- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 23 Agosto 2008 23 Agosto 2008
camarinas.eu volve a reunir máis de cen persoas

Unha muchedumbre cibernética volvío a acudir á chamada de socorro de camarinas.eu
Finalmente, a política do medo, tan típica de camarinas.eu, volvío a funcionar e na noite deste venres 22 de agosto volvimos a reunir a máis de cen persoas, 110 concretamente, no Restaurante Catro Ventos, onde vivimos uns momentos irrepetibles conducidos pola man experta e sabia de Xosé Luis Blanco Campaña que se extenderon ata preto das dúas da madrugada cando empezou a peregrinación ao Café Bar Arnela. Contan as crónicas que as oito da mañán un puñado de inasequibles aínda se encontraba na terraza do Arnela desfrutando dos últimos coletazos dun evento histórico. Pulsa na foto para ver a galería exhaustiva do mesmo e uns vídeos dun dueto de luxo: Xosé Luis-Totis.
Éxito total da Cena 1º Aniversario de camarinas.eu
Cando un home que conducío as repetidas ceremonias de investidura de Manuel Fraga como Presidente da Xunta de Galicia na Praza do Obradoiro diante de miles de gaiteiros e de centos de televisións de todo o planeta; que presenta actos como o Percebe de Ouro en Barcelona diante de todo o mundo empresarial e político catalán; cando un home que tal vez non sea o camariñán do ano pero posiblemente si o do século, cando un home así decíamos se ofrece voluntariamente a oficiar como mestre de ceremonias nunha cena recaudatoria dunha humilde web de pobo, está claro que ese home ama de verdade á vila na que nacío. O home en cuestión non podía ser outro que Xosé Luis Blanco Campaña, o periodista máis importante da historia desta Franxa Atlántica, que onte na 1º Cena Aniversario de camarinas.eu dou un auténtico recital de tódalas cualidades que debe reunir un periodista de raza: soltura, simpatía, formación, improvisación, dominio da situación, preparación, etc.
Cando a unha persoa así se lle une unha auténtica leyenda da cultura popular de Camariñas como é o noso querido amigo Totis, o resultado non pode ser máis espectacular. As persoas que poideron disfrutar e paladear tal momento histórico irrepetible foron os 110 comensales que se reuniron na noite do venres sobre as 22:00 no Restaurante Catro Ventos para axudar a financiar na medida do posible a supervivencia económica de camarinas.eu.
Aprendendo de errores pasados e co fin de evitar volver a poñer en práctica o estilo destartalado de facer as cousas clásico de camarinas.eu, nesta ocasión a redacción desentendeuse de todo e deixou nas mans dunhas poucas mulleres exemplares e coraxudas da vila de Camariñas todo o que tivera que ver ca organización da cena. Así dende hai tres semanas Gelinita, Maruja do Mantido, a súa filla Adriana, Nuria da Jabacha e Lucía ocupáronse de encargar a cena, negociar o seu precio, elexir o menú e desvivirse vendendo as entradas dunha forma entusiasta e entregada. Por todo o anterior o resultado só podía ser perfecto e a organización da cea funcionou como unha maquinaria perfectamente engrasada, xa que dende Lucía que voluntariamente exercío de porteira improvisada ata a súa irmán María Belén (guapísima toda a noite) que lle axudou a vender as rifas, todas estas mulleres altruistas e desinteresadas axudaron a que onte tódolos comensais pasáramos un momento máxico, inolvidable. Se a cena foi un éxito só a elas se debe.
A elo debe sumarse a axuda do noso usuario e mecenas Xosé Luis, que nun xesto que esta web xamáis olvidará, ofrecíose voluntario a ir ata o Club Náutico a buscar o equipo de sonido que fixo posible que os asistentes nos deleitáramos co dúo que formou ao acordeón con Totis e ca súa forma inigualable e maxistral de conducir a cena. Despois, houbo unha rifa dunha fermosa vista do Faro Vilán, cuio marco donou xenerosamente como é habitual en el, o noso querido usuario Alvito Diéguez Jr., que lle foi a tocar á nosa usuaria Aniña de Sofía. Tamén unha pequena sorpresa para Maruja do Mantido a cal lle regalamos en mostra de respeto, agradecemento, cariño e devoción a súa portada no último Fotos Históricas e finalmente puidemos desfrutar dun conxunto hetereoxéneo de cancións que o impresionante Ipod de Xosé Luis de 160 gigas fixo posible escoitar e da nosa querida usuaria Pauliña entonando unhas cuantas piezas ca súa portentosa voz. Xa vedes como se cumple esa curiosa fórmula matemática que asegura que todo usuario de camarinas.eu leva un artista no seu interior.
Tan a gusto se encontraba no Catro Ventos toda a muchedumbre cibernética de camarinas.eu, que só pasadas as dúas da madrugada toda a comitiva se desplazou ata o Arnela, onde aínda se podía atopar a algúns asistentes as oito da mañán na súa terraza tomando o chiquito postrero. En definitiva, outro momento histórico que lle tocou vivir a esta agradecida e emocionada redacción que xamáis olvidará toda a axuda e apoio prestado por todas aquelas persoas que ben asistindo á cena, ben facendo xenerosos donativos voluntarios, lograron a supervivencia da web máis vista da historia da Costa da Morte. ¡¡A TODOS VOS, GRACIAS!!



















































































Comentarios
noraboa a camariñas.eu, un referente da Galicia dixital!...e... de hoxe nun ano!!
Salio todo moi ben !!!
Viva Camarinas.eu!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.