Grupo de medio ambiente do Concello de Camarinas

O grupo de medio ambiente organiza visitas guiadas a empresas de Camariñas A operaria explica aos rapaces como funciona a Conserveira Na primeira visita organizada, os escolares do Colexio Público da Ponte do Porto visitaron as intalacións dunha coñecida industria conserveira de Camariñas onde unha traballadora desta empresa guiou aos pequenos alumnos por todo recinto mostrándolles os procesos de fabricación e empaque de todos os productos.  Sen dúbidas trátase dunha boa iniciativa para a orientación laboral futura dos nosos pequenos. Pulsa na foto para ler a nota que nos fixo chegar o grupo de medio ambiente. ...

Eleccions no casino de camarinas 2008

Triñáns gaña as eleccións por aplastante maioría O Presidente do Club Náutico felicita ao Presidente do Casino, Manuel Triñanes Se a semana pasada era o Club Náutico a institución que visitaba camarinas.eu para recoñecer a súa gran labor e renderlle unha pequena homenaxe, esta semana visitamos outra institución emblemática da Vila dos Encaixes, o Casino de Camariñas, con motivo das eleccións á presidencia do mesmo que gañou por amplia maioría, 84 votos a 30, Manuel Triñanes, o cal polo tanto repetirá mandato. Ademáis alí estaba Xosé Luis Blanco Campaña co que tivemos ocasión de departir animadamente. Pulsa na foto para...

Eleccions no casino de Camarinas este sabado

Dous candidatos na loita pola presidencia do Casino Unha asociación emblemática de Camariñas elixe este sábado presidente Como nos indica o noso querido usuario Estudiante no libro de visitas, este sábado 16 de febreiro celebrarase unha asamblea extraordinaria para decidir cal será o Presidente desta emblemática asociación camariñana durante os próximos tres anos. Manuel Triñanes Pasantes, casado, con dous fillos e tres netos afronta outras eleccións agora con unha nova contrincante, María del Monte Rodríguez Gerpe, camariñana casada en Xaviña e con unha filla, Noelia. Ás 5 da tarde deste sábado celebrarase unha asamblea ordinaria na que se aprobará...

O primeiro e autentico Club Nautico da Costa da Morte

Camarinas.eu achegouse na noite deste sábado 9 de febreiro ata o Club Náutico de Camariñas para renderlle a homenaxe que o noso Náutico merecía e para desfrutar dunha gran laconada preparada polo restaurante que leva a concesión do mesmo e que degustaron ao redor de 90 persoas provintes de tódolos rincóns do noso concello. Pulsa na foto para ler a noticia completa, unha galería de fotos e un vídeo. ...

Martes de Carnaval 2008 en Camariñas

Este martes de Carnaval comezou ás catro da tarde o concurso oficial de disfraces do Concello de Camariñas, o cal se extendeu por máis de catro horas nun polideportivo cheo de público que disfrutou da orixinalidade e imaxinación dos disfraces que participaron no concurso. O xurado, que estaba composto por tres membros da sección de medio ambiente do Concello (estando a bibliotecaria Ana e demáis persoal municipal a cargo das labores organizativas), despois de longas deliberacións determinou os gañadores, os cales se repartirán máis de 800 € de premios en metálico. Para ver a galería de fotos e saber quenes foron os...