- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 30 Agosto 2007 30 Agosto 2007
Hoxe pola mañá clausurouse o obradoiro deportivo de verán 2007 no que asistiron todos os rapaces participantes nestas actividades. O obradoiro realizouse durante os meses de xulio e agosto e contou coa entusiasta adhesión dos rapaces camariñáns o que fixo que, en palabras dos monitores, traballar con estes raparigos fose unha auténtica gozada, quen sabe o que deparará a vida pero o material que temos nas mans non pode ser mellor.
Despois de dous meses de entretemento, compañeirismo e diversas actividades socio-culturales (senderismo, recolección de caramiña, xogos na praia, xogos populares...) os nenos e monitores desfrutaron en compañía de un aperitivo nun establecemeto hosteleiro de Camariñas.
Esta despedida non é definitiva, a comezos de Outubro comezarán outra vez as actividades extraescolares co que estes rapaces voltarán a verse xuntos de novo. Portádevos ben ata entón.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.