nos últimos anos dende o Concello de Camariñas lanzouse o “Camariñas Composta”. Este proxecto de compostaxe busca que os seus participantes reutilicen os refugallos orgánicos dos seus fogares para compostar e poder usar o resultado nos seus propios cultivos.

  • Limpeza do Camiño dos Faros no Concello de Camariñas

    Limpeza do Camiño dos Faros no Concello de Camariñas

    Nos últimos anos o turismo de deporte e actividades ao aire libre creceu en gran medida, máis dende a situación epidemiolóxica que se está a vivir dende fai un ano. Neste eido as rutas do Camiño dos Faros están a cobrar especial relevancia e no Concello de Camariñas hai un total de 3 das 7 que o compoñen: Laxe-Arou, Arou-Camariñas e Camariñas-Muxía.

  • Nova proposta para a senda da Punta dos Castros

    Nova proposta para a senda da Punta dos Castros

    No mes de Xaneiro o Concello de Camariñas propuxo un plan para realizar unha senda na ribada da Punta dos Castros e, deste xeito, poder conectar a zona da Area da Vila coa praia de Lingunde. Porén, este foi rexeitado polos expertos en arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza alegando que o estudo previo realizado sobre o terreo era insuficiente. O motivo dese rexeitamento foi que por onde se situaría a senda ao finalizar o proxecto podería ser un terreo que gardara restos arqueolóxicos a unha maior profundidade da que se estudo polo de agora.

  • Finalizan os traballos na zona de Portocelo de Camariñas

    Finalizan os traballos na zona de Portocelo de Camariñas

    A zona de Portocelo da vila de Camariñas albergaba antigamente un lavadoiro onde a xente do Campo ía lavala súa roupa. Porén, nos últimos tempos caeu no desuso e con el no descoidado xeral que permitiu a vexetación crecer até o punto de ocultar practicamente todo o lugar.

  • Estrea da terceira entrega do “Eu Son Camariñas”

    Estrea da terceira entrega do “Eu Son Camariñas”

    Onte, martes 27 de Abril, estreouse a terceira entrega do “Eu Son Camariñas” o programa municipal do Concello de Camariñas que pretende dar visibilidade aos veciños senlleiros das súas localidades.

  • O Museo Man de Camelle acolle a exposición “Desde el Mar”

    O Museo Man de Camelle acolle a exposición “Desde el Mar”

    A pintora balear, Diana Bustamante, chega ao Concello de Camariñas coa súa exposición “Desde el Mar” que ficará no Museo Man de Camelle dende o 30 de Abril até o 30 de Maio. Nada en Santa Eulalia del Río, un municipio da illa de Ibiza, Diana Bustamante licenciouse en belas artes pola Universidade Complutense de Madrid. No seu traballo conxunta e relaciona técnicas de pintura, debuxo e collagecoas técnicas de gravado ao collagraph, monotipos e outras cousas.

    Nesta exposición a pintura da artista balear está protagonizada polo mar e nas súas obras evidencia a riqueza e versatilidade da paisaxe mediterránea a través de un percorrido por lugares entrañables das Illas Baaleares e da Costa Branca. Ademais, nelas aparece a costa Atlántica con lugares como o cabo Vilán ou mesmo Camelle cunhas homenaxe a Manfred Gnädinger.

    A exposición chega a Costa da Morte da man da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares e estará comisariada po Antoni Torres Martorrell.

    “Ants, Treballadores”

    Previamente á inauguración da exposición de Diana Bustamente o espigón de Camelle acollerá, de 17 a 19 horas, a mostra “Ants, Treballadores” que está a percorrer o territorio nacional. Esta exposición está realizada por artistas de orixe balear e homenaxea ás mulleres anónimas traballadoras.

     

    CABO_VILAN_RET__DIANA_BUSTAMANTE_2020_MOD.jpg

  • Proposta para a reposición do firme de Reira.

    Proposta para a reposición do firme de Reira.

    Unha cuestión recorrente no Concello de Camariñas é a vía de 12 quilómetros que conecta o cabo Vilán coa vila de Santa Mariñas. Esta ten un firme de zahorra que se ve afectado frecuentemente polo paso dos temporais xa que producen nel frecuentes fochas que dificultan o seu uso. A este problema tentóuselle por solución de diversas formas ao longo dos últimos anos, mais os resultados non foron satisfactorios posto que o material segue a deformarse.

  • Cifras positivas no ámbito da reciclaxe no Concello de Camariñas

    Cifras positivas no ámbito da reciclaxe no Concello de Camariñas

    Na última semana o concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Camariñas, Sergio Caamaño, mantivo unha reunión cos técnicos da entidade medioambiental sen ánimo de lucro Ecoembes. Nela os datos que se achegaron sobre o municipio foron realmente positivos. O primeiro foi relativo a recollida de envases lixeiros que ascende a 14.10 quilos por habitante no Concello de Camariñas, unha cifra superior a media galega que está en torno aos 12,90 quilos por habitante. A outra é relativa a taxa de impropios, é dicir, a cifra de residuos que se depositan nun colector equivocado. Neste caso a media galega sitúase nos 26,20 quilos por habitante e española nos 26,30 fronte a do municipio camariñán que baixa 5 quilos con respecto a estas cifra até os 21,63 quilos por habitante.

  • Día do libro no Concello de Camariñas

    Día do libro no Concello de Camariñas

    Dende o Concello de Camariñas conmemorarase o Día do Libo a través do proxecto “Libros de Aquí”. A actividade deseñada pola biblioteca municipal pretende divulgar a obra de autores locais así como a de outros que se inspiran no municipio para os seus textos.

  • O Concello de Camariñas estuda un convenio con Correos para o "Mercamariñas"

    O Concello de Camariñas estuda un convenio con Correos para o "Mercamariñas"

    Dende o Concello de Camariñas estase a estudar un convenio de colaboración con Correos para ofrecer tarifas especiais e outros beneficios nos envíos das tendas adheridas ao “Mercamariñas”.

  • Rematan as obras en Xaviña

    Rematan as obras en Xaviña

    Os traballos de renovación do pavimento no camiño da Agra de Bouzas e a pista que vai do Pedrouzo a Gándara na parroquia de Xaviña remataron esta semana. Estas dúas  obras estaban cofinanciadas polo Concello de Camariñas e unha subvención de 32.720,82 euros do AGADER (a través do fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento do Rural) que conformaron a contía total que ascendeu a 39.592,19 euros.

  • O colexio de Xaviña podería reconverterse nun Centro de día para Maiores

    O colexio de Xaviña podería reconverterse nun Centro de día para Maiores

    Dende o 2020 o colexio de Xaviña deixou de acoller rapaces e rapazas nas súas aulas de forma definitiva e dende entón o edificio careceu de uso, polo menos até o de agora, xa que hoxe, 14 de Abril, a Xunta de Goberno Local acordou ofertar este antigo colexio de Xaviña como un posible Centro de Día para maiores.

  • O Ariño conta con novos asadores.

    O Ariño conta con novos asadores.

    Hoxe, martes 23 de Marzo, os operarios do Concello de Camariñas comezaron a instalación dos novos asadores na área recreativa do Ariño. Estes contarán cun tellado e estarán cubertos a tres ventos, terán cheminea, unha billa para permitir o apagado das brasas e unha zona inferior para o depósito das cinzas. Ademais, incorporan un sistema de peche para poder clausuralas cando o Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) sexa extremo.

    O novo deseño dos asadores xunto coas súas melloras está avalado pola Consellería de Medio Rural, permitindo o seu uso durante a época de risco alto de incendios. Isto débese a que o proxecto presentado polo goberno local, e que se está a por en marcha nestes días, conta coa garantía de seguridade e procedemento técnico necesarios.

    O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, destaca que ‘había unha demanda por parte da veciñanza para poder empregar esta área recreativa durante a tempada estival, e desenvolvemos un plan para facelo efectivo de xeito seguro” pero á súa vez lembra que “poderanse utilizar sempre e cando o índice de risco de incendio forestal non sexa extremo”.

    AsadoresAriño_2.jpeg

  • O MerCamariñas xa ten spot publicitario

    O MerCamariñas xa ten spot publicitario

    A iniciativa do “MerCamariñas” xorde coa intención de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que así poidan vender os seus produtos a través da internet. Adherirse a esta campaña é totalmente gratuíto e contará co xestionamento técnico da empresa local WP Nordés. Os comerciantes so se terán que encargar dos produtos que poñan á venta e de promocionar o seu espazo nas redes sociais.

  • Catro rutas para esta semana santa

    Catro rutas para esta semana santa

    O alumnado-traballador do obradoiro dual “Camiño ao emprego” da especialidade “Promoción Turística Local e Información ao Visitante” organiza catro rutas para o comezo de Semana Santa.  Estas realizaranse dentro dos concellos participantes na iniciativa: Camariñas, Muxía e Vimianzo.