Máis de 150 persoas abarrotan a Casa de Pedra na preestrea de Eu Son Camariñas

Na tarde deste pasado domingo 7 de abril estreábase cun éxito sobresaínte o programa promocional do Concello de Camariñas denominado “Eu Son Camariñas”. Ademáis dos protagonistas principais do programa asistíu a alcaldesa Sandra Ínsua acompañada de varios concelleiros así como unha representación de algúns dos colectivos participantes no proxecto coma, entre outros,  o empresario camariñán Andrés Cerdeiras Lemus. O acto, celebrado nunha Casa de Pedra abarrotada coa presencia de máis de 150 persoas, foi presentado polo creador de todo este programa promocional, Diego Alonso Freire, que desgranou polo miúdo nunha amena e xenial exposición todos os pormenores deste proxecto que...

O Concello de Camariñas extende o Servizo de Axuda no Fogar

O Concello de Camariñas continúa coa súa firme aposta por reforzar os Servizos Sociais municipais. Así, desde o 1 de abril, estendeu a cobertura do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) aos usuarios de grado un para cubrir a totalidade dos demandantes por primeira vez. Antes do mes de abril o SAF contaba con 90 usuarios que se atendían de luns a venres a través de 14 horarios de mañá e dous de tarde e a fin de semana con cinco de mañá e dous de tarde. Agora, con este aumento, pásase a atender a 103 usuarios cun horario máis...

Fran Barcia desvela en Radio Nordés máis secretos do proxecto "Eu son Camariñas"

Segue Radio Nordés Cadena Ser a interesarse polo proxecto "Eu son Camariñas" adicando entrevistas semanais a algúns dos artistas camariñáns que forman parte do elenco deste video clip. E seguen os seus protagonistas a desvelar con contagotas algunhas das claves deste traballo que sairá proximamente á luz. e hai un par de semana o que atendía a chamada de Radio Nordés era o gaiteiro xaviñán David Carril, este xoves 14 de marzo o encargado de manter o suspense nas ondas radiofónicas da Costa da Morte era Fran Barcia, o virtuoso acordeonista camariñán que, xunto a seu irmán Carlos, representan á...

A grabación do proxecto "Eu son Camariñas" revoluciona todo o concello

Poucas veces se víu a todas as parroquias do concello de Camariñas revolucionadas de tal maneira como na mañá deste luns 11 de marzo. O motivo de tal sobresalto popular non era outro que o regreso das grabacións dun proxecto que marcará un antes e un despois na promoción do concello. Os integrantes do equipo de producción do proxecto audiovisiual "Eu son Camariñas" comezaban moi cedo as labouras dixitais que veñen a poñer o broche final a esta serie de grabacións que se sucederon ao longo de todo o concello. Entre os protagonistas desta historia que está chamada a quedar xa...

Manifestación comarcal a favor da igualdade o 8 de marzo en Camariñas

Este venres, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha manifestación comarcal pola igualdade partirá ás 19 horas da estatua da muller en Camariñas. A marcha estará encabezada por unha pancarta na que se poderá ler o slogan ‘A igualdade é unha necesidade’. ...