- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 28 Setembro 2008 28 Setembro 2008
As palilleiras fóronse de festa rachada

Que ninguén pense que a labor de redactor de camarinas.eu é sempre unha labor esforzada que esixe un alto grado de sacrificio e que se leva a cabo baixo condicións dramáticas. Como exemplo poñemos o caso das nosas redactoras Adry e Lucía, que na noite deste sábado desprazáronse a gastos pagos ata un dos mellores restaurantes da Costa da Morte, o Hotel Rústico Puerto Arnela, para cubrir a cena anual dunha das principais asociacións de palilleiras do Concello, a Asociación Palillada de Camarinas, as membras da cal aproveitaron a ocasión para darse unha auténtica homenaxe.
Xa é toda unha tradición que as palilleiras desta Asociación que ten a súa sede na Rúa do Medio número 26, xusto enfrente do Gadis nos antiguos Ultramarinos Trillo, se reúnan periódicamente nunha cena exclusivamente femenina que consta duns pasos previamente establecidos e que son respetados escrupulosamente ata ós seus máis mínimos detalles: Cena no Restaurante Arnela, cancións populares de Camariñas na sobremesa, bailoteos e meneos caderiles nos pubs da nosa vila e fin de festa a altas horas da madrugada. Esto foi o que sucedeu este sábado, pero ademáis sumáronselle dúas mulleres do talento e gracia de Lucía e Adry, as dúas xeniales redactoras de camarinas.eu. Dúas mulleres, que ao igual cas nosas palilleiras camariñanas, converten en arte todo o que tocan. Pulsa na imaxe para comprobarlo vendo unha galería de fotos e tres vídeos das suxerentes cancións entonadas por estas damas da Vila dos Encaixes no mellor Ristorante da Costa Atlántica.
Comentarios
Chicas os merecéis una sección muy digna, porque con vuestros reportajes alegráis la tarde de muchos.
Como se dice por ahí “parabens” para la rubia y la morena, porque además de guapas hacen secciones distintas y muy divertidas.
Saludos.
Ruja tes toda razón polo tema da canción, sí señor como ten que ser.
Miña abuela Gloria arrasa cantando que pena que eu non heredara a súa voz, pero non me podo queixar,jaja
Paasamolo pipa, más nuites como éstas porfavor.
E darlle as gracias a wms, pero dinos o teu nombre eh...pos asturiano estás invitado cando queiras a vir a Cmariñas q eche muy bonito e cando veñas xa non vas qerer marchar...
bikiñoss
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.