- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 09 Outubro 2008 09 Outubro 2008
Excursións para os maiores de 60 anos

Imaxe panorámica de todos os maiores de 60 anos que asistiron á excursión a Lugo
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Camariñas dirixida por Carmen Linares organizou este sábado 4 de outubro unha excursión que partíu desde as terras de Camariñas ata a zona da Mariña Luguesa para levar de excursión por Lugo a todas aquelas persoas maiores de 60 anos que quixeran asistir e que residen no noso concello. A iniciativa, según os participantes que asistiron á mesma, tivo moito éxito e xa están esperando que se repita outra excursión. Pulsa na foto para ver unhas cantas instantaneas deste acto organizado pola Concellería de Servizos Sociais.
Excursión dos máis maiores ao norte de Lugo
O pasado sábado 4 de outubro, tivo lugar unha excursión destinada
as persoas maiores de 60 anos, organizada polos Servizos Sociais do
Concello de Camariñas.
Dende as 7 da mañá os 120 participantes poideron visitar o Norte
de Lugo : Castro de Viladonga, Praia das Catedrais, xantaron en Ribadeo
e continuaron visitando a Catedral de Foz (a máis antiga de Galicia),
pasearon por Viveiro e voltaron preto das doce da noite as súas casas.
Segundo os participantes a excursión foi todo un éxito e esperan
poder repetir. Dende o Concello desexamos poder continuar facendo este
tipo de actividades de lecer e culturais para as persoas da terceira
idade.
{multithumbs}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.