- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 29 Agosto 2008 29 Agosto 2008
Os nenos saharauis visitan Aldea Madeira

A nosa redactora Lucía rodeada dun grupo de felices rapaces saharauis
Dende as polvorientas tendas de campaña dun Campamento de Refuxiados no medio do deserto despiadado do Sáhara ata un paraíso natural na Costa Atlántica: neste venres 29 de agosto preto de corenta nenos saharauis acollidos en diferentes concellos da provincia da Coruña visitaron a Escola Obradoiro de Aldea Madeira no marco das Xornadas de apoio ao Programa vacacions en Paz organizadas pola nosa Escola Obradoiro en colaboración ca Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, e onde seguramente estes rapaces e rapazas africanos viviron unha xornada inesquencible da man de Adry e Lucía, as dúas redactoras máis cremosas da Costa da Morte.
camarinas.eu sempre co pobo saharaui
No interior do disco de Radio futura "La ley del desierto, la ley del mar" (BMG/Ariola 1984), posiblemente un dos mellores discos que xamáis se grabaron en español, aparecía unha cita que decía "La ley del desierto es el agua. Pero ¿la ley del mar? No es la tierra ni el barco, sino el metal, una temible vibración del espíritu: la voluntad del capitán Ahab, tendido como un arpón hacia adelante, la luz del abismo que atrae a los cuerpos". O deserto, o océano de area infinita, o horizonte espacial chamado a ser o medio no que se desenvolva a vida dun puñado de nenos saharauis, refuxiados, exiliados dende 1975 da súa terra natal trala brutal invasión marroquí da ex-colonia española. O mar, o muro implacable de auga que se eleva vertical por encima do noso entender, razón de ser e deus ex-machina do Concello de Camariñas, medio no que discurrirán as nosas vidas ata o día final no que o calentamiento global e o derretemento dos casquetes polares acaben afogando a todo o Concello nunha orxía acuática letal.
Traemos a colación esta anárquica introducción porque no día no que 40 nenos saharauis provintes do Campamento para refuxiados de Tinduf (Arxelia) chegaban a Aldea Madeira, dictouse na verde Costa Atlántica a lei implacable do deserto: púxose a chover, a auga rociou os paraxes boscosos das inmediacións de Brañas Verdes, o que sen dúbida provocaría a estraneza e a ledicia destes rapaces tan pouco acostumados a auga, os cales están a residir con familias de acollida nos Concellos de Vimianzo, Santa
Comba, Malpica, Cee, Carballo, Fisterra e Laxe (este ano ningún neno
saharaui foi acollido no Concello de Camariñas) e que desfrutaron dunha xornada organizada e promovida pola nosa Escola Obradoiro en colaboración ca Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, a cal tódolos anos organiza a acollida de nenos de orixe saharaui na Comunidade Autónoma de Galicia. Así, neste venres 29 de agosto estes nenos visitaron o complexo turístico de Aldea Madeira, tendo preparado para os mesmos por parte da Dirección da nosa Escola Obradoiro o seguinte programa:
- 11:00 horas RECEPCIÓN DOS/AS NENOS/AS SAHARAUIS ACOLLIDOS NOS CONCELLOS VECIÑOS.
- 12:00 horas RELATORIO "O PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ E SITUACIÓN SOCIO´POLÍTICA DO POBO SAHARAUI", impartido polo Sr. D. Esteban Varela Martínez, Subdelegado Provincial da Asociación SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI.
- 14:00 horas XANTAR, elaborado e servido polas especialidades de cociña e camareiros da Escola Obradoiro.
- 17.00 horas FIN DA XORNADA.
Os rapaciños saharauis, como é obvio, pasárono pipa con todo o que en Aldea Madeira lles tiñan preparado, chegando incluso a estar decorado o comedor dunha forma que rememoraba o deserto abrasador no que dende tempos inmemoriais se desenvolve a vida do castigado e desdichado pobo saharaui, obrigado a vivir en tendas de campaña en Campamentos para refuxiados en Arxelia, ademáis cansáronse de xogar con dúas mulleres tan fermosas e de bo corazón como Adry e Lucía, as cales novamente deixaron todo o que estaban a facer para desplazarse co noso director ata Brañas Verdes para diseñar outra reportaxe co seu selo de calidade característico. Con todo, tamén elas quedaron intrigadas ca estrana premonición final que contiña aquela cita memorable do interior dun dos mellores discos da historia da música rock en castelán: "LOS DESIERTOS SON LAS PLAYAS DEL FUTURO". Ahí queda eso.


























Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.