- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 30 Novembro 2008 30 Novembro 2008
El Hombre Pollo también ataca de nuevo

Sabíamos dos seus superpoderes extrasensoriais e magnéticos cos xubilados, pero con asombro asistimos este venres 28 de novembro a unha nova demostración de "El Hombre Pollo", o novo superheroe camariñán extraído directamente das viñetas de cómic ideadas pola sección de animación sociocultural da actual Escola Obradoiro Aldea Madeira. A treintena de membros de ASPADEX que visitaron o centro turístico de Brañas Verdes caeron rendidos ante os poderes hipnóticos desta maravilla da natureza, metade home, metade pollo e do que se espera que en próximas datas dea o salto ó cine. Xa dixemos que daría que falar.
ASPADEX de festa en Aldea Madeira
Camarinas.eu non podía faltar a esta nova iniciativa da Escola Taller en coordinación cos Servizos Sociais do Concello de Camariñas de levar aos rapaces da Asociación de Pais de Disminuidos Psiquicos da Comarca do Xallas (ASPADEX) a pasar unha xornada enteira no centro turístico Aldea Madeira situada en Brañas Verdes.
A xornada comezou sobre as dez da mañá cando os tres minibuses de ASPADEX chegaron a Aldea Madeira onde esperaban ansiosos os alumnos e profesores da Escola Obradoiro de Camariñas. Ao baixar foron recibidos polos propios alumnos e pola Concelleira de Servizos Sociais Mari Carmen Linares. Despois encamiñáronse hacia as instalacións deste centro onde despois dun abundante almorzo con café, chocolate, pasteles e zumos preparados polos estudiantes da escola comezaron as actividades programadas. Os rapaces da Escola Obradoiro fixeron este día de profesores e enseñaron aos seus invitados todo o que están a aprender nas súas respectivas aulas. Os camareros enseñaron a facer cocteles sin alcol, os cociñeiros preparaban coa axuda dos rapaces de ASPADEX a comida e os de Animación tiveron un curso acelerado de artesanía por parte dos membros da asociación. Ao mesmo tempo, os encargados da xardinería de ASPADEX mostraron a súa sabiduría plantando diversos productos da horta na parcela preparada para tal efecto. As dúas e media da tarde chegaba a hora de comer e puidemos saborear os exquisitos manxares que nos tiñan preparados os cociñeiros: enpanada de bonito, croquetas caseiras, carne estofada con guarnición e o típico e exquisito postre "Aldea Madeira". Si os cociñeiros levan un 10 pola comida os camareros levan outro 10 pola súa profesionalidade e atención servindo estes manxares. Xa rematada a comida comenzaron os bailes e xogos que os alumnos de animación prepararon para facer pasar un ratiño máis agradable si cabe aos seus invitados, pero foi cando chegou o noso superhéroe máis poderoso "El Hombre Pollo" cando todos os invitados saltaron á pista para comenzar a vibrar coma nunca o fixeron. En fin, da gusto ver como estes rapaces camariñáns se van convertendo paso a paso nuns verdadeiros profesionais do sector hostelero levados sabiamente polos seus profesores. Gran iniciativa da Escola Taller que os rapaces de ASPADEX nunca poderán olvidar. NORABÓA!!
{multithumbs}





























































Comentarios
enhoraboa por estas inisiativas
un saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.