- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Agosto 2008 20 Agosto 2008
Apertura dunha nova tenda en Camariñas

Como podedes ver, os tenderetes e roupa no chan metéronselle diante da tenda de Albito e Magdalena
Parafraseando aquela mítica película de nome "Blanco Humano" (en realidad era bastante mala: non había por onde collela) dirixida polo piroténico realizador taiwanés afincado agora en Hollywood John Woo e protagonizada polo bastante limitado en canto ás súas dotes interpretativas Van Damme (Bandán), a tenda que rexentaba o noso querido amigo e usuario de camarinas.eu Alvito Diéguez na Ponte do Porto fixo esta semana "un cambio de escenario, algo menos tropical, zona montañosa... castillos... Europa del Este. Allí podremos operar durante años..". Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unhas instantáneas da nova tenda de Albito e Magdalena.
Reinauguración da Xoiería do Encaixe

A mellor artesanía está á vosa disposición na Xoiería do Encaixe
Deixándonos das bromas tan típicas desta redacción, informamos a todos os nosos lectores de que a tenda rexentada por Alvito Diéguez e a súa encantadora esposa Magdalena sita na Ponte do Porto trasládase ata a Rúa da Capilla en Camariñas, xusto donde se atopaba a tenda de modas Garbo no que é a Praza do mercado de Camariñas. Despois de dúas semanas de intenso traballo para acondicionar o local, hoxe pola mañán poideron abrir as súas portas para atender a todos os seus clientes aínda que a inauguración oficial será hoxe sobre as 5 da tarde e todos os que se acerquen por alí poderán degustar uns dulces regados cun licor moi especial: Licor de Caramiñas especialmente feito por Alvito Diéguez Junior.
De todos modos temos que dicir que non todo foi de color de rosas hoxe na inauguración da tenda xa que Alvito tivo que cerrar dous dos escaparates que ten no lado esquerdo debido a que un tenderete de roupa se lle puxo diante destes. E ademáis, como podedes ver na foto da portada casi lle tapan o acceso á tenda con roupa tirada polo chan. Bueno Alvito, que sepas que desde camarinas.eu estaremos atentos a que eso non volva a ocurrir este sábado. En fin, desexámosche a ti e a túa fermosísima familia toda a sorte do mundo e que todo sala o millor posible nesta nova etapa que emprenden nas súas vidas.
{mosbanner}





Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.