- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 08 Outubro 2008 08 Outubro 2008
Frigoríficos Canosa repite en Conxemar por quinta vez

Conxemar, a X Feira Internacional de Productos de Mar Conxelados volve a ter como invitadas de excepción a tres empresas do Concello de Camariñas: Fraida Fresco, Gallego Pereira e Frigoríficos Canosa. Concretamente esta última, propiedade do noso querido amigo Luis Canosa (Luis do Pulpo), repite por quinta vez nesta importante feira internacional que ten lugar en Vigo estes días 7, 8 e 9 de outubro. En Conxemar, os principais obxectivos das empresas camariñanas son os de buscar novos mercados, reunirse cos seus clientes e proveedores, pasar un rato gradable cos vellos coñecidos e programar o traballo do próximo ano.
Moi concurrido estivo nesta edición o stand da empresa de Luis do Pulpo, e así por alí puidemos ver estes días ao Alcalde de Camariñas Pichurri acompañado polo Patrón Maior da nosa vila José Manuel "de Chone", que aproveitaron a ocasión para visitar os stands das empresas camariñanas que promocionan os nosos productos do mar, dunha calidade difícilmente igualable. En todo caso, debemos recordar a importancia desta Feira que na edición pasada tivo 38.500 visitantes e unha cifra de volume de negocio de 1.200 millóns de euros. E ahí, entre os mellores do planeta, luitando duramente para abrirse paso no competitivo mundo dos mercados internacionais: tres empresas camariñanas. Pulsa na foto para ver unha galería das fotos que nos envía a nosa usuaria Verónica Canosa.
Tres empresas camariñanas en Conxemar
Conxemar, a X Feira Internacional de Productos de
Mar Conxelados volve a ter como invitadas de excepción a tres empresas
do Concello de Camariñas: Fraida Fresco, Gallego Pereira e Frigoríficos
Canosa. Concretamente esta última, propiedade do noso querido amigo
Luis Canosa (Luis do Pulpo), repite por quinta vez nesta importante
feira internacional que ten lugar en Vigo estes días 7, 8 e 9 de
outubro. En Conxemar, os principais obxectivos das empresas
camariñanas son os de buscar novos mercados, reunirse cos seus clientes
e proveedores, pasar un rato gradable cos vellos coñecidos e programar
o traballo do próximo ano.


















Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.