4.3725490196078 1 1 1 1 1 Rating 4.37 (51 Votes)

¡Os xubilados pasárono pipa!

El Hombre Pollo, o novo Superheroe Camariñán, dotado de superpoderes especiais para entreter ós  xubilados
El Hombre Pollo, o novo Superheroe Camariñán, dotado de superpoderes especiais para entreter ós xubilados

Desta volta a dirección da Escola Obradoiro Aldea Madeira sorprendeunos cun xiro inesperado e que volveu a acertar de cheo no seu obxectivo: este venres 14 de novembro celebrou a xornada do "Xúbilo Mariñeiro" como unha especie de homenaxe innovadora aos xubilados camariñáns da Asociación de Pensionistas e Xubilados "Vilán" e que tiña dentro dos seus obxectivos a dinamización do local que a citada asociación ten na Rúa do Prado xusto ao lado da nosa clínica. Pulsa na imaxe para ver o tour turístico que Aldea Madeira ideou para os nosos maiores cunha galería fotográfica de máis de 100 fotos e 3 videos.

Xornada de Xúbilo Mariñeiro

O tour desta orixinal iniciativa da actual Escola Obradoiro que tan sabiamente dirixe o noso moi querido amigo (puño de ferro dentro dun guante de seda) Alberto Fuentes iniciouse as dez da mañan cun almorzo que as nosas fermosas cociñeiras da escola taller prepararon para ser servida no local social da asociacion de xubilados "Vilan". Posteriormente as 11 da mañan comezou o tour turístico que os ía a levar a distintas zonas do noso concello, tour que tiña como número máximo de invitados o de 60 sendo tódalas actividades ás que estaban invitados de caracter gratuito para os mesmos.


Unha vez rematada a visita ao Museo do Faro Vilán onde dúas rapazas, unha delas a nosa querida usuaria Fatiminha deron unha explicación impecable no fondo e na forma acerca da construcción do Faro Vilán alá polo século XIX. Despois a comitiva turística encamiñouse no autobús do omnipresente Autos Fondo cara o museo etnográfico da Ponte do Porto, un museo que sen facer moito ruido nin ter moita publicidade posiblemente sexa o mellor do noso concello. Alí, outra vez, dous alumnos da Escola Obradoiro volveron a ofrecer unha explicación dos distintos utensilios que este museo alberga. Finalmente, a 1 da tarde os nosos xubilados chegaron a Aldea Madeira (Brañas Verdes) onde os esperaba un intenso programa de actividades composto por xogos, un xantar que incluía sopa, lacón, filloas orellas e cafés e como remate, máis xogos e un baile. É de destacar os discursos que alí tiveron lugar: primeiro, en calidade a da Presidenta da Asociacion de Amas de Casa, de María Jesús Ramos, nai do noso redactor de cine Luis Esteiro Ramos. En segundo lugar, o da Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas, a porteña Sandra Insua Rial cuio discurso tivo un momento realmente emotivo cando recordou a Santiago da Neira, antigo Presidente da Asociación de Xubilados e Pensionistas "Vilán" tráxicamente falecido hai pouco máis de un ano.
 
Os discursos foron antes da comida pero despois, queridos amigos, foi cando chegou o punto fuerte da xornada: estamonos referindo a impactante entrada en escena de "El Hombre pollo", o novo superheróe camariñán, dotado duns superpoderes especiais que transmitidos por vía telepática aos nosos queridos xubilados fixeron que estes bailaran de forma frenética e incontenible como se duns quinceañeros estiveramos a falar. Haberá que seguir os pasos deste "El Hombre Pollo" que cando se lle compre unha capa que levará bordadas as iniciais SP (Super Pollo) aumentará os seus poderes magnéticos e hipnóticos de forma exponencial. Dará que falar este Pollo. En definitiva, bromas e estacasos aparte, hai que destacar esta gran iniciativa fixo pasar aos nosos maiores un gran día, no que o pasaron pipa e no que destacou especialmente o suculento manxar que prepararon e serviron maxistralmente os alumnos e profesores da Escola Obradoiro "Aldea Madeira" de Camariñas. Nada mellor que unha boa enchenta ca que olvidar a crisis nestes tempos turbulentos.

 


Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 16/11/2008 11:17
que ben fasedes pasear eche o que se leba nesta vida viva camariñas sefa e os pedros
Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 16/11/2008 11:56
muy ben esa idea tiñan que faser mais porque esta xente tocalle dibertirse que xa traballaron abondo,tiñan que faselo unha ves por mes polo menos,e pos nenos non estaria mal tampouco unha combibensia asi
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 16/11/2008 20:24
Creo que o pasaron ben, notaselle na cara a todos, e como di pión tiñanlle que faser as festas más sejidas, e un bravo por ess cosiñeiras camareiras e animadoras que son todas unhas artistas.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.