4.4576271186441 1 1 1 1 1 Rating 4.46 (59 Votes)

A Escola Obradoiro remata o seu mellor ano

Alberto, Miguel Angel e Pedro rodeados dunha multitude de belezas made in Camariñas
Alberto, Miguel Angel e Pedro rodeados dunha multitude de belezas made in Camariñas

Con motivo dunhas máis que merecidas vacacións de Nadal, o profesorado e alumnado da Escola Madeira quedaron o venres 19 de decembro nun dos restaurantes emblemáticos do Concello de Camariñas, o Café Bar Rojo,  onde a redactora máis xoven de camarinas.eu, María Belén, aproveitou para seguir afinando unhas dotes xornalísticas que cada vez raian a maior altura. Despois a comitiva da Escuela Taller marchou cara a noite vimiancesa, onde se dou de bruces ca festa de Nadal da empresa Frigoríficos Canosa do gran amigo de camarinas.eu José Luis Canosa. Ademáis no interior da noticia poderás ver unha reportaxe do programa da TVG "A Revista" sobre "Aldea Madeira" xunto a outro vídeo do lamentable programa ao que os alumnos da Escola Taller asistiron de público e que presenta o diminuto humorista que se recicla ao ritmo dos tambores electorales. Estamos a falar, nin máis nin menos que de Super Piñeiro.

Remata o mellor ano da historia de Aldea Madeira

Bufff, ¡que traballo me costou escribirvos esta reportaxe, pero é que despois da cena do viernes quedei dous días e medio durmidiña como un tronco, ches! Esta idea tan boa de facer unha cena xurdío porque os nosos profes e os alumnos estábamos mui contentos e orgullosos deste ano que tan poikichiño lle gusta ao noso director Dieguiño pero que para Aldea Madeira fui tan bo, ¡¡porque mira que traballamos este ano, eh!! E viaxar, bufff, nunca tanto viaxei na miña vida: O Grove, El Kiriko, Pontedeume, etc... E onde a tanta xente diferente recibimos: os nenos saharahuis, os internos de Aspadex, a Escola Obradoiro do Salnés, e políticos, bueno, políticos, unha pila, ¡¡pero unha pila eh, jajajjj!! Tamén os nosos queridos redactores de camarinas.eu que tanto nos axudaron desde o principio e que tan ben nos caen, ¡que tan ben comen cando nos visitan, jajjajj!
 
Pos alí na Curva do Rojo, medio enfangados os meus zapatiños de tacón, tan cariños, de diseño italiano, no medio das obras das aceras, quedamos ás 10 dunha nuitiña mui fría a maioría dos alumnos e profesores para darnos unha merecida homenaxe antes das nosas vacacións de Nadal. No Café Bar Rojo de entrantes preparáronnos: chipiróns, tortilla e empanada, beuno, os clásicos españoles de toda a vida e despois xa nos truxeron o noso churrasqiño cas pataquiñas e a ensalada. O postre fui xelado e de beber tiñamos viño tinto, cocacola, agua e despois no final brindamos co champán, non sei si francés ou catalán, pero polo precio eu creo que era nacional. En fin ¿que queredes? Nos somos mui pobriñas, ches.
 
Si vos digo a verdade, estivemos tan ben todas alí xuntiñas mentres comíamos, estábamos todas tan guapas, tan ben preparadiñas, despois cando fumos a Vimianzo, mima, tíñades que ver como nos devoraban cos ollos. Tras o champán que polo que valía debía ser catalán, xa nos puxemos todos a cantar e pouco nos faltou para bailar, en fin, fui unha pena porque seguro que o noso dire Alberto si se poñe a bailar é chuspidiño a ese bailarín ruso que dixo unha vez Markiños, ¿como se chamaba? a ver que miro na wikipedia, sí xa, ¡Rudolph Nureyev!, seguro, jajajj.
 
E despois xa fumos todiñas como flechas para Vimianzo donde encontrei ao meu outro director, Dieguiño, todo enamorado, ¡ay mima que vidas! Que va Diego, fas ben eche a vida que son dous días e hai que disfrutalos. Alí xa nos perdimos todas, din que a que chegou máis cedo a casa non fui menos das 6 da mañán. Esa desde logo non fun eu, que aínda me acabo de levantar ahora, o lunes as 6 da tarde para escribirvos todo esto...
 
¡¡Feliz Navidad e próspero Ano Novo, usuarios de camarinas.eu!!

Comentarios   

Beldoña
0 # Beldoña 22/12/2008 21:07
Hoxe,día da lotería,somos doblemente ricos.
Ricos,por poder leerche e ricos por ver tanta ricura.
Antonio
Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 22/12/2008 22:01
Ah mira bes que guai esta o reportaje jejej!!Que ben o pasastes o dia da cena nn chejastes a casa astas 10 da mañan ajaja!Ai que vids!!!Xa me prestaras os sapatos de diseño italiano!jajajaj
ajajjajaaja Bikiñosssssssss ssssssss
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.