- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 02 Decembro 2008 02 Decembro 2008
A Escuela Obradoiro visita Pontedeume

Con este fondo tan típicamente otoñal, posan os alumnos da Escola Obradoiro desplazados a Pontedeume
Nova excursión da Escola Obradoiro Aldea Madeira, nesta ocasión a un dos centros máis preparados na Comunidade Galega na especialidade de cociña: o IES Fraguas do Eume na antiga e señorial vila de Pontedeume. A verdade é que esta Escuela Taller foi dende o primer día unha mina para camarinas.eu, o día que se acabe... E esto foi así porque alí tivemos infiltradas ás nosas xóvenes e intrépidas reporteiras dende o inicio, como María Belén Carril Ageitos, a máis nova na redacción de camarinas.eu, que cumprirá 19 aniños o vindeiro xaneiro, e que firma a presente reportaxe fotográfica e escrita. Quen ía decir que a actual Escola Obradoiro se convertiría non só nunha canteira de experimentados cociñeiros e camareiros senón tamén de grandes xornalistas.
Excursión da Escola Obradoiro a Pontedeume
Hola a todos os usuarios de camarinas.eu, son María Belén e estón aquí outra vez para contarvos unha nova excursión que os profesores e o director da Escuela Obradoiro organizaron para nos, a verdade é que non fan máis que pasearnos por Galicia adiante e desta vez o destino elexido tamén estivo moi ben porque nos levaron a ver un pobo moi bonito que se chama non Ponteceso, que von boa, senón Pontedeume e que é unha das vilas máis antigas de Galicia. Así pois con muito friíño, algo entaladiña, collín hoxe con todos os meus compañeiros da Escuela Taller o bús de Autos Fondo ás 8 da mañán na parada frente ao Bolboreta, e ahí fomos todos cheos de ilusión para Pontedeume. Teño que decirvos que esta é unha vila moi velliña que foi fundada alá nos tempos da fame, en 1270, por un Rei que era moi listo e leía moitos contiños que se chamaba Alfonso X "El Sabio", tanto sabía este home, e que se chama así porque por esta antiga poboación pasa o río Eume antes de desembocar no Océano Atlántico, ¡si vírades o puente tan bonito e antiguo que une esta vila tan velliña con Ferrol!
Antes de chegar a Pontedeume fixemos un pequeno descanso pola carretera pa desaiunar e coller forzas que algúns iban todos dormidiños no autobús e claro así ao chegar non se ían a enterar das explicacións tan completas que no Parque Natural das Fraguas do Eume nos dou o encargado, enseñándonos uns vídeos impresionantes destas fraguas que teñen unha extensión de máis de 9.000 hectáreas e que están consideradas un dos bosques atlánticos máis importantes de Europa: ¡mirade si son importantes que ten máis de 28 especies de helechos e seis deles están amenazados de extinción! Así que pola miña Virxiña do Carme si vades por alí tende cuidado de non facerlle daño ó medio ambiente, ches.
Ó terminar a explicación, fomos andando por elas...pero ahí na metade do camiñata xa non pudemos seguir porque empezou a chover a mares. Mirade que pena me quedou cas ganiñas que tiña eu de ir visitar o Monasterio de Caaveiro, que alá arriba dende o ano 934 en que o fundaron uns monxes domina todas estas fraguas. En fin, a verdade é que fui unha pena porque polo vídeo que nos amosaron era precioso todo aquelo...¡pero precioso, precioso eh!
Volvemos ó bus e fomos para o I.E.S Fraga do Eume, o instituto no que o noso profesor de cociña Miguel Angel Caruncho estudiou unha pila. Alí atendíonos o que xa hai moito tempiño foi o seu profe. Despois convidáronnos a un cóctel que prepararon os alumnos deste instituto e amosáronos as instalacións explicándonos máis ou menos como funcionaba este centro de educación secundaria. Á unha e media fomos comer, e mirade que detalliño tuveron con nos namáis entrar para o comedor regaláronnos un clavel, pero só ás mulleres, para eles nada, ¡hala!. De menú había:
- Migas con ovo con raíña crema.
********************
- Dourada con muselina.
********************
- Estofado de carne con rissotto.
********************
- Semifrío de queso e frutos rojos.
********************
Tras esgotar este excelente menú, déronnos unha hora libre para pasear por Pontedeume, e así estuvemos polas súas calles de pedra, vimos unha torre moi velliña, de 500 anos ou máis que dentro ten un museo, paramos a tomar un cafeíño, etc, e así ás 5 da tarde ahí volvemos para Camariñas, algo cansadiños despois dun día tan axetreado pero moi contentos de visitar un pueblo tan bonito e con tanta historia e esperando ver con que nos sorprende o dire para a próxima ocasión.
Eso é todo, ¡¡paseino moi ben!! Bikssss.
Comentarios
ah marIA Q POUCO CHE FALTA PO TEU CUMPLE JEJE EN ENERO ......mOI WAPAS TODAS NAS FOTOS BIKIÑS
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.