• Os servizos municipais retoman a casa de pedra

    Os servizos municipais retoman a casa de pedra

    Os servizos municipais retoman a casa de pedra tras a renovación do chan e a instalación de varios armarios e estantes novos. Estes traballos realizados polos rapaces/as do módulo de “instalación de elementos de carpintería” do obradoiro “Xuventude polo emprego” promovido polo Concello de Camariñas xunto co de Vimianzo e Muxía, teñen unha segunda fase que deberá esperar até que mellore o tempo posto que son no exterior do edificio. Tamén queda pendente a instalación de unhas pezas máis de mobiliario que se levaran a cabo proximamente.

    A alcaldesa Sandra Insua estivo presente e amosou a súa satisfacción polo “bo traballo realizado até o de agora” felicitando tanto ao alumnado como ao seu monitor.

  • A Escola Taller de Camariñas, Muxía e Vimianzo empeza forte no noso concello

    A Escola Taller está a realizar a nova app sobre os naufraxios e un novo solo na Casa de Pedra

    O programa “Xuventude polo Emprego” promovido polos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía busca a formación e inserción de rapaces e rapazas novas no mundo laboral en distintos eidos. Na procura dese cometido están a realizar dous proxectos relacionados coa vila de Camariñas.