- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 02 Novembro 2008 02 Novembro 2008
Despois dun día de inverno chuvioso e frío parecía que non moita xente se animaría a asistir á cena do cáncer. Nada máis lexos do que aconteceu onte no Pavillón Municipal de Camariñas onde se deron cita preto de 450 persoas provintes de tódalas parroquias do noso concello (en especial de Camelle) e incluso de outros concellos veciños. Xente de tódalas clases e edades, empresarios, mariñeiros, albañiles, xubilados, políticos, máis políticos, algún que outro político... en fin, de todo! Pulsa na foto para ver a reportaxe completa e ver unha galería de máis de 170 fotos nas que poderás ver a case tódolos asistentes a esta cita caseque ineludible.
Pois foi todo un éxito a Cena Benéfica que organiza a xunta local da AECC de Camariñas presidida pola nosa querida amiga Pilar Ínsua sempre axudada polas súas directivas e colaboradoras. O acto comezou coa entrada do Grupo de Gaitas Maruxía de Laxe no cal toca o bombo enérxica e maxistralmente o alcalde desta vila, o socialista Antón Carracedo. Non deixa de ser gracioso imaxinarse dita escena nun hipotético grupo de gaitas de Camariñas. Despois do paseo dos gaiteiros ata a mesa presidencial comezou a servirse a comida polos camareiros da empresa de cátering que foi contratada para o evento. O menú constaba de entrantes, merluza á romana, carne asada, tarta xeada, café e licores.
Xa rematada a enchenta empezou o sorteo dos regalos e agasallos que as empresas e tendas camariñanas dan en donación a xunta local presidida por Pilar Ínsua. Houbo premios de tódalas clases e moita xente marchou da cena con varios agasallos. Despois chegou o turno da subasta dos regalos máis importantes. Xa rematadas as puxas volveu Antón Carracedo a coller a maza do bombo para, xunto cos seus compañeiros de grupo de gaitas de Laxe, entonar diversas pezas de música tradicional entre as que destacou o noso himno: Ao pasar por Camariñas. Gustou moito este grupo laxeiro. E para rematar a noite nada millor que unha orquesta impresionante como os Trovadores, a cal fixo levantarse da mesa aos máis recatados para comenzar a bailar indefinidamente. Así rematou a noite. Un éxito da Cena Benéfica para a loita contra o Cáncer (Cancro, disque en galego).
Comentarios
GRACIAS DIEGO ALONSO.
FELICITACIONES!!!!!!!!!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.