- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 26 Novembro 2008 26 Novembro 2008
Aspadex colabora ca educación dos cativos de Camariñas

A Asociacion de Pais de Disminuidos Psíquicos da Comarca do Xallas (ASPADEX) ven de colaborar esta semana nunhas actividades que organizaron desde os Servizos Sociais do Concello de Camariñas. Éstas consistían en mostrar aos rapaces da Escola de Camariñas e do IES "Pedra da Aguia" todos os traballos que esta asociación realiza. Como remate a esta colaboración entre o Concello de Camariñas e a asociación ASPADEX farase desde a escola obradoiro "Aldea Madeira" unha serie de actividades que durarán todo o día e que serán realizadas en Brañas Verdes "Aldea Madeira". Pulsa na imaxe para ler a nota de prensa completa que nos manda desde os Servizos Sociais do Concello de Camariñas Mª Carmen Linares Chica.
Aspadex colabora ca educación dos cativos de Camariñas
O Concello de Camariñas o longo de toda esta semana ven celebrando xunto coa asociación ASPADEX unhas xornadas de convivencia entre os alumnos da nomeada asociación e os rapaces dos centros educativos do concello. O luns 24 estivemos nos centros de primaria de Camariñas e Ponte do porto onde os rapaces de aspadex estiveron ensinando a encadernar os nenos de cuarto curso. (remitimos fotos en documento anexo). Hoxe día 26 fomos o IES “ pedra da Aguía “ de Ponte do porto Cos alumnos de 3º da ESO fixemos unha introducción do que se traballa en ASPADEX. Despois unha demostración de encadernación e enmarcación e logo fixemos deporte (unhas carreiras en cadeiras de rodas e uns partidiños de fútbol con equipos mixtos).
10:45 Recepción e visita as instalacións11.00 Almorzo
11:30 Actividades :
- Obradoiro de xardinería , a cargo do monitor e alumnos de ASPADEX
- Obradoiro de cociña ,os mestres van ser os alumnos de Aldea Madeira.
- Obradoiros de Cócteles e comedor , a cargo dos de Aldea Madeira.
- Obradoiro de encadernación , que será levado a cabo polos rapaces de aspadex
- Obradoiro de Animación os mestres van ser os alumnos de Aldea Madeira
14.30 Comida de convivencia
Menú:
Croquetas e empanadas variadas.
Tenreira galega con guarnición
Vasiño Aldea Madeira
16: 00 Actividades lúdicas
16.30- 17:00 Fin da xornada
Gustariame expresar todo o apoio e colaboración que se nos brindou dende todos os centros educativos, a Escola Obradoiro Aldeã madeira .E moi especialmente a todo o persoal e alumnos de ASPADEX póla súa entrega em todalas actividades que estamos facendo.




Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.