- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 08 Outubro 2008 08 Outubro 2008
A familia das "Martas"

Hoxe, na redacción de camarinas.eu creouse un terremoto mediático sin igual ao cal os redactores respostaron ridiculamente empezando a dar voltas sin xeito ao redor das oficinas da nosa destartalada redacción cando leemos no libro de visitas a últimas horas da tarde que hoxe era o oitenta cumpreanos da nosa querida Señora Marta, muller admirada en Camariñas e nai dun dos nosos máis queridos usuarios, Jose de Marta. A mesma entrañable mulleriña que nos saluda tódolos días cando pasa polo Casino arriba con un humilde e sinceiro: "... e vamos indo... pouquiño a pouco meu filliño..." Nese mesmo instante que nos demos de cuenta do noso olvido empezou a funcionar outro terrible terremoto: o "Equipo de busca e captura de fotos históricas e de cumpreanos de camarinas.eu" que fixou o obxectivo de atopar unha foto para felicitar o cumpreanos de Señora Marta. Pulsa na foto para ler a historia desta familia de valerosas mulleres.
Oitenta cumpreanos da Señora Marta
Pois si, o equipo de busca de fotos de cumpleaños de camarinas.eu empezou a súa dura labor no medio de millóns e millóns de negativos, fotos en branco e negro e en color, CD´s con fotos scaneadas, etc... Pero ao final, e coma sempre demos coa foto xusta para celebrar o cumpreanos de calqueira dos nosos homenaxeados que neste caso é a Señora Marta: unha foto con todas as súas irmáns, aínda que falta o único varón da familia "O Boleiro" falecido fai moitos anos. Curiosamente a nosa querida Señora Marta tivo tamén 7 fillas e un só fillo.
Señora Marta é unha muller moi querida en Camariñas, non hai máis que vela cando pasea pola plaia que sempre está a falar con todo o mundo, xa sea xente da súa idade, xente adulta ou incluso homes con sentido de rapasiño (por ejemplo coma min). O caso é que señora Marta foi sempre unha gran muller camariñana que tivo que coller as rendas da súa familia cando o seu home quedou cego. Señora marta limpiaba a casa, cuidaba dos nenos, lavaba a roupa, facía de comer, educaba aos seus fillos... pero antes de facer todo esto ela tiña que ir ao muelle a descargar peixe dos barcos, os cales lle pagaban en caixas de sardiña (ou o peixe que fora), despois ir co seu carritiño a vendelo peixe á plasa e ao acabar dirixíase a preparar a encarnada para os barcos do canto. Despois dun cachiño na casa coa súa familia regresaba ao traballo; esta vez tocáballe cargar o peixe que chegaba nos barcos do canto no coche de Campos. Ademáis, e ainda que pareza increible nestes tempos de vicio, señora Marta lavaba roupa de outra xente que lle pagaba por facelo. Toda unha muller! Nestes tempos (estes si que eran de crisis!) sería dificil encontrar a ningún home que igualara a esta muller.
En fin, agora Señora Marta xa non pode andar moi ben e hoxe son os seus fillos e fillas os que a cuidan e miman. Cóntame aquí Gelinita que a veces fala con señora Marta e a velliña dille: "Quen me dera estar no muelle escollendo e colocando ben o peixiño nas súas caixas..." cousa que ata fai ben pouco facía sen nen sequera cobrar. Eu penso que non hai nada neste mundo superior ao amor dunha nai hacia os seus fillos. O exemplo témolo en Camariñas diante da igualitaria Casa de Pedra.
{multithumbs}

Comentarios
Toda unha vida luchando e traballando, MOITAS FELICIDADES SEÑORA MARTA, e imos indo meu filliño.
Que cumpla moitos mais e nos que o vexamos, un bico moi grande.
---estudiante---
***********FELICIDADES**************
Sinceramente gracias Sr, Marta por ser tan boa xente, e felicidades por seu cumpleanos.
Tamen quero mandar un saudo pos fillos de esa outra gran muller, SEÑORA MARIA,
Que cumpla mOITOS Mas!!!...
*********LUCIA********************
ESPERO QUE LLE GUSTARA A TARTA AINDA QUE NON TIÑA UN MOI BO DÍA.
OS NETOS TAMEN ESTAMOS TODOS MOI ORGULLOSOS DE USTED E ADMIRAMOLA MOITÍSIMO PORQUE COMO XA DIXEN UNHA VEZ:
É DIGNA DE ADMIRACIÓN POR TODO CANTO FIXO E FAI NESTA VIDA!!
UN BICO MOI GRANDE E MAÑAN A COMER XURELIÑOS ASADOS EN COREA!!!!
a cuidarse que cando chege quero vela ali na casa de sua irman carmen coma duas mosas que siempre foron mui boa xente que me trataron de maravilla desde que era pequena que ainda somos familia un bico
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.