Un magnífico spot para levar ao cumio da moda á nosa Mostra do Encaixe

Este pasado domingo 26 de xaneiro ás 21:00 horas, foi o momento elixido pola producción do spot da XXX Mostra do Encaixe para facer público o spot do evento encaixeiro camariñán que todo o mundo estaba desexando ver. Días antes foi ben enxuagado o espectante público con adiantos calculados a contagotas para ir facendo boca ao tendido que cada vez estaba máis ansioso por ver o resultdo final. Todo estaba perfectamente programado e cunha precisión dun reloxio suizo daban as 9 en punto da noite do domingo 26 de xaneiro e, simultaneamente, publicábase o video no Facebook da Mostra e...

A Mostra do Encaixe racha estereotipos e emprega un modelo masculino como imaxe da XXX edición

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra estes días en IFEMA (Madrid) foi o lugar escollido polo Concello de Camariñas para presentar a XXX edición da Mostra do Encaixe, que se celebrará do 8 ao 12 de abril e que aspira a romper estereotipos desde o primeiro momento. A edición que significará as tres décadas de vida deste evento non será unha máis xa que a organización decidiu rachar coa típica imaxe que se ten do encaixe, un arte milenario asociado erroneamente ás prendas femininas, e empregou un modelo masculino como imaxe do cartel e o spot oficial...

A XXX Mostra do Encaixe presentará o seu impresionante cartel en FITUR

O Concello de Camariñas presentará mañá, mércores 22 de xaneiro, a XXX edición da Mostra do Encaixe de Camariñas na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra en IFEMA, Madrid. O acto terá lugar ás 11:15 horas no stand de Turespaña no Pavillón 9 da máis importante feira de turistmo do mundo. E alí, como non podía ser doutro xeito estará tamén moi ben representada a Mostra do Encaixe de Camariñas. O máis importante evento encaixeiro do mundo fará de potente punta de lanza da Semana Santa na Costa da Morte cun programa espectacular que será desvelado en breve....

O parlamento galego visita o IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

Como xa vén sendo habitual desde hai unha década, tres exdiputados do Parlamento galego achegáronse este xoves ao IESP Pedra dá Aguia de Camariñas para explicar o funcionamento da institución a alumnos de 3º da ESO. E é de agradecer o seu esforzo por estar no Centro, sobre todo se se teñen en conta as condicións meteorolóxicas tan adversas. ...

O calendario 2020 do Carme de Camariñas, pola artista Porteña Purificación Lema

O próximo xoves, 28 de novembro, as 17.00 horas, terá lugar a presentación da exposición da obra da pintora porteña Purificación Lema del Río, no faro Vilán. A artista porteña expón as láminas que creou para o calendario que a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” pon a venta para recadar fondos para as festas patronais do Carme de Camariñas de 2020. Esta exposición faise en colaboración coa Asociación de Empresarios de Camariñas, quen cede as instalacións que administra no entorno incomparable do faro de Cabo Vilán. A obra está composta por 13 láminas pintadas...