- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 21 Agosto 2008 21 Agosto 2008
Señoras e señores, chegou o gran día

Pois tal e como prometéramos, o maior espectáculo do mundo (nin comparación ca movida que montaron eses chinos comunistas ca inauguración da Olimpiada) xa está aquí. Mañán venres 22 de agosto a partir das 9:30 da noite máis de cen camariñáns, grandes personalidades do Concello incluidas, daranse cita no Restaurante Catro Ventos para homenaxear e financiar na medida do posible a web máis vista da historia da Costa da Morte e que contribuío de forma decisiva a espallar o nome de Camariñas polo mundo adiante, porque por exemplo ¿quén nos diría fai máis dun ano que alguén dende a remota e semiasiática cidade rusa de Ufá (República de Bashkirstán) ía a deterse ¡vinte minutos! nunha web adicada a este Concello milenario?
En todo caso lembrade levar con vós a entrada que da dereito a acceder ó recinto, xa que no caso contrario Adry e Lucía non vos deixarán entrar. Asemesmo todos aqueles que así o desexen poderán dar os seus datos persoais para formar parte como socios da futura Asociación de Amigos e Usuarios de camarinas.eu que mañán fará a súa presentación en sociedade. Haberá unha rifa dunha preciosa vista do Faro Vilán e unha vez rematada a cena, recomendámosvos un éxodo másivo cara o Café Bar Arnela onde terá lugar un espectáculo por todo o alto, xa que incluso o noso querido (aínda que parezca increíble) veciño de Corea J.A. prometeu traer para Tono da Riala a batería móvil da antigua charanga de Vimianzo, cunhas condicións aerodinámicas especialmente adaptadas ó físico do maior experto percusionista da Costa da Morte. En fin, os Tres Tenores, maestros gaiteiros e acordeonistas, Pauliña, Adry, Lucía, mañán pode ser o apocalipsis, o desiderátum ¡¡así que apura e colle as últimas entradas disponibles!!
{mosbanner}

Comentarios
Y al que no le guste la cena, yo le digo: ¡¡cálleseeeeeee e!!
Vamolo pasar pipa!!!
Viva camarinas.eu
pois eso... facede estragos no corpo que as festas festas son!!
saudos a todos!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.