- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 13 Novembro 2008 13 Novembro 2008
Os teus abuelos deséxanche un Feliz Cumple, Sofía

As dúas abuelas de Sofía xuntáronse nunha pequena festiña que celebramos no Arnela este mércores
Todos aqueles que coñecemos siquera un poiquichiño a Gelinita ao longo desta semana víamola no bar que rexenta, o Café Bar Arnela, especialmente inquieta, radiante, feliz. Finalmente chegou á coñecemento da redacción de camarinas.eu que o que aceleraba desta forma o corazón desta gran nai camariñana era nin máis nin menos que a súa adorada netiña Sofía, aquela vivaracha e intelixente rapaciña que este verán rexía e mandaba con man de ferro a toda a demáis chiquillería no Arnela, cumpría sete aniños, xusto o número do dorsal do seu pai esta temporada no Cartagena. Pulsa na imaxe para ver a homenaxe (aderezada cun impresionante vídeo) que a familia de Gelinita da man desta humilde redacción lle adica a Sofía no día do seu cumple.
A rapaza máis vivaracha de Cartagena cumpre 7 aniños
Hoxe cúmprense sete anos dende que Juan Cabrejo "Juanillo", o redactor de
deportes de camarinas.eu, posiblemente o mellor futbolista da historia da
Costa da Morte, tiña o seu primer fillo. Sofía foi a nacer expresamente
un 14 de novembro de 2001 no moderno e recén inaugurado Hospital
Clínico de Santiago de Compostela. E viña cun pan baixo o brazo: nese
mismo día Juanillo xogaba un dos mellores partidos da súa vida e
marcaba un gol no Numancia-Eibar. Eran as epocas nas que a familia
Cabrejo Valiña vivía nas Provincias Vascongadas, concretamente en
Santurce, e Juanillo facía historia co mellor Eibar que viron os tempos,
aquel que a piques estivo de subir a Primeira División se non fora
porque un pletórico Celta de Vigo se interpuxo no seu camiño no ascenso. Uns
aniños despois chegaría Diego, o cativiño que víamos chorar de seguido este verán polo Arnela adiante cun perenne xeado que lle goteaba polo peito do seu xerseiciño e que xunto a Sofía fai a
parexa de Juanillo e Begoña.
Así que Gelinita decidío adiantar un par de días o cumpreanos da súa netiña para poder celebrar no Arnela unha pequena festiña na que estiveron gran parte dos seus primos e parte da súa familia de Vimianzo, lugar de orixe de Begoña, a súa nai. Alí todos degustaron unha sabrosísima tarta que a propia Gelinita fui buscar a Camelle, dado que unicamente é na parroquia norteña do noso concello onde maestros pasteleiros dominan dende antigo as técnicas milenarias que fan posible decorar unha tarta cunha fotografía. Unha festa á que esta redacción estaba invitada. Porque da man de Gelinita, das súas irmáns, dos seus cuñados, en definitiva de toda esa gran, entrañable familia unida, un auténtico exemplo que deberían seguir tantas e tantas familias destartaladas que hai aquí en Camariñas, un xa ten a impresión de formar parte da mesma, ou polo menos esa é a ilusión que un abriga aínda que sexa en secreto. Por eso camarinas.eu quere deixar constancia da sorte enorme, inconmensurable, que ten Sofía de pertencer a esta gran familia. ¡¡Feliz cumple, Sofía!!






Comentarios
Si hai aljo que faja que non me arrepinta nunca de haber feito esta web xunta meu amijo Marcos e que me levou a perdisión fui a de conoser a xente como a familia de Gelinita intimamente e como si fora a nosa porque non teño palabras... eu, que nunca serei máis que un miserable ao que non lle importa o que os demais falen estón feliz, aínda que sexa por un momento, o momento de ver a Juan e a Gelinita felices polo cumpreanos da súa neta Sofía, porque a ven aquí en camarinas.eu como miña nai vío todo o apoyo que tivo meu irmán desde esta tolería que fixemos: camarinas.eu
Espero que sempre seades como sodes. Non teño máis que disir.
Felicidades no teu 7 cumpreanos Sofía. 7, o número que leva teu pai na camiseta e que levaba teu abuelo tamén no FC Camariñas.
DESEOCHE O MELLOR NO TEU DÍA PEQUENIÑA,Q ERS UN SOLIÑO..MUITOS BIKIÑOSS DE ADRY.
Moitos biquiños.
Espero que o pases mui ben neste dia tan espesial para ti e pos teus pais,que teñas muitos rejaliños e que disfrutes deste gran dia.Un bikiño mui grande.
Saludos
Jenny y Cho
***********lUCIA *************** *
os queremos mucho.
el lunes estamos. pero que sepais q os echamos mucho de menos
UN SAÚDO.
Muitos bicos de tus primitos y primitas y tios y tias y abuelos y bisabuelosyyyyy yyyyyyyyFelicid ades.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.