- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 06 Outubro 2008 06 Outubro 2008
Volver a empezar

Os vellos tempos da Plaza de Camariñas volveron por un día: Diego, Manuel, Luis e Marcos xuntos
A vida, dura, cruel, despiadada, sen embargo como contrapartida casi sempre concede segundas oportunidades. Tan só hai que saber aproveitalas. Desexar algo fortemente e coller o último tren antes da súa partida definitiva. Eso foi exactamente o que sucedeu con Manuel Alonso Freire, cando unha mañá ao despertarse decidío volver a ser aquela persoa que acostumaba a ser: forte, desperta, intelixente, deportista, cun punto irónico... Pulsa na imaxe para ler a crónica dun home que decidío concederse a si mesmo unha segunda oportunidade.
A dura loita dun home para volver a ser un mismo
Hai xa máis de dous meses que nunha chuviosa mañán Diego Alonso e Mari Carmen Freire Ramos collían o coche con destino ao coruñés Hospital de Oza para ingresar a un Manuel que decidira redimirse a si mesmo e recuperar unha vida tan prometedora naquel lonxano punto onde a deixara esquencida un día hai xa algúns anos. No citado centro hospitalario herculino ía estar durante dúas semanas nas que sería sometido a diversas probas e análises, necesarios para que Manuel pudera entrar nun Centro de Desintoxicación de alto nivel situado no extrarradio da cidade herculina, nunha paraxe de gran beleza natural. Pero para poder conseguir que o seu fillo entrara no citado centro (onde xa algúns rapaces camariñáns estiveron ingresados no pasado) foi necesaria unha dura loita por parte de Mari Carmen, xa que as plazas son contadas e o rendimento do Centro altísimo.
A disciplina á que están sometidos tódolos internos é sinxela e espartana. Diana ás 9 da mañá, paso polas duchas, un rápido almorzo, deporte e terapia de grupo (as así chamadas "asambleas" onde por turnos cada interno explica a súa propia experiencia persoal). Posteriormente chega a hora da comida a cal, como todo, é elaborada polos propios ingresados. Unha vez rematada ésta, sorprende que no punto do día aparezca como obligatoria a visión do Telediario. Tras éste, comenza o tempo adicado ós máis diversos traballos: limpeza, mantenimiento, manualidades, etc, para despois retornar o tempo adicado ao deporte e unha nova "asamblea" que ten lugar pola noite. Finalmente a cena (novamente elaborada polos internos) e tras un rato adicado á televisión, chega a hora do sono conciliador.
Os que vimos este sábado a Manuel na Praza Maior de Camariñas experimentamos unha alegría sen límites ao ver un home moi mellorado física e intelectualmente, como posiblemente facía anos que non o víamos. Incluso co seu novo look recordaba vagamente a Scott Weiland, o cantante dos seus queridos Stone Temple Pilots, o grupo norteamericano de rock alternativo, o cal xa foi motivo de risas e chanzas entre algúns dos mitos vivientes deste olvidado barrio camariñán. Elo débese en parte a que Manuel recuperou a súa paixón polo deporte, destacando outra vez como medio centro de calidade inigualable na práctica do deporte no que sempre fui un virtuoso, o fútbol, e tamén (atención!) no paddle, o que sen dúbida contrariará a algunhas usuarias de recoñecido talante progresista e democrático. Cada dúas semanas Manuel retornará para estar entre os seus familiares e amigos, os cales (é obvio decilo) estaremos a súa absoluta disposición para todo aquelo que faga posible que Manuel Alonso Freire, o mellor irmán e amigo que un pode atopar nestes descreídos e insustanciales días, tan valeiros, tan ocos, poda volver a nacer, poda vover a ser o que sempre fui ("Reborn again", que decía aquela canción): ¡¡MANUEL ÁNIMO!!
Nota de Agradecemento de Mari Carmen Freire Ramos, nai de Manuel
Hola a todos os usuarios e amigos de camarinas.eu, son Mari Carmen
Freire Ramos, a nai de Manuel. Estes meses foron bastante duros de
levar no numero 4 da rúa Tras Praza, a casa donde nacemos eu e máis
meus 4 irmáns e donde vivimos cos meus pais (Maruja do Cotarro e Pepe
de Cariño) durante tantos anos. Como sabedes o meu fillo tivo problemas
coa droga e todos podíades velo nun estado moi lamentable... o dolor
que me percorría o corpo ao velo non podo escribilo con palabras, pero
unha nai non deixa nunca de luchar e ao final, gracias a axuda de
moitos amigos, da nosa familia, e especialmente de Carmucha e Angelita
(que foron as súas segundas nais) poidemos convencelo e conseguimos
levalo para un bo centro de desintoxicación. No nome da miña familia
quero darvos as gracias a todos aqueles que se preocuparon polo meu
fillo Manuel, tanto preguntándome pola calle como chamándome para
interesarse e tamén a todos os usuarios que escribíades en camarinas.eu
dándonos apoio nestes duros meses para nos co tema de Manuel e de meu
neto Martín cando estivo no hospital. Finalmente sólo decirvos que
aínda non conseguimos nada, pero o paso está dado. Un paso seguro e
firme que xa se lle ve na cara a Manuel. Gracias de corazón.




Comentarios
A union e a forza.
Verdadeiramente quero mostrar a miña admiración para Manuel, e dende aquí transmitirlle toda a forza que lle faga falta para facer eses últimos esforzos que lle axuden a volver xa de xeito definitivo á maravillosa vila camariñana. Eu vexo nas fotos a un home forte e sano, un home vital, o que me encantará saludar algún día por Camariñas.
Admiro tamén tanto a Diego coma a súa nai Mari Carmen, por facernos partícipes desta historia de superación que a todos nos emociona, e pola sua gran forza interior.
Tamén as miñas felicitacións para os seus amigos Luis e Marcos porque o seu apoio seguro que tamén foi moi importante.
Dende aquí se vos ve a todos como unha gran familia.
Un abrazo.
Manuel, vexo estupendamente.
A seguir así.
---estudiante---
Pouco mérito ten circular pola estrada da vida sen obstáculos e co vento a favor. Pero o que marca o caracter dos homes e das mulleres é, cando dende as dificultades, a súa capacidade para enfrentarse a vida e retomar o control da súa propia existencia.
Manuel, co apoio de toda a súa familia e dos seus amigos, está facendo o esforzo. Animo amigo. O futuro é de quen o persigue e ti tes andado xa o camiño mais dificil.
Moita sorte Manuel.
Déjame volar libre por los prados,
déjame sentir las caricias del viento,
quiero cabalgar encima de una nube
acariciar el sol y perderme en el tiempo.
Déjame escalar la colina más alta,
déjame soñar que estoy sola en la montaña
quiero descubrir un refugio solitario,
quiero conocer de la libertad sus entrañas.
Déjame volar como lo hacen las gaviotas
déjame llegar a la playa más hermosa,
quiero dibujar en la arena mis sueños
quiero dormirme y que me despierten las olas.
Y déjame por fin, caminar con las estrellas
y déjame sentir que soy como una de ellas,
entonces al saber que todo ha terminado
volveré para decirte, lo que quería, he soñado.
Saludos a Familia
SUERTE,MUCHA SUERTE!!!!
Seguro que o consijes!!!
SUERTE CAMPEÓN!!
((QUE DESFRUTEDES O PRESENTE EN UN FUTURO AH EH A RECUPERAR O TIEMPO PERDIDO))
(((((((SORTE E ANIMOS)))))))
seundo quero dar fe e suscribir todo o que di diego de seu irman pois esa ae a maneira na que eu recordo o meu amijo MANUEL posto que cursamos varios anos xuntos c.n.m.c.decamar iñas.e por causas da vida hay xa varios anos que non teñotrato con el.
MOITA SUERTE AMIJO.
e a ti forza DIEGOE TAMEN A TUA NAI.
Este domingo vin a Manuel na Ponte a mediodía e tiña un aspecto moi distinto a como o vin a última vez en Camariñas.
Sigue loitando que ti podes, tes que ser forte e non rendirte nunca.
A miña total e absoluta admiración para a tua nai!
Cando che vin por ultima vez en Noviembre do ano pasado enfrente a Caixa pensei que algo muy triste che estaba pasando que realmente nunca merecerias. Ahora que vexo xa o teu aspecto, fuerte como siempre e a tua sonrisa nas fotos, e teu irman me comenta que estas muito millor e mui animado, penso que ahora si che esta pasando algo que realmente mereces.
Espero que o sepas aproveitar e non o desperdicies. Aproveita o cariño e apoyo que che estan servindo a tua nai, o teu irman, os teus amigos luis e marcos e toda a xente que che quer. O meu apoyo como compañeiro e amigo tamen o tes. O paso mais dificil xa o destes, ahora todo está nas tuas mans...
Deseoche muita suerte querido Manuel.
O teu amigo Regui is bleck.
MAS ANIMOS PARA MANUEL.
la vida es barro q tu moldeas d ti depende q sea una obra d arte.se fuerte xau..........
¡¡¡¡¡ANIMO MANUEL,POR TI,POLA TUA MAI E POR DIEGO E MAITE!!!!!
¡¡¡¡MARICARMEN ADMIRAMOSTE!!!!
¡¡¡¡MARICARMEN A MAI!!!!
CORAXE
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.