- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Decembro 2008 20 Decembro 2008
Inauguración da Aula de Informática de Camariñas

Óscar recibindo o diploma acreditativo do premio concedido pola Rede de Dinamización
Este venres 19 de decembro de 2008 (ano lamentable que pasará afortunadamente a mellor vida en pouco tempo) inaugurouse de forma oficial a Aula de Informática que a Rede de Dinamización da Sociedade da Información aínda que leva en activo varios meses e na que está ao frente o noso amigo Óscar Fernández Clapés (álias Pirsin). Pulsa na foto para ler a noticia completa, ver unha ampla galería de fotos e un video.
Inauguración da Aula de Informática de Camariñas
Pois si queridos amigos de camarinas.eu, este venres foi inaugurada a Aula de Informática de Camariñas pola representante da Consellería de Industria Elena Veiguela acompañada do Concelleiro xaviñán Sergio Caamaño e pola Alcaldesa en funcións, a veciña da Ponte do Porto Sandra Insua (o alcalde Pichurri, tamén veciño da Ponte do POrto e residente no Concello de Vimianzo está ingresado nun hospital que está de lado de outro hospital debido a unha operación que se lle practicou debido a unha terrible e sanguinaria afección caderil). En fin, o caso é que a Aula de Camariñas foi galardonada cun premio pola súa iniciativa "Outros Fíos na Rede" que organizou e coordinou Óscar Fernández Clapés e que trataba de enseñar aos nosos maiores a crear un blog. O certo é que foi moi acertada a iniciativa do noso amigo Óscar, unha iniciativa que, como a de camarinas.eu axudan a que este pobo remoto, deixado da man de Dios e no cu do mundo poida ser un auténtico motor no desenrolo da sociedade da información na Costa da Morte.
- Blog de Clara de Arou
- Blog de Chucha de Camariñas
- Blog de Lola de Matilde
- Blog de Carmen do Super
- Blog de Kecha
- Blog de Pepe da Cabreira
- Blog de María de Melania
Comentarios
Graciñas tamén para susiño e o lobishome x comentaren .
Para quen lle interese copio a url dos blogs feitos na iniciativa :
* http://clarapalilleira.blogspot.com/
* http://chuchapicadora.blogspot.com/
* http://loladematilde.blogspot.com/
* http://carmensuper.blogspot.com/
* http://lucreciakecha.blogspot.com/
* http://pepedacabreira.blogspot.com/
* http://mariademelania.blogspot.com/
Un saúdo e chauuUUUUuuuuuu
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.