- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 24 Decembro 2008 24 Decembro 2008
Cena no Club Náutico en Honor a Xosé Luis

Xosé Luis Blanco Campaña, socio fundador e ex-presidente do Club Náutico de Camariñas
Este sábado 27 de decembro terá lugar no Salón de Actos do Club Náutico de Camariñas a Cena Homenaxe a Xosé Luis Blanco Campaña, onde os asistentes á mesma poderán degustar as exquisiteces que o restaurante do mellor Club Náutico da Costa da Morte lles ten preparadas. Esta cena, que será multitudinaria e para a que xa están apuntados 95 persoas, xurdío este verán dun grupo de socios cando despois da asamblea de agosto na que Xosé Luis dimitío do cargo de Presidente, decidiron recoñecer todo o que este gran xornalista camariñán fixo para que aquela quimera que parecía imposible de que Camariñas contara co Club Náutico que lle correspondía por tradición mariñeira e importancia se fixese realidade.
En principio o prazo para apuntarse para a cea remata este xoves 25 de decembro, se ben haberá que contar sen dúbidas cos que se alisten a última hora co que é moi posible que o Salón de Actos presente un cheo a rebosar na noite deste sábado. Camarinas.eu estará alí para degustar os manjares que nos teñan preparados e para contarvos como foi a homenaxe que os socios do CNC lle rinden a un dos camariñáns máis importantes da historia.
Comentarios
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.